Selección de fútbol de Checoslovaquia
A selección de fútbol de Checoslovaquia foi o equipo que representou a Checoslovaquia nas competicións internacionais oficiais de fútbol dende 1920 até a disolución do país a finais de 1993, con todo, a selección estaba participando na fase de clasificación da UEFA para o Mundial de 1994 e completou a fase co nome de Representación de Checos e Eslovacos (RCS). Controlada pola Československý fotbalový svaz (do checo: Asociación Checoslovaca de Fútbol), foi membro da UEFA.
Checoslovaquia | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Československý fotbalový svaz | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | TCH | ||
Alcume | {{{Alcume}}} | ||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Václav Ježek (último) | ||
Máis encontros | Zdeněk Nehoda (91) | ||
Máximo goleador | Antonín Puč (34) | ||
Estrea internacional Checoslovaquia 7 − 0 Iugoslavia Anveres, Bélxica; 28 de agosto de 1920 Último encontro Bélxica 0 − 0 Checoslovaquia Bruxelas, Bélxica; 17 de novembro de 1993 | |||
Maior vitoria Checoslovaquia 8 − 0 Tailandia Cidade de México, México; 18 de outubro de 1968 | |||
Maior derrota Hungría 8 − 3 Checoslovaquia Budapest, Hungría; 19 de setembro de 1937 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1934, 1962) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 3 (primeira en 1960) | ||
Mellor resultado | Campións (1976) |
O equipo tivo un grande éxito a nivel mundial, acadando o subcampionato nas Copa Mundial de Fútbol de 1934 e 1962 e o título da Eurocopa 1976. No Mundial de Suecia 1958 goleou ao seu par de Arxentina por 6-1 ante un equipo suramericano que contaba con figuras como Amadeo Carrizo, Orestes Corbatta e Angel Labruna, propinándolle así a peor goleada da súa historia en copas mundiais. En 1993, trala división de Checoslovaquia na República Checa e a República Eslovaca, o equipo disolveuse, dando orixe ás seleccións nacionais de fútbol de República Checa (considerada pola FIFA como a sucesora da antiga selección checoslovaca) e Eslovaquia.
Resultados
editarCopa Mundial de Fútbol
editarAno | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Non participou | |||||||
Italia 1934 | Subcampión | 2° | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 6 |
Francia 1938 | Cuartos de final | 5° | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 3 |
Brasil 1950 | Non participou | |||||||
Suíza 1954 | Primeira fase | 14° | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 7 |
Suecia 1958 | Primeira fase | 9° | 4 | 1 | 1 | 2 | 9 | 6 |
Chile 1962 | Subcampión | 2° | 6 | 3 | 1 | 2 | 7 | 7 |
Inglaterra 1966 | Non clasificado | |||||||
México 1970 | Primeira fase | 15° | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 |
Alemaña 1974 | Non clasificado | |||||||
Arxentina 1978 | ||||||||
España 1982 | Primeira fase | 19° | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 4 |
México 1986 | Non clasificado | |||||||
Italia 1990 | Cuartos de final | 6° | 5 | 3 | 0 | 2 | 10 | 5 |
Estados Unidos 1994 | Non clasificado | |||||||
Francia 1998 | Disolto | |||||||
Total | 30 | 11 | 5 | 14 | 44 | 45 |
Eurocopa
editarAno | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francia 1960 | Semifinais | 3° | 2 | 1 | 0 | 1 | 2 | 3 |
España 1964 | Non clasificado | |||||||
Italia 1968 | ||||||||
Bélxica 1972 | ||||||||
Iugoslavia 1976 | Campión | 1° | 2 | 1 | 1 | 0 | 5 | 2 |
Italia 1980 | Semifinais | 3° | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 4 |
Francia 1984 | Non clasificado | |||||||
Alemaña Federal 1988 | ||||||||
Suecia 1992 | ||||||||
Total | 8 | 3 | 3 | 2 | 12 | 10 |