Mundial de Fútbol de 1978
A Copa Mundial da FIFA 1978 foi a edición número once do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte.[1] O torneo, organizado pola Arxentina, disputouse no mes de xuño de 1978, entre os días 1 e 25. A campioa foi a selección anfitrioa, que bateu por 1 a 3 aos Países Baixos na final, conseguindo así o seu primeiro título.[2]
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Mascota | Gauchito (en) |
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización |
Estádio Mario Alberto Kempes (pt) (Provincia de Córdoba) Estádio José María Minella (pt) (General Pueyrredón (pt) ) Estádio José Amalfitani (pt) (Buenos Aires) Estádio Gigante de Arroyito (pt) (Rosario (departamento) (pt) ) Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti (Buenos Aires) Estadio Malvinas Argentinas (Provincia de Mendoza) |
País | Arxentina |
Intervalo de tempo | 1 de xuño de 1978 – 25 de xuño de 1978 |
Número de edición | 11 (1978) |
Competición | |
Primeiro posto | Arxentina |
Datos estatísticos | |
Partidos | 38 |
Goles | 102 |
Máis goles marcados | Mario Alberto Kempes↔ Arxentina (6) |
Número de espectadores | 1.546.151 |
Sedes
editarEn 1972 preseleccionáronse oito subsedes, que resultaron ser as que se constituíron en sedes en 1978, ademais de La Plata e Tucumán, que foron rexeitadas. A cidade de La Plata prometera un "estadio único", pero para 1974 a súa candidatura foi descartada por liortas internas; de feito, o Estadio Ciudad de La Plata non se rematou ata 2003. No caso de Tucumán, prometérase un ambicioso estadio de 70.000 espectadores en Horco Molle, de formas similares ao actual estadio do Racing Club de Avellaneda, co teito incluído; en 1974, a subsede de Tucumán foi "conxelada" e en 1975 descartouse definitivamente, por mor da intensidade das accións da guerrilla e dos grupos armados na provincia.
Finalmente, as cidades elixidas para xogar os partidos do Mundial foron: Buenos Aires, Rosario, Córdoba, Mar del Plata e Mendoza. Para isto investiuse en mellorar a infraestrutura dos estadios existentes e na construción de tres nvos estadios consonte as esixencias da FIFA. Remodeláronse o Monumental e o José Amalfitani en Buenos Aires, e o Gigante de Arroyito en Rosario. Construíronse os estadios Chateau Carreras (posteriormente rebautizado Mario Alberto Kempes), Ciudad de Mendoza e José María Minella.
Equipos participantes
editarPara fase final do torneo clasificáronse 16 das 103 seleccións que participaron na etapa clasificatoria: tres pola Conmebol (contando a Arxentina, que se clasificou directamente por ser o anfitrión), nove pola UEFA, un pola CAF, un pola CONCACAF e un pola AFC e a OFC. Destes 16, dous eran debutantes na competición: Irán e Tunisia.
Sorteo e grupos
editarO 14 de xaneiro de 1978 realizouse o sorteo no Centro Cultural General San Martín. Para isto determináronse catro cabezas de serie (as seleccións da Arxentina, Brasil, Alemaña Federal e os Países Baixos) para se distribuír en catro grupos: Arxentina no grupo 1, Alemaña Federal no grupo 2, Brasil no grupo 3 e os Países Baixos no 4.[3]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 |
---|---|---|---|
|
Resultados
editarFase de grupos
editarGrupo 1
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Italia | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 6 | 2 | +4 |
Arxentina | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 3 | +1 |
Francia | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 5 | 0 |
Hungría | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 3 | 8 | -5 |
Grupo 2
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Polonia | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 1 | +3 |
Alemaña Federal | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 6 | 0 | +6 |
Tunisia | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | +1 |
México | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 12 | -10 |
Grupo 3
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Austria | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 3 | 2 | +1 |
Brasil | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | +1 |
España | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
Suecia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 | -2 |
Grupo 4
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perú | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 2 | +5 |
Países Baixos | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 3 | +2 |
Escocia | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 6 | -1 |
Irán | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 8 | -6 |
Segunda rolda
editarGrupo A
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Países Baixos | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 9 | 4 | +5 |
Italia | 3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
Alemaña Federal | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 | -1 |
Austria | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 | -4 |
Grupo B
editarSeleccións | Pts | X | G | E | P | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arxentina | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 8 | 0 | +8 |
Brasil | 5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | +5 |
Polonia | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 | -3 |
Perú | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 10 | -10 |
Terceiro posto
editar24. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires | |||
Brasil | - | Italia | 2:1 (0:1) |
Final
editar25. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires | |||
Países Baixos | - | Arxentina | 1:3 (a.e.t.) (1:1, 0:2) |
Notas
editar- ↑ "FIFA World Cup. Host Announcement Decision Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". FIFA. (En inglés)
- ↑ "A 30 años del oscuro mundial Argentina '78". En DiarioUno.com.ar. 31 de maio de 2008. (En castelán)
- ↑ "Historia del sorteo final de la Copa Mundial de la FIFA Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.". (En castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Copa Mundial de la FIFA Argentina 1978". na web oficial da FIFA (En castelán)
- "Mundial 1978: los datos". En UniversoFutbol.com. (En castelán)