Mundial de Fútbol de 2022

(Redirixido desde «2022 FIFA World Cup»)

A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022 (en árabe: 2022 بطولة كأس العالم لكرة القدم) será a edición número vinte e dous da Copa do Mundo de Fútbol, a competición máis importante deste deporte a nivel mundial, disputada polas seleccións nacionais dos países membros da FIFA. O torneo celebrarase en Qatar durante o ano 2022 (do 21 de novembro ao 18 de decembro). Esta edición será a primeira que se xogará nun país árabe e a segunda que se disputará enteiramente en Asia, despois da edición de 2002.

Copa Mundial da FIFA 2022™
2022™ بطولة كأس العالم لكرة القدم
Detalles do torneo
Organizador Qatar Qatar
Datas 21 de novembro18 de decembro
Equipos 32
Sedes 12 (de 6 cidades)
Resultado
Campión
Subcampión
Terceiro
Cuarto
Semifinalistas
Estatísticas
Partidos
Goles
Asistencia
Goleador
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor xogador novo
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Flag of Russia.svg Rusia 2018

Elección da sedeEditar

O procedemento de licitación para albergar as Copas do Mundo da FIFA de 2018 e 2022 comezou en xaneiro de 2009, e as federacións nacionais tiñan ata o 2 de febreiro dese ano para presentar as súas candidaturas.[1] Inicialmente, presentáronse 11 candidaturas para o Mundial de 2018, pero posteriormente México retirouse do proceso por motivos económicos,[2] mentres que a candidatura de Indonesia foi rexeitada pola FIFA en febreiro de 2010 despois de que a Asociación de Fútbol de Indonesia non presentase unha carta de garantías do goberno indonesio apoiando o evento.[3] Tódalas nacións non pertencentes á UEFA retiraron gradualmente as súas candidaturas para 2018, garantindo así que unha nación da UEFA sería anfitrioa do torneo de 2018. Polo tanto, as nacións da UEFA non foron elixibles para a candidatura de 2022, debido á política de rotación de continentes que aplica a FIFA, que dende 2007 impide que o Mundial sexa organizado por países das dúas últimas confederacións que o albergaron.[4][5]

Ao final, quedaron cinco candidaturas para a Copa do Mundo de 2022: Australia, Xapón, Qatar, Corea do Sur e Estados Unidos. O Comité Executivo da FIFA, formado por 22 membros, reuniuse en Zürich o 2 de decembro de 2010 para votar a elección dos anfitrións dos dous torneos.[6] Dous membros do comité executivo da FIFA foron suspendidos antes da votación en relación con denuncias de corrupción relativas aos seus votos.[7]

Finalmente, a sede escollida foi Qatar, decisión que foi cualificada como de "alto risco operativo",[8] e que xerou críticas dos medios de comunicación.[9] Foi criticada por moitos como parte dos escándalos de corrupción da FIFA. Os resultados das votación foron os seguintes:[10]

Votacións ao Mundial de 2022 (maioría de 12 votos)
Candidatura Votos
Rolda 1 Rolda 2 Rolda 3 Rolda 4
Qatar 11 10 11 14
Estados Unidos 3 5 6 8
Corea do Sur 4 5 5 Eliminado
Xapón 3 2 Eliminado
Australia 1 Eliminado

Qatar é o país máis pequeno en albergar unha Copa do Mundo da FIFA, desbancando á que era a sede máis pequena ata entón, Suíza, anfitrioa do Mundial de 1954, que conta con máis do triplo de superficie que Qatar, e que só tivo que albergar a 16 seleccións, en vez das 32 actuais. Qatar é ademais o segundo país (sen contar a edición inaugural de 1930 no Uruguai) en ser escollido como sede para o Mundial de Fútbol, sen terse clasificado anteriormente para ningunha edición do mesmo. O Xapón tamén fora escollido como sede para o Mundial de 2002 (xunto con Corea do Sur), sen ter xogado nunca un Mundial, aínda que se acabaron clasificando para a edición de 1998.

Algunhas investigacións descubriron que Qatar buscou ter vantaxe sobre os seus rivais contratando a un antigo oficial da CIA reconvertido en contratista privado, Kevin Chalker, para espiar as candidaturas rivais e aos membros do xurado que elixiron ao gañador en 2010.[11]

EquiposEditar

ClasificaciónEditar

As seis confederacións continentais da FIFA organizaron cadansúa competición de clasificación. Todas as federacións membros da FIFA, que son un total de 211, foron elixibles para conseguir a clasificación. Qatar, como anfitrioa, conseguiu o pase ao torneo de xeito automático. Con todo, a AFC obrigou ao país árabe a participar na fase de clasificación asiática, dado que as dúas primeiras roldas tamén funcionaban como clasificación para a Copa Asiática de 2023.[12] Qatar acabou a segunda fase como campión do seu grupo, polo que foi no seu lugar o Líbano, quinto mellor equipo entre os segundos clasificados de grupo, o que avanzou á terceira rolda.[13]

A vixente campioa do mundo, Francia, participou na fase de clasificación como calquera outra selección.[14] Santa Lucía entrou inicialmente no proceso de clasificación, pero retirouse antes da disputa do primeiro partido.[15] Corea do Norte tamén se retirou, por motivos de seguridade en relación á pandemia de COVID-19.[16] Samoa Americana e Samoa retiráronse antes do sorteo da AFC,[17] mentres que Tonga fixo o mesmo trala erupción do volcán Hunga Tonga e o posterior tsunami.[18] As seleccións de Vanuatu e as Illas Cook, abandonaron o torneo de clasificación despois da aparición de senllos gromos de COVID-19 nos seus equipos.[19][20]

Das 32 nacións clasificadas para o Mundial de 2022, 24 xa participaran na anterior edición do torneo, en Rusia 2018. Qatar é a única selección debutante no Mundial, converténdose ademais na segunda anfitrioa en albergar unha Copa do Mundo sen ter participado en ningunha edición anterior, do mesmo xeito que o fixera Italia no Mundial de 1934. Os Países Baixos, Ecuador, Ghana, o Camerún e os Estados Unidos regresaron a unha Copa do Mundo despois de estar ausentes na edición de 2018. O Canadá volveu clasificarse para unha fase final do Mundial despois de 36 anos, sendo a súa única participación anterior en 1986.[21] Gales regresou ao Mundial 64 anos despois da súa anterior presenza, que databa de 1958, sendo este o intervalo máis longo na historia dos Mundiais.[22]

Italia, catro veces campioa mundial e vixente vencedora da Eurocopa, volveu fracasar no seu intento de clasificarse para o Mundial, igual que en 2018, quedando fóra de dúas Copas do Mundo consecutivas por primeira vez na súa historia.[23] Os italianos foron os únicos campións do mundo que non conseguiron a clasificación. A selección anfitrioa da anterior Copa do Mundo, Rusia, foi descualificada das competicións da FIFA debido á invasión rusa de Ucraína.[24] Chile, vencedora da Copa América nas edicións de 2015 e 2016, quedou fóra do Mundial por segunda vez consecutiva. Nixeria, que participara nas tres edicións anteriores e en seis das sete últimas, perdeu caeu na terceira rolda de clasificación ante Ghana pola regra do gol en campo contrario. Exipto, Panamá, Colombia, Perú, Islandia e Suecia, participantes no Mundial de 2018, non conseguiron o pase á edición de 2022.

ResultadosEditar

Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Fase de gruposEditar

 ♦  – Clasificado para os Oitavos de final.

Grupo AEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Qatar 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Ecuador 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Senegal 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Países Baixos 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo BEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Inglaterra 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Irán 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Estados Unidos 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Gales 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo CEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Arxentina 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Arabia Saudita 0 0 0 0 0 0 0 0
3   México 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Polonia 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo DEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Francia 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Australia 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Dinamarca 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Tunisia 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo EEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   España 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Costa Rica 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Alemaña 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Xapón 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo FEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Bélxica 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Canadá 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Marrocos 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Croacia 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo GEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Brasil 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Serbia 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Suíza 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Camerún 0 0 0 0 0 0 0 0

Grupo HEditar

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1   Portugal 0 0 0 0 0 0 0 0
2   Ghana 0 0 0 0 0 0 0 0
3   Uruguai 0 0 0 0 0 0 0 0
4   Corea do Sur 0 0 0 0 0 0 0 0

PatrocinadoresEditar

NotasEditar

  1. Goff, Steve (16 de xaneiro de 2009). "Future World Cups". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  2. "México retira su candidatura para sede de 2018 ó 2022 por motivos económicos" (en castelán). 29 de setembro de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  3. "Indonesia's bid to host the 2022 World Cup bid ends". BBC (en inglés). 19 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  4. "El Mundial 2018 será europeo tras la retirada de la candidatura de EE. UU.". Radio Televisión Española (en castelán). 15 de outubro de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  5. "England get 2018 World Cup boost". BBC (en inglés). 25 de setembro de 2007. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  6. "Combined bidding confirmed". FIFA (en inglés). 20 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  7. Wilson, Steve (18 de novembro de 2010). "World Cup 2018: meet Amos Adamu and Reynald Temarii, the Fifa pair suspended over corruption". The Telegraph (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  8. "World Cup 2022: Blow to Qatar's 2022 bid as FIFA brands it "high risk"". Bloomberg (en inglés). 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  9. James, Stuart (2 de decembro de 2010). "World Cup 2022: 'Political craziness' favours Qatar's winning bid". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  10. Doyle, Paul; Busfield, Steve (2 de decembro de 2010). "World Cup 2018 and 2022 decision day – live!". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  11. "World Cup host Qatar used former CIA officer to spy on Fifa" (en inglés). 23 de novembro de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  12. Palmer, Dan (31 de xullo de 2017). "Hosts Qatar to compete in qualifying for 2022 World Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  13. "Groups finalised for Qatar 2022 & China 2023 race" (en inglés). 17 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  14. Gonzalez, Roger (15 de xullo de 2018). "2022 World Cup odds: France favorite to repeat in Qatar; USA behind Mexico with 16th-best odds" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  15. Levy, Leighton (23 de marzo de 2021). "St Lucia players in the dark about World Cup qualifiers" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  16. "AFC confirms North Korea’s withdrawal from FIFA World Cup qualifiers" (en inglés). 17 de maio de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  17. "Update on FIFA Club World Cup and OFC preliminary competition for Qatar 2022". FIFA (en inglés). 29 de novembro de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  18. "Tonga withdraw from FIFA World Cup Qatar 2022™ OFC preliminary competition". FIFA (en inglés). 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  19. "Vanuatu withdraws from the FIFA World Cup ™ Oceania Qualifiers." (en inglés). 19 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  20. "Update on FIFA World Cup Qatar 2022™ Oceania Qualifiers" (en inglés). 23 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  21. "Canada beat Jamaica 4-0 to reach their first men's World Cup in 36 years.". BBC (en inglés). 28 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  22. "World Cup 2022: Celebrations as Wales qualify after 64-year wait". BBC (en inglés). 5 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  23. "European champions Italy will not play in the 2022 World Cup after being stunned by North Macedonia in their play-off in Palermo.". BBC (en inglés). 24 de marzo 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  24. "FIFA/UEFA suspend Russian clubs and national teams from all competitions". FIFA (en inglés). 28 de febreiro de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022.