Selección de fútbol de Austria
A Selección de fútbol de Austria (en alemán: Österreichische Fußballnationalmannschaft), dependente da Österreichischer Fußball-Bund, é unha das seleccións de fútbol máis antigas do mundo. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo o mellor resultado nunha Copa de Mundo o terceiro posto en 1954 e o cuarto en 1934. Tampouco logrou nunca clasificarse para unha fase final da Eurocopa, participando por primeira vez en 2008 como coorganizador.
Austria | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Österreichischer Fußball-Bund | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | AUT | ||
Alcume | Das Team (O equipo) | ||
Clasificación FIFA | 26 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Franco Foda | ||
Máis encontros | Andreas Herzog (103) | ||
Máximo goleador | Toni Polster (44) | ||
Estrea internacional Austria 5 − 0 Hungría Viena, Austria; 12 de outubro de 1902 | |||
Maior vitoria Austria 9 − 0 Malta Salzburgo, Austria; 30 de abril de 1977 | |||
Maior derrota Austria 1 − 11 Inglaterra Viena, Austria; 8 de xuño de 1908 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | 3º (1954) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 3 (primeira en 2008) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (2008, 2016) |
Estadio
editarA nacional autríaca xoga os seus partidos locais no Estadio Ernst Happel (até 1992 coñecido como Praterstadion), situado no Prater de Viena. O estadio ten capacidade para 49.825 espectadores e é a maior instalación deportiva de Austria. É un dos estadios máis modernos de Europa e posúe a categoría de cinco estrelas da UEFA, sendo o único deste nivel que non supera os 50.000 espectadores.
Cores e símbolos
editarAustria, como a veciña Alemaña, sempre empregou a camisola branca con pantalóns negros, coa diferenza de beiras vermellas. Na versión de visitante xogaba con camisola vermella. Esta tradición cambiou nos últimos anos, pasando a empregar como local a camisola vermella e como visitante a negra.
Palmarés
editarCopa do Mundo
editarCopa do Mundo | Fase de clasificación | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Rolda | Posición | XD | V | E | D | GF | GC | XD | V | E | D | GF | GC | |
1930 | Non participou | Declinou participar | |||||||||||||
1934 | Cuarto lugar | 4º | 4 | 2 | 0 | 2 | 7 | 7 | 1 | 1 | 0 | 0 | 6 | 1 | |
1938 | Renuncia polo Anschluss | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 | ||||||||
1950 | Renuncia | Renuncia | |||||||||||||
1954 | Terceiro lugar | 3º | 5 | 4 | 0 | 1 | 17 | 12 | 2 | 1 | 1 | 0 | 9 | 1 | |
1958 | Fase de grupos | 15º | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 7 | 4 | 3 | 1 | 0 | 14 | 3 | |
1962 | Renuncia | Renuncia | |||||||||||||
1966 | Non se clasificou | 4 | 0 | 1 | 3 | 1 | 6 | ||||||||
1970 | 6 | 3 | 0 | 3 | 12 | 7 | |||||||||
1974 | 7 | 3 | 2 | 2 | 15 | 9 | |||||||||
1978 | Round 2 | 7º | 6 | 3 | 0 | 3 | 7 | 10 | 6 | 4 | 2 | 0 | 14 | 2 | |
1982 | 8º | 5 | 2 | 1 | 2 | 5 | 4 | 8 | 5 | 1 | 2 | 16 | 6 | ||
1986 | Non se clasificou | 6 | 3 | 1 | 2 | 9 | 8 | ||||||||
1990 | Fase de grupos | 18º | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 3 | 8 | 3 | 3 | 2 | 9 | 9 | |
1994 | Non se clasificou | 10 | 3 | 2 | 5 | 15 | 16 | ||||||||
1998 | Fase de grupos | 23º | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 | 10 | 8 | 1 | 1 | 17 | 4 | |
2002 | Non se clasificou | 10 | 4 | 3 | 3 | 10 | 14 | ||||||||
2006 | 10 | 4 | 3 | 3 | 15 | 12 | |||||||||
2010 | 10 | 4 | 2 | 4 | 14 | 15 | |||||||||
2014 | 10 | 5 | 2 | 3 | 20 | 10 | |||||||||
2018 | 10 | 4 | 3 | 3 | 14 | 12 | |||||||||
2022 | Por determinar | Por determinar | |||||||||||||
2026 | |||||||||||||||
Total | Terceiro lugar | 7/21 | 29 | 12 | 4 | 13 | 43 | 47 | 123 | 59 | 28 | 36 | 212 | 136 |
Eurocopa
editarEurocopa | Fase de clasificación | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Rolda | Posición | XD | V | E | D | GF | GC | XD | V | E | D | GF | GC | |
1960 | Non se clasificou | 4 | 2 | 0 | 2 | 10 | 11 | ||||||||
1964 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 3 | |||||||||
1968 | 5 | 2 | 1 | 2 | 7 | 9 | |||||||||
1972 | 6 | 3 | 1 | 2 | 14 | 6 | |||||||||
1976 | 6 | 3 | 1 | 2 | 11 | 7 | |||||||||
1980 | 8 | 4 | 3 | 1 | 14 | 7 | |||||||||
1984 | 8 | 4 | 1 | 3 | 15 | 10 | |||||||||
1988 | 6 | 2 | 1 | 3 | 6 | 9 | |||||||||
1992 | 8 | 1 | 1 | 6 | 6 | 14 | |||||||||
1996 | 10 | 5 | 1 | 4 | 29 | 14 | |||||||||
2000 | 8 | 4 | 1 | 3 | 19 | 20 | |||||||||
2004 | 8 | 3 | 0 | 5 | 12 | 14 | |||||||||
2008 | Fase de grupos | 13º | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 | Clasificada como organizadora | ||||||
2012 | Non se clasificou | 10 | 3 | 3 | 4 | 16 | 17 | ||||||||
2016 | Fase de grupos | 19º | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | 10 | 9 | 1 | 0 | 22 | 5 | |
2020 | Clasificada | 10 | 6 | 1 | 3 | 19 | 9 | ||||||||
2024 | Por determinar | Por determinar | |||||||||||||
Total | Fase de grupos | 3/16 | 6 | 0 | 2 | 4 | 2 | 7 | 109 | 51 | 17 | 41 | 202 | 155 |
Récords
editarParticipacións
editar- 103 Andreas Herzog
- 95 Anton Polster
- 93 Gerhard Hanappi
- 86 Karl Koller
- 84 Friedl Koncilia
- 84 Bruno Pezzey
- 83 Herbert Prohaska
Goles
editar- 44 Anton Polster
- 34 Hans Krankl
- 28 Erich Hof
- 28 Hans Horvath
- 28 Anton Schall
- 27 Matthias Sindelar
- 26 Andreas Herzog
- 24 Karl Zischek
- 23 Walter Schachner