Selección de fútbol de Serbia
A selección de fútbol de Serbia (en serbio: Фудбалска репрезентација Србије, Fudbalska reprezentacija Srbije) é o equipo representativo de Serbia nas competicións oficiais internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Serbia (Фудбалски савез Србије, Fudbalski savez Srbije), pertencente á UEFA e á FIFA. A selección está considerada polas propias FIFA e UEFA como sucesora das seleccións de Iugoslavia e Serbia e Montenegro.
Serbia | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Fudbalski savez Srbije | ||
Confederación | UEFA | ||
Código FIFA | SRB | ||
Alcume | Оrlovi (Aguias) | ||
Clasificación FIFA | 29 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Dragan Stojković | ||
Máis encontros | Branislav Ivanović (105) | ||
Máximo goleador | Aleksandar Mitrović (41) | ||
Estrea internacional Checoslovaquia 7 − 0 Reino SCE Anveres, Bélxica; 28 de agosto de 1920 Como Serbia República Checa 1 − 3 Serbia Uherské Hradiště, República Checa; 18 de agosto de 2006 | |||
Maior vitoria Iugoslavia 10 − 1 Venezuela Curitiba, Brasil; 14 de xuño de 1972 Como Serbia Acerbaixán 1 − 6 Serbia Bakú, Acerbaixán; 17 de outubro de 2007 Serbia 6 − 1 Bulgaria Belgrado, Serbia; 19 de novembro de 2008 Serbia 6 − 1 Gales Novi Sad, Serbia; 11 de setembro de 2012 | |||
Maior derrota Checoslovaquia 7 − 0 Reino SCE Anveres, Bélxica; 28 de agosto de 1920 Uruguai 7 − 0 Reino SCE París, Francia; 26 de maio de 1924 Checoslovaquia 7 − 0 Reino SCE Praga, Checoslovaquia; 28 de outubro de 1925 Como Serbia Ucraína 5 − 0 Serbia Lviv, Ucraína; 7 de xuño de 2019 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 12 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1930, 1962) como Iugoslavia | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 5 (primeira en 1960) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1960, 1968) como Iugoslavia |
Historia
editarPeríodo iugoslavo (1920–1991)
editar- Artigo principal: Selección de fútbol de Iugoslavia.
A selección serbia foi a selección de fútbol de Iugoslavia até o 4 de febreiro de 2003 e, posteriormente, a selección de Serbia e Montenegro até o 3 de xuño de 2006, cando Serbia declarou a súa independencia como Estado sucesor da Unión Estatal de Serbia e Montenegro. O seu nome, por suposto, cambiou oficialmente ó do equipo nacional de fútbol de Serbia o 28 de xuño de 2006, mentres que se creou o equipo nacional de fútbol de Montenegro para representar o novo estado de Montenegro.
Entre 1921 e 1992, o equipo non existiu tal como o coñecemos, xa que Serbia era parte do Reino de Iugoslavia (1918-1943) e, máis tarde, da República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1991). O equipo nacional de Serbia existiu dende 1919 até 1921, pero deixou de existir a raíz da creación do primeiro Reino de Iugoslavia.
Porén, a Asociación de Fútbol de Serbia é un membro da FIFA dende 1921 e membro da UEFA dende a creación do organismo europeo en 1954. O equipo nacional de Serbia é recoñecido, grazas a un mutuo acordo entre a FIFA e a UEFA, como descendente directo e único da selección nacional de Iugoslavia. Polo tanto, o novo equipo nacional formado en 1992 herdou o estado completo, os resultados e os logros de Iugoslavia, a diferenza de calquera outro país resultado da desintegración de Iugoslavia. En consecuencia, non tivo que solicitar a membresía da FIFA e da UEFA.
Unha situación semellante ocorreu trala decisión de Montenegro de separarse tras un referendo celebrado o 21 de maio de 2006. Unha vez máis, Serbia, que herdou o patrimonio de Serbia e Montenegro, non tivo que solicitar a membresía da FIFA e da UEFA, mentres que Montenegro viuse obrigado a facelo.
Independencia e regreso á denominación Serbia
editarDespois de que Montenegro declarase a súa independencia, Serbia debutou como selección independente cunha vitoria por 3-1 sobre a República Checa. O proceso de clasificación da Eurocopa 2008 comezou pouco despois no 2007 e rematou nunha decepción para Serbia. O bo comezo na cualificación viuse ensombrecida polo último tramo de partidos nos que perdeu puntos contra Finlandia, Bélxica, Armenia e Casaquistán. Finalmente rematou terceiro, a tres puntos do subcampión Portugal e campión do Grupo A, Polonia. O primeiro seleccionador estranxeiro de Serbia, Javier Clemente, foi despedido tralo fracaso. Serbia substituíu a Javier Clemente con Miroslav Đukić, quen deixou o cargo o 19 de agosto do ano seguinte sen ter xogado ningún partido oficial por mor de varias desavinzas coa Federación de Fútbol de Serbia.
Uniformes
editarReino de Iugoslavia
editar1930[1]
|
RFS Iugoslavia
editar1950–1962
|
1974
|
1982
|
1984
|
1990
|
1992
|
RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro
editar
1994
|
1998
|
2000
|
2004
|
2006
|
Serbia
editar
2006–2008
|
2008–2010
|
2010–2012
|
2012–2014
|
2014–2016
|
2016–2018
|
2018–2020
|
2020–
|
Notas
editar- ↑ "Kako je plavi dres - pocrveneo". 9 de abril de 2012.