Selección de fútbol de Polonia

A Selección de fútbol de Polonia (en polaco: Reprezentacja Polski w piłce nożnej) é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol á Polonia. A súa organización está a cargo da Asociación Polaca de Fútbol (Polski Związek Piłki Nożnej, PZPN), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente Biało-czerwoni (albivermellos), Orły (aguias) ou Białe Orły (aguias brancas).

Polonia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Polski Związek Piłki Nożnej
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA POL
Alcume Białe Orły (aguias brancas)
Clasificación FIFA 19 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Polonia Michał Probierz
Máis encontros Robert Lewandowski (144)
Máximo goleador Robert Lewandowski (81)
Estrea internacional
Hungría Hungría 1 − 0 Polonia Polonia
Budapest, Hungría; 18 de decembro de 1921
Maior vitoria
Polonia Polonia 10 − 0 San Marino San Marino
Kielce, Polonia; 1 de abril de 2009
Maior derrota
Dinamarca Dinamarca 8 − 0 Polonia Polonia
Copenhaguen, Dinamarca; 26 de xuño de 1948
Copa do Mundo
Participacións 8 (primeiro en 1938)
Mellor resultado Terceiros (1974, 1982)
Eurocopa
Participacións 4 (primeira en 2008)
Mellor resultado Cuartos de final (2016)

A selección polaca de fútbol tivo unha época dourada entre as décadas de 1970 e 1980, cando alcanzou o terceiro posto no Mundial de Alemaña 1974 e de España 1982, e unha respectable quinta posición en Arxentina 1978. Tamén obtivo medallas nas súas participacións olímpicas: o ouro en Múnic 1972 e a prata en Montreal 1976 e Barcelona 1992. En canto á Eurocopa, até o momento tan só logrou clasificarse para unha fase final, a de 2008, onde non pasou da primeira rolda. Na edición de 2012 participou como co-organizador xunto a Ucraína, aínda que de novo sen pasar da primeira rolda.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar