Selección de fútbol dos Estados Unidos de América
Estados Unidos | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
| |||
Asociación | United States Soccer Federation — USSF | ||
Confederación | CONCACAF (Norteamérica) | ||
Código FIFA | USA | ||
Alcume | The Yanks | ||
Clasificación FIFA | 13 (5 de xuño de 2014) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | ![]() | ||
Máis partidos | Cobi Jones (164) | ||
Máximo goleador | Landon Donovan (57) | ||
Estrea internacional Suecia ![]() ![]() Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916 | |||
Maior vitoria Estados Unidos ![]() ![]() Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008 | |||
Maior derrota Noruega ![]() ![]() Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948 | |||
Campionato do Mundo | |||
Participacións | 10 (Uruguai 1930) | ||
Mellor resultado | 3º (1930) | ||
Copa de Ouro | |||
Participacións | 13 (1985) | ||
Mellor resultado | 1º (6) (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017) |
A selección de fútbol dos Estados Unidos representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola United States Soccer Federation (US Soccer) e de acordo coa clasificación mundial da FIFA é a décimo terceira mellor selección do mundo (14 de xullo de 2010), así como a primeira da CONCACAF, a organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe.
Estados Unidos participou nas últimas seis edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés catro Copas de Ouro da CONCACAF gañadas en dez participacións.
HistoriaEditar
O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección de Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.
O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra Arxentina e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.
Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.
O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.
UniformeEditar
Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante Canadá, os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.
ResultadosEditar
Copa Mundial de FútbolEditar
Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Semifinais | 3° | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 |
Italia 1934 | Primeira fase | 16° | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 7 |
Francia 1938 | Non clasificado | |||||||
Brasil 1950 | Primeira fase | 10° | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 |
Suíza 1954 | Non clasificado | |||||||
Suecia 1958 | ||||||||
Chile 1962 | ||||||||
Inglaterra 1966 | ||||||||
México 1970 | ||||||||
Alemaña 1974 | ||||||||
Arxentina 1978 | ||||||||
España 1982 | ||||||||
México 1986 | ||||||||
Italia 1990 | Primeira fase | 23° | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 8 |
Estados Unidos 1994 | Oitavos de final | 14° | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 |
Francia 1998 | Primeira fase | 32° | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 |
Corea/Xapón 2002 | Cuartos de final | 8° | 5 | 2 | 1 | 2 | 7 | 7 |
Alemaña 2006 | Primeira fase | 25° | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 |
Suráfrica 2010 | Oitavos de final | 12° | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 |
Brasil 2014 | Oitavos de final | 15 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 |
Rusia 2018 | Non clasificado | |||||||
Total | - | 25° | 29 | 7 | 5 | 17 | 32 | 56 |
Copa de OuroEditar
Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estados Unidos 1991 | Campión | 1° | 5 | 4 | 1 | 0 | 10 | 3 |
Estados Unidos/México 1993 | Subcampión | 2° | 4 | 4 | 0 | 1 | 5 | 5 |
Estados Unidos 1996 | Semifinais | 3° | 2 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 |
Estados Unidos 1998 | Subcampión | 2° | 4 | 3 | 0 | 1 | 6 | 2 |
Estados Unidos 2000 | Cuartos de final | 5° | 2 | 2 | 1 | 0 | 6 | 2 |
Estados Unidos 2002 | Campión | 1° | 5 | 4 | 1 | 0 | 9 | 1 |
Estados Unidos/México 2003 | Semifinais | 3° | 4 | 3 | 0 | 1 | 10 | 2 |
Estados Unidos 2005 | Campión | 1° | 5 | 4 | 2 | 0 | 11 | 3 |
Estados Unidos 2007 | Campión | 1° | 6 | 6 | 0 | 0 | 13 | 3 |
Estados Unidos 2009 | Subcampión | 2° | 6 | 4 | 1 | 1 | 12 | 8 |
Estados Unidos 2011 | Subcampión | 2° | 6 | 4 | 0 | 2 | 9 | 6 |
Estados Unidos 2013 | Campión | 1° | 6 | 6 | 0 | 0 | 20 | 4 |
Estados Unidos 2015 | Semifinais | 4° | 6 | 3 | 2 | 1 | 12 | 5 |
Estados Unidos 2017 | Campión | 1° | 6 | 5 | 1 | 0 | 13 | 4 |
Total | - | 2° | 47 | 32 | 6 | 5 | 80 | 31 |
XogadoresEditar
Máis partidos disputadosEditarActualizado a 22 de xullo de 2010.[1]
|
Máximos goleadores da selecciónEditarActualizado a 22 de xullo de 2010.[1]
|
AdestradoresEditar
|
|
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "U.S. Men's National Team Player Registry". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2010.