Selección de fútbol de Ucraína

A Selección de fútbol de Ucraína (en ucraíno: Збірна України з футболу, zbirna Ukrayiny z futbolu) é o equipo que representa en competicións oficiais internacionais de fútbol a Ucraína. Dependente da Federación de Fútbol de Ucraína (Українська асоціація футболу, Ukrayinska asotsiatsiya futbolu), afiliada á UEFA, a selección naceu en 1992 após súa independencia despois de see disolver a Unión Soviética. Por tanto, previo a ese ano, Ucraína era un dos membros participantes da selección da URSS, a cal estivo moitas veces composta por importantes xogadores de orixe ucraína. Con todo, despois da fundación do equipo nacional de Ucraína, moitos dos grandes próceres do seleccionado soviético, como Andréi Kanchelskis, Víktor Onopko e Oleg Salenko, continuaron xogando no equipo de Rusia, sucesor oficial da antiga URSS.

Ucraína
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Ukrayinska Asotsiatsiya Futbolu
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA UKR
Alcume Zhovto-Blakytni (Amarelo-azuis)
Clasificación FIFA 24 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Ucraína Andriy Shevchenko
Máis encontros Anatoliy Tymoshchuk (144)
Máximo goleador Andriy Shevchenko (48)
Estrea internacional
Ucraína Ucraína 1 − 3 Hungría Hungría
Uzhhorod, Ucraína; 29 de abril de 1992
Maior vitoria
Ucraína Ucraína 9 − 0 San Marino San Marino
Lviv, Ucraína; 6 de setembro de 2013
Maior derrota
Croacia Croacia 4 − 0 Ucraína Ucraína
Zagreb, Croacia; 25 de marzo de 1995
España España 4 − 0 Ucraína Ucraína
Leipzig, Alemaña; 14 de xuño de 2006
República Checa República Checa 4 - 0 Ucraína Ucraína
Praga, República Checa; 6 de setembro de 2011
Copa do Mundo
Participacións 1 (primeira en 2006)
Mellor resultado Cuartos de final (2006)
Eurocopa
Participacións 3 (primeira en 2012)
Mellor resultado Fase de grupos (2012, 2016)

Historia

editar

Ucraína é unha das seleccións máis importantes da antiga Unión Soviética. Un dos mellores xogadores do mundo, Andriy Shevchenko, é parte desta selección; con todo, a súa presenza non puido evitar a constante eliminación do seu equipo nas clasificatorias aos diversos torneos internacionais. Croacia, Eslovenia e Alemaña eliminaron a Ucraína consecutivamente nas clasificatorias para a Copa Mundial de Fútbol de 1998, a Eurocopa 2000, a Copa Mundial de Fútbol de 2002 e a Eurocopa 2008.

Con todo, Ucraína logrou obter o liderado do Grupo 2 nun brillante proceso, converténdose no primeiro clasificado europeo para Alemaña 2006, sendo esta a primeira participación de Ucraína nun torneo internacional. Ucraína foi emparellada no Grupo H, xunto a España, Arabia Saudita e Tunisia. A pesar do seu irregular desempeño, logrou chegar a cuartos de final tras derrotar en oitavos de final a Suíza nos lanzamentos de penalti e perder logo ante Italia por 3 a 0.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar