Mundial de Fútbol de 1930
O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo.[1] A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam.[2] Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.[3]
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 13 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Pocitos (Montevideo) Estadio Centenario (Montevideo) Estadio Gran Parque Central (Montevideo) |
País | Uruguai |
Intervalo de tempo | 13 de xullo de 1930 – 30 de xullo de 1930 |
Número de edición | 1 (1930) |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai |
Datos estatísticos | |
Partidos | 18 |
Goles | 70 |
Máis goles marcados | Guillermo Stábile↔ Arxentina (8) |
Xogador máis valioso | José Nasazzi (pt) ↔ Uruguai |
Número de espectadores | 590.549 |
Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e ao custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e os Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.
As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.[4]
Antecedentes
editarDende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos. En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para afeccionados», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.
Tras o paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á do Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país suramericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da primeira guerra mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización no Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.
O boicot
editarTrala adxudicación do torneo ao Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.
Só Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.
Equipos participantes
editarGrupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
---|---|---|---|
Arxentina Chile Francia México |
Bolivia Brasil Iugoslavia |
Perú Romanía Uruguai |
Bélxica Estados Unidos Paraguai |
Sedes
editarCidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|
Montevideo | Estadio Centenario | 65.000 |
Estadio Gran Parque Central | 20.000 | |
Estadio Pocitos | 10.000 |
Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentro destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.
Resultados
editarOs horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)
Primeira fase
editarGrupo 1
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arxentina | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | 6 |
Chile | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | 2 |
Francia | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | 1 |
México | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | -9 |
Francia | 4 - 1 | México | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 1.000 Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai) |
Laurent 19' Langiller 40' Maschinot 43' 87' |
Informe |
Carreño 70' | |
Arxentina | 1 - 0 | Francia | 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 3.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Monti 81' | Informe |
||
Chile | 3 - 0 | México | 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 500 Árbitro: Henry Christophe (Bélxica) |
Subiabre 3' 52' Vidal 65' |
Informe |
||
Chile | 1 - 0 | Francia | 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 2.000 Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
Subiabre 65' | Informe |
||
Arxentina | 6 - 3 | México | 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 5.000 Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia) |
Stábile 8' 17' 80' Zumelzú 12' 55' Varallo 53' |
Informe |
Rosas 42' (pen.) 65' Gayón 75' | |
Arxentina | 3 - 1 | Chile | 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Stábile 12' 13' Evaristo 51' |
Informe |
Subiabre 15' | |
Grupo 2
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Iugoslavia | 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 1 | 5 |
Brasil | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | 3 |
Bolivia | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | -8 |
Iugoslavia | 2 - 1 | Brasil | 14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 5.000 Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
Tirnanić 21' Bek 30' |
Informe |
Preguinho 62' | |
Iugoslavia | 4 - 0 | Bolivia | 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai) |
Bek 60' 67' Marjanović 65' Vujadinović 85' |
Informe |
||
Brasil | 4 - 0 | Bolivia | 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.200 Árbitro: John Balway (Francia) |
Moderato 37' 73' Preguinho 57' 83' |
Informe |
||
Grupo 3
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai | 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 5 | 0 |
Romanía | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 |
Perú | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 |
Romanía | 3 - 1 | Perú | 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 300¹ Árbitro: Alberto Warnken (Chile) |
Deşu 1' Barbu 85' Stanciu 85' |
Informe |
Souza 75' | |
Uruguai | 1 - 0 | Perú | 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 70.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Castro 65' | Informe |
||
Uruguai | 4 - 0 | Romanía | 21 de xullo de 1930 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Dorado 7' Scarone 26' Anselmo 31' Cea 35' |
Informe |
||
- ¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.
Grupo 4
editarEquipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Estados Unidos | 4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 0 |
Paraguai | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 |
Bélxica | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 |
Estados Unidos | 3 - 0 | Bélxica | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 10.000 Árbitro: José Macías (Arxentina) |
McGhee 41' 45' Patenaude 88' |
Informe |
||
Estados Unidos | 3 - 0 | Paraguai | 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 Árbitro: José Macías (Arxentina) |
Patenaude 10' 15' 50' | Informe |
||
Paraguai | 1 - 0 | Bélxica | 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 900 Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai) |
Vargas Peña 40' | Informe |
||
Segunda fase
editarSemifinais | Final | ||||||
Uruguai | 6 | ||||||
Iugoslavia | 1 | ||||||
Uruguai | 4 | ||||||
Arxentina | 2 | ||||||
Arxentina | 6 | ||||||
Estados Unidos | 1 |
Semifinais
editarArxentina | 6 - 1 | Estados Unidos | 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Monti 20' Scopelli 56' Stábile 69' 87' Peucelle 80' 85' |
Informe |
Brown 89' | |
Uruguai | 6 - 1 | Iugoslavia | 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Cea 18' 67' 72' Anselmo 20' 31' Iriarte 61' |
Informe |
Sekulić 4' | |
Terceiro posto
editarIugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, os Estados Unidos obtiveron o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.[5]
Final
editar- Artigo principal: Final do Mundial de Fútbol de 1930.
Uruguai | 4 - 2 | Arxentina | 30 de xullo de 1930, 14:15 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Dorado 12' Cea 57' Iriarte 68' Castro 89' |
Informe |
Peucelle 20' Stábile 37' | |
Campión do Mundo |
---|
Uruguai Primeiro título |
Goleadores
editarCon oito goles, o arxentino Guillermo Stábile foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 70 goles por 36 xogadores, dos cales un foi considerado en propia meta.
- 8 goles
- 5 goles
- 4 goles
- 3 goles
- 2 goles
- 1 gol
- 1 autogol
|
Clasificación retrospectiva
editarEn 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[6] A clasificación de 1930 foi a seguinte:
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Uruguai | 3 | 4 | 4 | 0 | 0 | 15 | 3 | +12 | 8 |
2 | Arxentina | 1 | 5 | 4 | 0 | 1 | 18 | 9 | +9 | 8 |
3 | Estados Unidos | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 | +1 | 4 |
4 | Iugoslavia | 2 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 7 | 0 | 4 |
Eliminados na fase de grupos | ||||||||||
5 | Chile | 1 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | +2 | 4 |
6 | Brasil | 2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | +3 | 2 |
7 | Francia | 1 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | +1 | 2 |
8 | Romanía | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 | −2 | 2 |
9 | Paraguai | 4 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 | −2 | 2 |
10 | Perú | 3 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 | −3 | 0 |
11 | Bélxica | 4 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 | −4 | 0 |
12 | Bolivia | 2 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | −8 | 0 |
13 | México | 1 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | −9 | 0 |
Notas
editar- ↑ "1930 FIFA World Cup Uruguay". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020.
- ↑ Combe, Eduardo (4 de xaneiro de 2018). "¿Qué país organizó el primer Mundial de la historia, en 1930?" [Que país organizou o primeiro Mundial da historia en 1930?]. depor.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.
- ↑ "Estadio Centenario". Stadium Guide (en inglés).
- ↑ "World Cup 1930 Uruguay. Top Scorer". World Football (en inglés).
- ↑ "Historia dos Mundiais". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2010.
- ↑ "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Uruguai 1930 en fifa.com Arquivado 04 de abril de 2019 en Wayback Machine.