Mundial de Fútbol de 2006

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Copa Mundial de Fútbol de 2006»)

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2006
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
LemaA time to make friends (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MascotaGoleo VI (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónVolksparkstadion (Altona)
Estadio Olímpico de Berlín (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir)
HDI-Arena (pt) Traducir (Mitte (en) Traducir)
Veltins-Arena (Gelsenkirchen-Nord (en) Traducir)
Signal Iduna Park (Dortmund)
Red Bull Arena (Leipzig)
RheinEnergieStadion (pt) Traducir (Müngersdorf)
Deutsche Bank Park (Frankfurt-Süd (en) Traducir)
Fritz-Walter-Stadion (pt) Traducir (Kaiserslautern)
Frankenstadion (pt) Traducir (Núremberg)
MHPArena (Bad Cannstatt (pt) Traducir)
Allianz Arena (Schwabing-Freimann (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo9 de xuño de 2006 – 9 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata
Número de edición18  (2006) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoItalia Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor en Wikidata
Goles147 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosMiroslav KloseAlemaña (5) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores3.359.439 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#wm2006 Editar o valor en Wikidata

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"). Balón oficial do campionato.

Expectativas antes do torneo

editar
 
Países participantes
 

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.[1]

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

Cidade Estadio Club Capacidade
Berlín Olympiastadion Hertha Berlin 76.176
Dortmund Signal Iduna Park Borussia Dortmund 66.981
Frankfurt Commerzbank-Arena Eintracht Frankfurt 48.132
Gelsenkirchen Veltins-Arena Schalke 04 53.804
Hamburgo AOL Arena Hamburger SV 51.055
Hannover AWD-Arena Hannover 96 44.652
Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion FC Kaiserslautern 41.170
Colonia RheinEnergieStadion FC Köln 46.120
Leipzig Zentralstadion FC Sachsen Leipzig 44.199
München Allianz-Arena Bayern Múnic 66.016
Nuremberg Frankenstadion FC Nürnberg 41.926
Stuttgart Gottlieb-Daimler-Stadion VfB Stuttgart 54.267
 

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

Países clasificados

editar
 
Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

Europa (UEFA)

editar
País Participacións Clasificación
  Alemaña 15
  Croacia 2* 8 de outubro de 2005
  Francia 11 12 de outubro de 2005
  Países Baixos 7 8 de outubro de 2005
  Inglaterra 11 8 de outubro de 2005
  Italia 15 8 de outubro de 2005
  Polonia 6 8 de outubro de 2005
  Portugal 3 8 de outubro de 2005
  Serbia e Montenegro 1* 12 de outubro de 2005
  Suecia 10 12 de outubro de 2005
  Ucraína Estrea 3 de setembro de 2005
  Suíza 7 16 de novembro de 2005
  España 11 16 de novembro de 2005
  República Checa Estrea** 16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

América do Sur (CONMEBOL)

editar
País Participacións Clasificación
  Arxentina 13 8 de xuño de 2005
  Brasil 17 (único totalista) 4 de setembro de 2005
  Ecuador 1 8 de outubro de 2005
  Paraguai 6 8 de outubro de 2005

América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

editar
País Participacións Clasificación
  Estados Unidos 7
  México 12
  Trinidad e Tobago Estrea
  Costa Rica 2
País Participacións Clasificación
  Arabia Saudita 3 8 de xuño de 2005
  Corea do Sur 6 8 de xuño de 2005
  Xapón 2 8 de xuño de 2005
  Irán 2 8 de xuño de 2005

África (CAF)

editar
País Participacións Clasificación
  Angola Estrea 8 de outubro de 2005
  Costa do Marfil Estrea 8 de outubro de 2005
  Ghana Estrea 8 de outubro de 2005
  Togo Estrea 8 de outubro de 2005
  Tunisia 3 8 de outubro de 2005

Oceanía (OFC)

editar
País Participacións Clasificación
  Australia 1 16 de novembro de 2005

Sorteo

editar

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campión, fica no Grupo F, para evitar un posible enfrontamento con Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excepción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote A Pote B Pote C Pote D

  Arxentina
  Brasil
  Inglaterra
  Francia
  Alemaña
  Italia
  México
  España

  Angola
  Australia
  Costa do Marfil
  Ecuador
  Ghana
  Paraguai
  Togo
  Tunisia

  Croacia
  República Checa
  Países Baixos
  Polonia
  Portugal
  Suíza
  Suecia
  Ucraína

  Costa Rica
  Irán
  Xapón
  Corea do Sur
  Arabia Saudita
  Trinidad e Tobago
  Estados Unidos

Pote especial

  Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza.[2][3]

Composición dos equipos

editar

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[4].

Árbitros

editar

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2] Arquivado 30 de xuño de 2006 en Wayback Machine.

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1   Essam Abd El Fatah   Dramane Dante   Mamadou Ndoye
2   Carlos Amarilla   Amelio Andino   Manuel Bernal
3   Benito Archundia   José Ramírez   Hector Vergara
4   Massimo Busacca   Francesco Buragina   Matthias Arnet
5   Coffi Codjia   Celestin Ntagungira   Aboudou Aderodjou
6   Frank De Bleeckere   Peter Hermans   Walter Vromans
7   Massimo De Santis   Alessandro Griselli   Marco Ivaldi
8   Horacio Elizondo   Darío García   Rodolfo Otero
9   Valentin Ivanov   Nikolay Golubey   Evgueni Volnin
10   Toru Kamikawa   Yoshikazu Hiroshima   Kim Dae Young
11   Jorge Larrionda   Walter Rial   Pablo Fandino
12   Shamsul Maidin   Prachya Permpanich   Eisa Ghuloum
13   Luis Medina Cantalejo   Victoriano Giráldez Carrasco   Pedro Medina Hernández
14   Markus Merk   Christian Schraer   Jan-Hendrik Salver
15   Lubos Michel   Roman Slysko   Martin Balko
16   Graham Poll   Philip Sharp   Glenn Turner
17   Eric Poulat   Lionel Dagorne   Vincent Texier
18   Peter Prendergast   Anthorny Garwood   Joseph Taylor
19   Marco Rodríguez   José Luis Camargo   Leonel Leal
20   Roberto Rosetti   Christiano Copelli   Alessandro Stagnoli
21   Óscar Ruiz   Fernando Tamayo   José Navia
22   Mark Shield   Nathan Gibson   Ben Wilson
23   Carlos Simon   Aristeu Tavares   Ednilson Corona

Árbitros de apoio

editar
Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1   Khalil Al Ghamdi   Hamdi Al Kadri   Fathi Rabati
2   Carlos Chandia   Christian Julio   Rodrigo González
3   Jerome Damon   Enock Molefe   Justice Yeboah
4   Mohamed Guezzaz   Brahim Djezzar   Jean Marie Endeng Zogo
5   Kevin Stott   Chris Strickland   Gregory Barkey

Táboa de partidos

editar

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en quenda única. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partir desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

Primeira fase

editar
Data Localidade Seleccións Grupo Resultado²
Venres, 9 de xuño de 2006 Múnic   Alemaña -   Costa Rica A 4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006 Gelsenkirchen   Polonia -   Ecuador A 0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Frankfurt   Inglaterra -   Paraguai B 1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Dortmund   Trinidad e Tobago -   Suecia B 0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006 Hamburgo   Arxentina -   Costa do Marfil C 2-1 (2-0)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Leipzig   Serbia e Montenegro -   Países Baixos C 0-1 (0-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Nuremberg   México -   Irán D 3-1 (1-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Colonia   Angola -   Portugal D 0-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Kaiserslautern   Australia -   Xapón F 3-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Gelsenkirchen   Estados Unidos -   República Checa E 0-3 (0-2)
Luns, 12 de xuño de 2006 Hannover   Italia -   Ghana E 2-0 (1-0)
Martes, 13 de xuño de 2006 Frankfurt   Corea do Sur -   Togo G 2-1 (0-1)
Martes, 13 de xuño de 2006 Stuttgart   Francia -   Suíza G 0-0
Martes, 13 de xuño de 2006 Berlín   Brasil -   Croacia F 1-0 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Leipzig   España -   Ucraína H 4-0 (2-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Múnic   Tunisia -   Arabia Saudita H 2-2 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Dortmund   Alemaña -   Polonia A 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Hamburgo   Ecuador -   Costa Rica A 3-0 (1-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Berlín   Suecia -   Paraguai B 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Nuremberg   Inglaterra -   Trinidad e Tobago B 2-0 (0-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Gelsenkirchen   Arxentina -   Serbia e Montenegro C 6-0 (3-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Hannover   México -   Angola D 0-0
Venres, 16 de xuño de 2006 Stuttgart   Países Baixos -   Costa do Marfil C 2-1 (2-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Frankfurt   Portugal -   Irán D 2-0 (0-0)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Kaiserslautern   Italia -   Estados Unidos E 1-1 (1-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Colonia   República Checa -   Ghana E 0-2 (0-1)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Leipzig   Francia -   Corea do Sur G 1-1 (1-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Múnic   Brasil -   Australia F 2-0 (0-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Nuremberg   Xapón -   Croacia F 0-0
Luns, 19 de xuño de 2006 Dortmund   Togo -   Suíza G 0-2 (0-1)
Luns, 19 de xuño de 2006 Hamburgo   Arabia Saudita -   Ucraína H 0-4 (0-2)
Luns, 19 de xuño de 2006 Stuttgart   España -   Tunisia H 3-1 (0-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Berlín   Ecuador -   Alemaña A 0-3 (0-2)
Martes, 20 de xuño de 2006 Hannover   Costa Rica -   Polonia A 1-2 (1-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Kaiserslautern   Paraguai -   Trinidad e Tobago B 2-0 (1-0)
Martes, 20 de xuño de 2006 Colonia   Suecia -   Inglaterra B 2-2 (0-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Frankfurt   Países Baixos -   Arxentina C 0-0
Mércores, 21 de xuño de 2006 Gelsenkirchen   Portugal -   México D 2-1 (2-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Leipzig   Irán -   Angola D 1-1 (0-0)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Múnic   Costa do Marfil -   Serbia e Montenegro C 3-2 (1-2)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Dortmund   Xapón -   Brasil F 1-4 (1-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Hamburgo   República Checa -   Italia E 0-2 (0-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Nuremberg   Ghana -   Estados Unidos E 2-1 (2-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Stuttgart   Croacia -   Australia F 2-2 (1-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Berlín   Ucraína -   Tunisia H 1-0 (0-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Hannover   Suíza -   Corea do Sur G 2-0 (1-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Kaiserslautern   Arabia Saudita -   España H 0-1 (0-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Colonia   Togo -   Francia G 0-2 (0-0)
Nota2: Entre parénteses, o resultado do partido no final do primeiro tempo.;

Clasificacións

editar
Regras de clasificación na fase de grupos

1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo;
2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo;
3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo;

Se dúas ou máis escuadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma:
4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campionato do Mundo.
—  Regras do campionato

Grupo A

editar

Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.

Grupo B

editar

No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trindade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.

Grupo C

editar

Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa do Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.

Grupo D

editar

No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.

Grupo E

editar

Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.

Grupo F

editar

Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.

Grupo H

editar

España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.

  • Pasaron á segunda fase:
    • Alemaña
    • Arxentina
    • Australia
    • Brasil
    • Ecuador
    • España
    • Francia
    • Ghana
    • Holanda
    • Inglaterra
    • Italia
    • México
    • Portugal
    • Suecia
    • Suíza
    • Ucraína
  • Caeron eliminados na primeira fase:
    • Angola
    • Arabia Saudita
    • Corea do Sur
    • Costa do Marfil
    • Costa Rica
    • Croacia
    • Estados Unidos
    • Irán
    • Xapón
    • Paraguai
    • Polonia
    • República Checa
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
    • Trindade e Tobago
    • Tunisia
  • Gañaron tódolos encontros da primera fase:
    • Alemaña
    • Brasil
    • España
    • Portugal


  • Perderon tódolos encontros da primeira fase:
    • Costa Rica
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
  • Non encaixou ningún gol en toda a Copa:
    • Suíza (Levou 3 nos penaltis contra Ucraína)


  • Non fixo gol na copa:
    • Trindade e Tobago

Clasificacións dos grupos

editar
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Alemaña 9 3 2 0 0 8 2 6
  Ecuador 6 3 2 0 1 5 3 2
  Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2
  Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Inglaterra 7 3 2 1 0 5 2 3
  Suecia 5 3 1 2 0 3 2 1
  Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0
  Trinidad e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Arxentina 7 3 2 1 0 8 1 7
  Países Baixos 7 3 2 1 0 3 1 2
  Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1
  Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Portugal 9 3 3 0 0 5 1 4
  México 4 3 1 1 1 4 3 1
  Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1
  Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Italia 7 3 2 1 0 5 1 4
  Ghana 6 3 2 0 1 4 3 1
  República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1
  Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Brasil 9 3 3 0 0 7 1 6
  Australia 4 3 1 1 1 5 5 0
  Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1
  Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
  Suíza 7 3 2 1 0 4 0 4
  Francia 5 3 1 2 0 3 1 1
  Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1
  Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5
Selección Pt X V E D GF GC SG
  España 9 3 3 0 0 8 1 7
  Ucraína 6 3 2 0 1 5 4 1
  Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3
  Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5

Fases seguintes

editar
Segunda Ronda Cuartos de finais Semifinais Final
                           
24 xuño - Múnic            
   Alemaña  2
30 xuño- Berlín
   Suecia  0  
   Alemaña (pen.)  1(4)
24 xuño - Leipzig
     Arxentina  1(2)  
   Arxentina (pro.)  2
4 xullo - Dortmund
   México  1  
   Alemaña  0
26 xuño - Kaiserslautern
     Italia (pro.)  2  
   Italia  1
30 xuño- Hamburgo
   Australia  0  
   Italia  3
26 xuño - Colonia
     Ucraína  0  
   Suíza  0(0)
9 xullo - Berlín
   Ucraína (pen.)  0(3)  
   Italia (pen.)  1(5)
25 xuño - Stuttgart
     Francia  1(3)
   Inglaterra  1
1º xullo - Gelsenkirchen
   Ecuador  0  
   Inglaterra  0(1)
25 xuño - Nuremberg
     Portugal (pen.)  0(3)  
   Portugal  1
5 xullo - Múnic
   Países Baixos  0  
   Portugal  0
27 xuño - Dortmund
     Francia  1   Terceiro posto
   Brasil  3
1º xullo - Frankfurt 8 xullo - Stuttgart
   Ghana  0  
   Brasil  0    Alemaña  3
27 xuño - Hannover
     Francia  1      Portugal  1
   España  1
   Francia  3  

* Despois da prórroga.
**Despois da quenda de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.

Goles marcados

editar

No final da copa, o artilleiro recibirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[5]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.

Goles en contra

Clasificación final

editar

A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa puntuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucraína saíu na fase de cuartos de final.

Finalistas

editar

Premiados

editar
Vencedor
 
Italia
Tetracampioa


Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador): Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador): Premio FIFA Yashin (mellor porteiro) Premio FIFA Mellor Xogador novo: Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo): Equipo máis entretido:
 
Miroslav Klose
 
 
Zinedine Zidane
 
 
Gianluigi Buffon
 
Lukas Podolski
  Brasil
  España
  Portugal

Selección do Mundial

Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.

Porteiro Defensores Mediocampistas Dianteiros

  Gianluigi Buffon
  Jens Lehmann
  Ricardo Pereira

  Roberto Ayala
  John Terry
  Lilian Thuram
  Philipp Lahm
  Fabio Cannavaro
  Gianluca Zambrotta
  Ricardo Carvalho

  Zé Roberto
  Patrick Vieira
  Zinedine Zidane
  Michael Ballack
  Andrea Pirlo
  Gennaro Gattuso
  Francesco Totti
  Luís Figo
  Maniche

  Hernan Crespo
  Thierry Henry
  Miroslav Klose
  Luca Toni

Estatísticas

editar
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
1   Italia 17 7 5 2 0 12 2 +10 80,9%
2   Francia 15 7 4 3 0 9 3 +6 71,4%
3   Alemaña 16 7 5 1 1 14 6 +8 76,2%
4   Portugal 13 7 4 1 2 7 5 +2 62,0%
5   Brasil 12 5 4 0 1 10 2 +8 80,0%
6   Arxentina 11 5 3 2 0 11 3 +8 73,3%
7   Inglaterra 11 5 3 2 0 6 2 +4 73,3%
8   Ucraína 7 5 2 1 2 5 7 -2 46,6%
9   España 9 4 3 0 1 9 4 +5 75,0%
10     Suíza 8 4 2 2 0 4 0 +4 66,6%
11   Holanda 7 4 2 1 1 3 2 +1 58,3%
12   Ecuador 6 4 2 0 2 5 4 +1 50,0%
13   Ghana 6 4 2 0 2 4 6 -2 50,0%
14   Suecia 5 4 1 2 1 3 4 -1 41,6%
15   México 4 4 1 1 2 5 5 0 33,3%
16   Australia 4 4 1 1 2 5 6 -1 33,3%
17   Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1 44,4%
18   Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0 33,3%
19   República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1 33,3%
20   Costa do Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1 33,3%
21   Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2 33,3%
22   Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1 22,2%
23   Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1 22,2%
24   Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3 11,1%
25   Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
26   Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
27   Trindade e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4 11,1%
28   Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
29   Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
30   Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5 0,0%
31   Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6 0,0%
32   Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8 0,0%
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2008. Consultado o 09 de xullo de 2006. 
  2. (en inglés) Artigo do xornal The Guardian sobre o 'Grupo da Morte'
  3. (en inglés) Artigo da FOX Sports sobre o 'Grupo da Morte' Arquivado 16 de maio de 2006 en Wayback Machine.
  4. (en inglés) http://eur.i1.yimg.com/eur.yimg.com/i/eu/fifa/regen.pdf Arquivado 01 de xuño de 2006 en Wayback Machine. Regras oficiais FIFA (PDF)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2006. Consultado o 09 de xullo de 2006. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar