Partido Socialista Unificado de Alemaña
O Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED) foi un partido político alemán. Gobernou a República Democrática Alemá dende a súa fundación o 7 de outubro de 1949 até as eleccións do 18 de marzo de 1990.
Sozialistische Einheitspartei Deutschlands Partido Socialista Unificado de Alemaña | |
---|---|
Partido gobernante da antiga RDA | |
![]() | |
Mocidades | Freie Deutsche Jugend |
Filiación internacional | Kominform |
Historia | |
Fundación | 1946 |
Disolución | 1990 |
Precedido por | Partido Comunista Partido Socialdemócrata |
Sucedido por | Die Linkspartei |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-leninismo |
Publicación | Neues Deutschland |
Historia
editarO SED foi fundado en abril de 1946 mediante a unificación do Partido Comunista de Alemaña (KPD) e o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) na zona soviética de ocupación de Alemaña tras a segunda guerra mundial. O resultado foi a creación dun partido poderoso, con máis de 1.260.000 afiliados. En outubro dese mesmo ano celebráronse eleccións e a SED obtivo case o 50% dos votos en Alemaña Oriental. O SED formou seguidamente o Fronte Nacional de Alemaña Democrática coa Mocidade Libre Alemá, a Federación Alemá de Sindicatos Libres e as organizacións democristiás e liberais do Leste.
Esta coalición unitaria, controlada na práctica polo SED, ocupou os escanos da Cámara do Pobo da RDA até as eleccións de 1990. A finais dos anos 1980, o Partido Socialista Unificado contaba con 2,8 millóns de militantes e exercía o control total da vida política do país. O seu secretario xeral era o primeiro gobernante da República e o seu diario, Neues Deutschland (Nova Alemaña), un dos máis lidos. Os seus secretarios xerais durante este período foron Wilhelm Pieck (1946-1950), Walter Ulbricht (1950-1971), Erich Honecker (1971-1989) e Egon Krenz (1989).
Tras a caída do Muro de Berlín en novembro de 1989 e o esborrallamento de tódalas estruturas de poder da República Democrática Alemá, a SEDE cambiou a súa denominación pola de Partido do Socialismo Democrático (PDS) e perdeu o 95% da militancia. En 2005 cambiou a súa denominación a Partido da Esquerda e obtivo os mellores resultados electorais desde 1989.
Sección de Berlín Oeste
editarInicialmente, o SED tiña unha sección en Berlín Oeste, mais en 1962 esta sección converteuse nun partido autónomo chamado o Partido Socialista Unificado de Berlín Oeste (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Westberlins, SEW).
Secretarios Xerais do Comité Central do SED
editarForon tamén coñecidos como "Primeiro Secretario" entre 1953 e 1976.
- Walter Ulbricht (xullo de 1950 - 3 de maio de 1971)
- Erich Honecker (3 de maio de 1971 - 18 de outubro de 1989)
- Egon Krenz (18 de outubro de 1989 - 3 de decembro de 1989)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Die Linke
- República Democrática Alemá
- Partido Comunista de Alemaña
- Partido Socialdemócrata de Alemaña