Abrir o menú principal

A Ekstraklasa é a máxima categoría da liga polaca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1927. O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 16 os equipos que se enfrontan entre sí ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 15, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.

A competición estivo dominada ate finais dos anos 80 polos dous grandes equipos da rexión industrial da Voivodía da Silesia, o Górnik Zabrze e o Ruch Chorzów. Trala caída do réxime comunista no país, o dominito da liga pasou ás mans do Wisła Kraków e do Legia Warszawa, os principais equipos das dúas cidades mais grandes de Polonia.

Clubs participantesEditar

CampiónsEditar

Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga polaca de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club.

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
14   Wisła Kraków 1927, 1928, 1949, 1950, 1951, 1978, 1999, 2001, 2003, 2004, 2005, 2008, 2009, 2011
14   Górnik Zabrze 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1965, 1966, 1967, 1971, 1972, 1985, 1986, 1987, 1988
13   Ruch Chorzów 1933, 1934, 1935, 1936, 1938, 1952, 1953, 1960, 1968, 1974, 1975, 1979, 1989
12   Legia Warszawa 1955, 1956, 1969, 1970, 1994, 1995, 2002, 2006, 2013, 2014, 2016, 2017
7   Lech Poznań 1983, 1984, 1990, 1992, 1993, 2010, 2015
4   Widzew Łódź 1981, 1982, 1996, 1997
4   Cracovia Kraków 1930, 1932, 1937, 1948
2   Zagłębie Lubin 1991, 2007
2   ŁKS Łódź 1958, 1998
2   Stal Mielec 1973, 1976
2   Polonia Bytom 1954, 1962
2   Śląsk Wrocław 1977, 2012
1   Polonia Warszawa 2000
1   Szombierki Bytom 1980
1   Warta Poznań 1947
1   Garbarnia Kraków 1931

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar