Jules Rimet

político francés

Jules Rimet, nado o 14 de outubro de 1873 en Theuley-les-Lavoncourt (Francia) e finado en Berna (Suíza) o 16 de outubro de 1956, foi un avogado e dirixente deportivo, foi presidente da Federación Francesa de Fútbol, o terceiro e un dos máis importantes presidentes da FIFA, sendo o que propuxo a creación da Copa do Mundo de Fútbol.

Jules Rimet
Nome completoJules Ernest Séraphin Valentin Rimet
Nacemento14 de outubro de 1873
Lugar de nacementoTheuley
Falecemento16 de outubro de 1956
Lugar de falecementoSuresnes
Soterradocemiterio de Bagneux
NacionalidadeFrancia
Alma máterÉtablissement La Rochefoucauld
Ocupaciónavogado e dirixente deportivo
Premioscomendador da Lexión de Honor, Croix de guerre 1914–1918, Cavaleiro da Ordem Militar de Cristo, Ordem de Mérito da FIFA e Knight of the Order of Leopold
Na rede
Find a Grave: 10369601 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Educado nos seus comezos de maneira ríxida, estudou a carreira de avogado en París e, aínda que lle gustaba o fútbol, non o practicou, polo que se dedicou máis ben a axudar aos deportistas. Ao comezo da súa carreira como dirixente, que comezou en marzo de 1897, reuniuse cuns amigos para fundar o club Red Star, que hoxe aínda existe e que presidiu; logo, en 1910, fundouse a primeira liga francesa, da cal nove anos máis tarde fixo crear a Federación Francesa de Fútbol (FFF), que dirixiu desde 1919 a 1942.

Posteriormente vinculouse á FIFA como representante de Francia ante a mesma, ata que en 1921 foi designado presidente; alí trasladou a súa experiencia de líder e o seu amor ao Fútbol, que o impulsou a reorganizar a FIFA, que por entón estaba a piques de disolverse. Non só promoveu os torneos olímpicos de Fútbol dos anos vinte, senón a Copa Mundial de Fútbol, que era o seu soño máis prezado, e que se estableceu en 1928 e celebrouse, en 1930, no Uruguai, país que quedou campión. En 1946, no congreso de Luxemburgo, o seu nome denominou oficialmente a Copa até 1970. Logo en 1954 foi nomeado presidente honorífico da FIFA, tras cumprir o seu período de mandato como presidente, á idade de 81 anos. Ao ano seguinte foi nomeado para o Premio Nobel da Paz.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar