Asociación Polaca de Fútbol

A Asociación Polaca de Fútbol (PZPN) (en polaco: Polski Związek Piłki Nożnej) é o máximo corpo reitor do fútbol en Polonia, con sede en Varsovia. Foi fundada en 1919 e organiza as ligas polacas de fútbol (sendo a máxima categoría a Ekstraklasa), o campionato de Copa (Puchar Polski), a Supercopa (Superpuchar Polski) e a Copa da Liga (Puchar Ekstraklasy). Ademais, está ao cargo da Selección de fútbol de Polonia nas súas distintas categorías.

Polski Związek Piłki Nożnej
UEFA
Logotipo
Fundación1919
Afiliación á FIFA1923
Afiliación á UEFA1955
PresidenteZbigniew Boniek
Sitio webwww.pzpn.pl

Historia

editar

A Asociación Polaca de Fútbol foi fundada o 21 de decembro de 1919, un ano despois de que Polonia proclamara a súa independencia. Poucos meses despois poñíase en marcha o primeiro campionato polaco, que non puido ser finalizado a causa da guerra coa Unión Soviética. En 1921 o KS Cracovia foi o primeiro campión da liga polaca, se ben nas primeiras edicións, até 1927, o torneo disputábase nunha primeira fase de grupos rexionais.

Pola súa parte, a selección nacional polaca debutou o 18 de decembro de 1921, perdendo por 1 a 0 ante Hungría en Budapest. En 2005 a PZPN, xunto coa Federación de Fútbol de Ucraína, presentou formalmente a súa candidatura para albergar a Eurocopa 2012. Na votación final, celebrada o 18 de abril de 2007, a UEFA elixiu a candidatura de Polonia/Ucraína por diante de Italia e a candidatura conxunta de Croacia/Hungría.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar