Mundial de Fútbol de 2014

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Copa Mundial de Fútbol de 2014»)

A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2014
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
MascotaFuleco Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorAdidas Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónItaipava Arena Pernambuco (São Lourenço da Mata (pt) Traducir)
Arena das Dunas (Natal)
Estádio Beira-Rio (Praia de Belas (pt) Traducir)
Estádio Governador Plácido Castelo (Fortaleza)
Arena da Amazônia (Manaus)
Arena da Baixada (Curitiba)
Arena Corinthians (Itaquera (pt) Traducir)
Estádio do Maracanã (Maracanã)
Mineirão (Belo Horizonte)
Estádio Nacional Mané Garrincha (Brasilia)
Arena Pantanal (Cuiabá)
Arena Fonte Nova (Salvador) Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo12 de xuño de 2014 – 13 de xullo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Número de edición20  (2014) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlemaña Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor en Wikidata
Goles171 Editar o valor en Wikidata
Xogador máis valiosoLionel MessiArxentina
Máis goles marcadosJames RodríguezAlemaña (6)
Mellor porteiroManuel Neuer
Mellor xogador mozoPaul Pogba Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores3.429.873 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfifa.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: 2014fifaworldcupbrazil Editar o valor en Wikidata

En 2004, a FIFA elixiu a Suramérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergaría a Copa do Mundo de Fútbol de 2014. Alemaña proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na súa historia, nunha disputada final contra Arxentina na que gañou 0-1 cun gol de Mario Götze a sete minutos do final da segunda parte da prórroga.

Elección da sede

editar
 
Joseph Blatter anunciando a elección do Brasil.

O 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollera o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Uns meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, a CONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia se postulaban como candidatos para albergaren a cita mundialista.[1] A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura e seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país.[2] Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando o Brasil como o único candidato.[3]

Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Xaneiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio en Porto Alegre, declara que os estadios non cumprían todos os requisitos precisos para albergaren a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acolleren encontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, mais o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades seleccionadas (incluída a candidatura conxunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en Zürich, Suíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estivo nas cidades de São Paulo, Río de Xaneiro, Belo Horizonte, Brasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final.[4][5] Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.[6]

Organización

editar
 
Dilma Rousseff e Pelé seguindo os traballos en Belo Horizonte.

Dezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como candidatas para albergaren partidos da Copa do Mundo: Belém, Belo Horizonte, Brasilia, Campo Grande, Cuiabá, Curitiba, Florianópolis, Fortaleza, Goiânia, Maceió, Manaus, Natal, Porto Alegre, Recife, Río Branco, Río de Xaneiro, Salvador e São Paulo.[7] De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país, a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.[8]

As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maio de 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco;[9] mentres que Maceió xa retirara a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xeito que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que aconteceu no mundial de 1950 cando os partidos se concentraran nas rexións Sur e Sueste.[10] Con todo, como resultado, os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasilia, Fortaleza, Recife, Río de Xaneiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.

O investimento total reportado para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses.[11] Cinco estadios foron construídos desde cero especificamente para a Copa do Mundo, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasilia foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados.[12] O Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro, que aínda ostenta o récord de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199 854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partido inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financeiras para as melloras requiridas.[13] O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Goberno de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.

O primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte.[14] De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Río.[15][16] Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pola do Maracanã do Río de Xaneiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasilia, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, en São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiveron presentes diversas autoridades gobernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.

Estadios

editar
  Río de Xaneiro, RJ   Brasilia, DF   São Paulo, SP   Fortaleza, CE
Estádio do Maracanã Estádio Nacional Arena de São Paulo Estádio Castelão

22°54′43.8″S 43°13′48.59″O / -22.912167, -43.2301639 (Estádio do Maracanã)

15°47′0.6″S 47°53′56.99″O / -15.783500, -47.8991639 (Estádio Nacional Mané Garrincha)

23°32′43.91″S 46°28′24.14″O / -23.5455306, -46.4733722 (Arena de São Paulo)

3°48′26.16″S 38°31′20.93″O / -3.8072667, -38.5224806 (Estádio Castelão)

Capacidade: 76 935
(remodelado)
Capacidade: 70 042
(remodelado)
Capacidade: 68 000
(estadio novo)
Capacidade: 64 846
(remodelado)
       
  Belo Horizonte, MG   Porto Alegre, RS
Estádio Mineirão Estádio Beira-Rio

19°51′57″S 43°58′15″O / -19.86583, -43.97083 (Estádio Mineirão)

30°3′56.21″S 51°14′9.91″O / -30.0656139, -51.2360861 (Estádio Beira-Rio)

Capacidade: 62 547
(remodelado)
Capacidade: 51 300
(remodelado)
 
  Salvador, BA   Recife, PE
Arena Fonte Nova Arena Pernambuco

12°58′43″S 38°30′15″O / -12.97861, -38.50417 (Arena Fonte Nova)

8°2′24″S 35°0′29″O / -8.04000, -35.00806 (Arena Pernambuco)

Capacidade: 56 000
(remodelado)
Capacidade: 46 154
(estadio novo)
   
  Cuiabá, MT   Manaus, AM   Natal, RN   Curitiba, PR
Arena Pantanal Arena da Amazônia Arena das Dunas Arena da Baixada

15°36′11″S 56°7′14″O / -15.60306, -56.12056 (Arena Pantanal)

3°4′59″S 60°1′41″O / -3.08306, -60.02806 (Arena Amazônia)

5°49′44.18″S 35°12′49.91″O / -5.8289389, -35.2138639 (Arena das Dunas)

25°26′54″S 49°16′37″O / -25.44833, -49.27694 (Arena da Baixada)

Capacidade: 42 968
(estadio novo)
Capacidade: 42 374
(estadio novo)
Capacidade: 42 086
(estadio novo)
Capacidade: 43 981
(remodelado)
       

Campamentos base

editar

O 31 de xaneiro de 2014 a FIFA e o Comité Organizador anunciaron a localización dos campamentos base e lugares de adestramento das 32 seleccións participantes.[17]

Equipo Cidade Estado Equipo Cidade Estado
  Alemaña   Santa Cruz Cabrália   Baía   Estados Unidos   São Paulo   São Paulo
  Alxeria   Sorocaba   São Paulo   Francia   Ribeirão Preto   São Paulo
  Arxentina   Vespasiano   Minas Xerais   Ghana   Maceió   Alagoas
  Australia   Vitória   Espírito Santo   Grecia   Aracaju   Sergipe
  Bélxica   Mogi das Cruzes   São Paulo   Honduras   Porto Feliz   São Paulo
  Bosnia e Hercegovina   Guarujá   São Paulo   Inglaterra   Río de Xaneiro   Río de Xaneiro
  Brasil   Teresópolis   Río de Xaneiro   Irán   Guarulhos   São Paulo
  Camerún   Vitória   Espírito Santo   Italia   Mangaratiba   Río de Xaneiro
  Chile   Belo Horizonte   Minas Xerais   Xapón   Itu   São Paulo
  Colombia   Cotia   São Paulo   México   Santos   São Paulo
  Corea do Sur   Foz do Iguaçu   Paraná   Nixeria   Campinas   São Paulo
  Costa do Marfil   Águas de Lindóia   São Paulo   Países Baixos   Río de Xaneiro   Río de Xaneiro
  Costa Rica   Santos   São Paulo   Portugal   Campinas   São Paulo
  Croacia   Mata de São João   Baía   Rusia   Itu   São Paulo
  Ecuador   Viamão   Río Grande do Sur   Suíza Porto Seguro   Baía
  España   Curitiba   Paraná   Uruguai   Sete Lagoas   Minas Xerais

Logotipo

editar
 
Cerimonia de presentación do logo oficial.

O logotipo oficial da Copa do Mundo do Brasil 2014, creado pola axencia brasileira África, recibe o nome de "Inspiração". O proxecto está baseado nunha fotografía icónica de tres mans vitoriosas xuntas levantando o Trofeo que acredita ao campión do evento. Ademais da noción humanitaria das mans en interligazón, a representación das mans xunto co uso simbólico do verde e amarelo da bandeira do Brasil, simbolizan tamén ao pobo brasileiro dando calorosas benvidas ao mundo. O logotipo foi presentado nunha cerimonia realizada en Xohanesburgo, Suráfrica, o 8 de xullo de 2010.[18]

A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) e o Comité Organizador Local (COL) Brasil 2014 convidaron a vinte e cinco axencias brasileiras a presentaren proxectos para o emblema oficial do torneo, a tarefa de escoller o vencedor foi delegada a un grupo de xuíces composto polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol, Ricardo Teixeira, o secretario xeral da FIFA, Jérôme Valcke, a supermodelo Gisele Bündchen, o arquitecto Oscar Niemeyer, o novelista Paulo Coelho, a cantante Ivete Sangalo e o deseñador Hans Donner. Antes de desvelar o logotipo, os grupos de música brasileiros Barbatuques e Bossacucanova, así como a cantante gañadora dun Grammy Vanessa da Mata ofreceron un espectáculo presentado por Fernanda Lima e Rodrigo Hilbert.[18]

A comunidade brasileira de deseñadores reaccionou con duras críticas á identidade visual escollida.[19] Segundo Alexandre Wollner, un dos precursores do deseño moderno brasileiro e un dos maiores profesionais da área no país,[20] o deseño semella unha man cubrindo o rostro de vergoña, sinalou ademais que o proceso de escolla por un xurado que excluía deseñadores gráficos profesionais, non fora correcto.[21]

Balón

editar

O "Brazuca" é o balón oficial para o mundial. A pelota, fabricada por Adidas, foi presentada o martes 3 de decembro de 2013, dous días antes que tivese lugar o sorteo de equipos para os grupos, aínda que habitualmente adoitase presentarse o mesmo día. A presentación tivo lugar na cidade do Río de Xaneiro, no Parque Lage, acompañada con efectos de luz en 3D. O seu nome foi escollido o 2 de setembro de 2012, após unha votación na que participaron máis dun millón de seareiros do país anfitrión. Entre os nomes máis votados destacaron o "Brazuca" (77,8%), finalmente vencedor, o "Bossa Nova" (14,6%) e o "Carnavalesca" (7,6%). De acordo coa FIFA, "Brazuca é un termo informal, utilizado polos brasileiros para describir o orgullo nacional polo estilo de vida do país. Simboliza emoción, orgullo e boa vontade con todos, de forma semellante á abordaxe local ao fútbol".[22]

O Brazuca, antes da súa presentación ao mundo, tivo que superar esixentes probas durante máis de dous anos e medio, das que formaron parte máis de 600 dos mellores xogadores de fútbol de todo o mundo, así como 30 equipos de máis de dez países pertencentes a tres continentes distintos, para garantir a súa adaptabilidade a calquera terreo de xogo. Debido a isto é o balón que máis probas debeu superar na historia da compañía xermana. Os equipos de fútbol que participaron nas devanditas probas son entre outros, o AC Milan, o Bayern München, o Palmeiras ou o Fluminense. Algúns dos xogadores involucrados durante o proceso foron estrelas de fútbol como Lionel Messi, Bastian Schweinsteiger ou Zinedine Zidane.[23]

Cartel

editar

O cartel oficial do mundial é a principal marca visual do evento. O deseño retrata dúas pernas de xogadores disputando unha bóla, que xuntas forman a parte inferior do contorno do mapa do Brasil, no cal se le a inscrición "2014 Copa do Mundo da Fifa Brasil". Unha vista máis detallada da mesma figura revela símbolos da fauna, flora e cultura de cada rexión do país, como o piso do paseo de Copacabana, a capoeira, a danza do frevo, as baianas, o chimarrão e un balón de fútbol.[24]

Escollido entre diversos concorrentes, o póster foi creado pola deseñadora da axencia Crama, Karen Haidinger. A presentación foi realizada polos embaixadores da Copa do Mundo: Marta, Ronaldo, Bebeto, Carlos Alberto e Amarildo, coa ausencia do ex-técnico e xogador Zagallo, o día 30 de xaneiro de 2013.[25] O símbolo foi elixido por unha comisión xulgadora formada polo secretario xeral da Federación Internacional de Fútbol (FIFA), Jérôme Valcke, pola Ministra da Cultura Marta Suplicy, polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol e do Comitê Organizador Local (COL), José Maria Marin, polo artista plástico Romero Britto, e polos ex xogadores Ronaldo e Bebeto, integrantes do consello do COL.[25]

Mascota

editar
Artigo principal: Fuleco.

"Fuleco" é a mascota oficial do torneo. É un tatú da especie Tolypeutes tricinctus (tatú-bóla brasileiro), cuxo nome une as palabras tbol (Ful) e Ecoloxía (Eco). A mascota foi elixida pola FIFA en marzo de 2012 tras vencer a outras candidatas como a arara, un paxaro colorido; o Saci Pererê, unha coñecida personaxe do folclore brasileiro que representa un mozo indíxena cunha soa perna; e o xaguar, un félido oriúndo de América. Fuleco foi presentado ao público como mascota oficialmente o 16 de novembro de 2012.[26] A idea de propoñer como candidato este animal xurdiu da ONG cearense Associação Caatinga.[27] A campaña gañou repercusión nas redes sociais e, o 29 de febreiro de 2012, entregóuselle un expediente aos representantes do Ministerio de Deporte. O tatú-bóla-da-caatinga é unha espécie endémica do Brasil e, de acordo coa Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN), encóntrase ameazada de extinción, con estado de conservación vulnerábel.

A identidade visual da mascota componse dun tatú de cor amarela, coa carapa azul, vestindo un calzón verde e unha camiseta branca na cal está escrito "Brasil 2014". Para decidir o nome, abriuse unha votación pública. "Amijubi" (palabra formada pola fusión de amizade e xúbilo), "Fuleco" (xunción de fútbol e ecoloxía) e "Zuzeco" (mestura de azul e ecoloxía) foron os nomes postulantes. Finalmente, co 48% dos 1,7 millóns de votos por Internet no Brasil e no mundo, "Fuleco" foi escollido como nome oficial da mascota e anunciado o 25 de novembro de 2012. Zuzeco obtivo o 31% e Amijubi o 21% dos votos.[27]

Segundo a organización Fuleco é un tatú amigábel e moi sociábel. Apoia a conservación do medio ambiente coa súa filosofía ecoloxista, fomentando ademais a cultura do deporte. Está sempre a brinca, xa que lle gusta fecharse na súa propia carapa confundindo os seus amigos cun balón. Usualmente fai a "viravolta do tatú" cando mete gol. É curioso e gústalle explorar. Tamén lle gusta escoitar música, sobre todo brasileira, usar as redes sociais e seguir a filosofía do xogo limpo en calquera lugar; ver películas animadas; ler cómics e xogar videoxogos na súa computadora. A súa dieta consiste en verduras, froitas, froitos secos e sementes, incluíndo a anacardio, coñecido no Brasil como cajueiro.[28]

Clasificación

editar

O sorteo para a clasificación para o Mundial realizouse en Río de Xaneiro o 30 de xullo de 2011.[29] Como país organizador, Brasil clasificouse automaticamente para o Mundial. As fases de clasificación comezaron o 15 de xuño de 2011, e remataron o 20 de novembro de 2013, e participaron 203 das 208 seleccións da FIFA.

24 dos 32 clasificados estiveron presentes no anterior Mundial, mentres que a única selección debutante é a de Bosnia e Hercegovina, que participa por primeira vez como país independente. A rexión de Oceanía quedou sen ningún representante por primeira vez dende o ano 2002.

Lista de participantes

editar
AFC (4)
CAF (5)
OFC (0)
  • Ningún clasificado
CONCACAF (4)
CONMEBOL (6)
UEFA (13)
 
     Países clasificados ao Mundial      Países non clasificados ao Mundial      Países que non participaron na clasificación      País non membro da FIFA

Grupos

editar
Grupo para o sorteo 1 Grupo para o sorteo 2 Grupo para o sorteo 3 Grupo para o sorteo 4

  Brasil
  Alemaña
  Arxentina
  Bélxica
  Colombia
  España
  Uruguai
  Suíza

  Alxeria
  Camerún
  Chile
  Costa do Marfil
  Ecuador
  Ghana
  Italia (procede do grupo 4)
  Nixeria

  Australia
  Corea do Sur
  Costa Rica
  Estados Unidos
  Honduras
  Irán
  México
  Xapón

  Bosnia e Hercegovina
  Croacia
  Francia
  Grecia
  Inglaterra
  Países Baixos
  Portugal
  Rusia

Grupos finais
Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D
  Brasil   España   Colombia   Uruguai
  Croacia   Países Baixos   Grecia   Costa Rica
  México   Chile   Costa do Marfil   Inglaterra
  Camerún   Australia   Xapón   Italia
Grupo E Grupo F Grupo G Grupo H
  Suíza   Arxentina   Alemaña   Bélxica
  Ecuador   Bosnia e Hercegovina   Portugal   Alxeria
  Francia   Irán   Ghana   Rusia
  Honduras   Nixeria   Estados Unidos   Corea do Sur

Calendario

editar

Os horarios corresponden á hora de Brasilia (UTC-3). Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Primeira fase

editar

Grupo A

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Brasil 7 3 2 1 0 7 2 +5
  México 7 3 2 1 0 4 1 +3
  Croacia 3 3 1 0 2 6 6 0
  Camerún 0 3 0 0 3 1 9 -8


Brasil 3 - 1 Croacia 12 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 103
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Neymar   29'   71' (pen.)
Oscar   90+1'
Informe
Marcelo   11' (p.m.)
 
México 1 - 0 Camerún 13 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39 216
Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia)
Peralta   61' Informe
 


Brasil 0 - 0 México 17 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 60 342
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Informe
 
Camerún 0 - 4 Croacia 18 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 39 982
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Informe
Olić   11'
Perišić   48'
Mandžukić   61'   73'
 


Camerún 1 - 4 Brasil 23 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 69 112
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Matip   26' Informe
Neymar   17'   35'
Fred   49'
Fernandinho   84'
 
Croacia 1 - 3 México 23 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 212
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Perišić   87' Informe
Márquez   72'
Guardado   75'
Hernández   82'
 

Grupo B

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Países Baixos 9 3 3 0 0 10 3 +7
  Chile 6 3 2 0 1 5 3 +2
  España 3 3 1 0 2 4 7 -3
  Australia 0 3 0 0 3 3 9 -6


España 1 - 5 Países Baixos 13 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 48 173
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Alonso   27' (pen.) Informe
Van Persie   44'   72'
Robben   53'   80'
De Vrij   64'
 
Chile 3 - 1 Australia 13 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 275
Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil)
Sánchez   12'
Valdívia   14'
Beausejour   90+2'
Informe
Cahill   35'
 


Australia 2 - 3 Países Baixos 18 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 42 877
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Cahill   21'
Jedinak   54' (pen.)
Informe
Robben   20'
Van Persie   58'
Depay   68'
 
España 0 - 2 Chile 18 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 101
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Informe
Vargas   20'
Aránguiz   43'
 


Australia 0 - 3 España 23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 375
Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain)
Informe
Villa   36'
Torres   69'
Mata   82'
 
Países Baixos 2 - 0 Chile 23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 996
Árbitro: Bakary Gassama (Gambia)
Fer   77'
Memphis   90+2'
Informe
 

Grupo C

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Colombia 9 3 3 0 0 9 2 +7
  Grecia 4 3 1 1 1 2 4 -2
  Costa do Marfil 3 3 1 0 2 4 5 -1
  Xapón 1 3 0 1 2 2 6 -4


Colombia 3 - 0 Grecia 14 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 174
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Armero   5'
Gutiérrez   58'
Rodríguez   90+3'
Informe
 
Costa do Marfil 2 - 1 Xapón 14 de xuño de 2014, 22:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 40 267
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Bony   64'
Gervinho   66'
Informe
Honda   16'
 


Colombia 2 - 1 Costa do Marfil 19 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 748
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Rodríguez   64'
Quintero   70'
Informe
Gervinho   73'
 
Xapón 0 - 0 Grecia 19 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 40 267
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Informe
 


Xapón 1 - 4 Colombia 24 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 340
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Okazaki   45+1' Informe
Cuadrado   17' (pen.)
Martínez   55'   82'
Rodríguez   90'
 
Grecia 2 - 1 Costa do Marfil 24 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 59 095
Árbitro: Carlos Vera (Ecuador)
Samaris   42'
Samaras   90+3' (pen.)
Informe
Bony   74'
 

Grupo D

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Costa Rica 7 3 2 1 0 4 1 +3
  Uruguai 4 3 1 1 1 4 4 0
  Italia 4 3 1 1 1 2 3 -1
  Inglaterra 1 3 0 1 2 2 4 -2


Uruguai 1 - 3 Costa Rica 14 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 58 679
Árbitro: Felix Brych (Alemaña)
Cavani   24' (pen.) Informe
Campbell   54'
Duarte   57'
Ureña   84'
 
Inglaterra 1 - 2 Italia 14 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 39.800
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Sturridge   37' Informe
Marchisio   35'
Balotelli   50'
 


Uruguai 2 - 1 Inglaterra 19 de xuño de 2014, 16:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 62 575
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Suárez   39'   85' Informe
Rooney   75'
 
Italia 0 - 1 Costa Rica 20 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 40 285
Árbitro: Enrique Osses (Chile)
Informe
Ruiz   44'
 


Italia 0 - 1 Uruguai 24 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39 706
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Informe
Godín   81'
 
Costa Rica 0 - 0 Inglaterra 24 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 823
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Informe
 

Grupo E

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Francia 7 3 2 1 0 8 2 +6
  Suíza 6 3 2 0 1 7 6 +1
  Ecuador 4 3 1 1 1 3 3 0
  Honduras 0 3 0 0 3 1 8 -7


Suíza 2 - 1 Ecuador 15 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 351
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Mehmedi   48'
Seferović   90+3'
Informe
Valencia   22'
 
Francia 3 - 0 Honduras 15 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 012
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Benzema   45' (pen.)   72'
Valladares   48' (p.m.)
Informe
 


Suíza 2 - 5 Francia 20 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 003
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Džemaili   81'
Xhaka   87'
Informe
Giroud   17'
Matuidi   18'
Valbuena   40'
Benzema   67'
Sissoko   73'
 
Honduras 1 - 2 Ecuador 20 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39. 224
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Costly   31' Informe
E. Valencia   34'   65'
 


Honduras 0 - 3 Suíza 25 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 40 322
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Informe
Shaqiri   6'   31'   71'
 
Ecuador 0 - 0 Francia 25 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 749
Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil)
Informe
 

Grupo F

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Arxentina 9 3 3 0 0 6 3 +3
  Nixeria 4 3 1 1 1 3 3 0
  Bosnia e Hercegovina 3 3 1 0 2 4 4 0
  Irán 1 3 0 1 2 1 4 -3


Arxentina 2 - 1 Bosnia e Hercegovina 15 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 738
Árbitro: Joel Aguilar (O Salvador)
Kolašinac   3' (p.m.)
Messi   65'
Informe
Ibišević   84'
 
Irán 0 - 0 Nixeria 16 de xuño de 2014, 16:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 081
Árbitro: Carlos Vera (Ecuador)
Informe
 


Arxentina 1 - 0 Irán 21 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 698
Árbitro: Milorad Mažić (Serbia)
Messi   90+1' Informe
 
Nixeria 1 - 0 Bosnia e Hercegovina 21 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 40 499
Árbitro: Peter O'Leary (Nova Zelandia)
Odemwingie   29' Informe
 


Nixeria 2 - 3 Arxentina 25 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 285
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Musa   4'   47' Informe
Messi   3'   45+1'
Rojo   50'
 
Bosnia e Hercegovina 3 - 1 Irán 25 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 48 011
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Džeko   23'
Pjanić   59'
Vršajević   83'
Informe
Ghoochannejhad   82'
 

Grupo G

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Alemaña 7 3 2 1 0 7 2 +5
  Estados Unidos 4 3 1 1 1 4 4 0
  Portugal 4 3 1 1 1 4 7 -3
  Ghana 1 3 0 1 2 4 6 -2


Alemaña 4 - 0 Portugal 16 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 081
Árbitro: Milorad Mažić (Serbia)
Müller   12'   45+1'   78'
Hummels   32'
Informe
 
Ghana 1 - 2 Estados Unidos 16 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal
Asistencia: 39. 760
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Ayew   82' Informe
Dempsey   1'
Brooks   86'
 


Alemaña 2 - 2 Ghana 21 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 59 621
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Götze   51'
Klose   71'
Informe
A. Ayew   54'
Gyan   63'
 
Estados Unidos 2 - 2 Portugal 22 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus
Asistencia: 40 123
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Jones   64'
Dempsey   81'
Informe
Nani   5'
Varela   90+5'
 


Estados Unidos 0 - 1 Alemaña 26 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 876
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Müller   55'
 
Portugal 2 - 1 Ghana 26 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 67 540
Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain)
Boye   31' (p.m.)
Ronaldo   80'
Informe
Gyan   57'
 

Grupo H

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Bélxica 9 3 3 0 0 4 1 +3
  Alxeria 4 3 1 1 1 6 5 +1
  Rusia 2 3 0 2 1 2 3 -1
  Corea do Sur 1 3 0 1 2 3 6 -3


Bélxica 2 - 1 Alxeria 17 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 56 800
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Fellaini   70'
Mertens   80'
Informe
Feghouli   24' (pen.)
 
Rusia 1 - 1 Corea do Sur 17 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá
Asistencia: 37 603
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Kerzhakov   74' Informe
Lee Keun-ho   68'
 


Bélxica 1 - 0 Rusia 22 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 819
Árbitro: Felix Brych (Alemaña)
Origi   88' Informe
 
Corea do Sur 2 - 4 Alxeria 22 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 42 732
Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia)
Son Heung-min   50'
Koo Ja-cheol   72'
Informe
Slimani   26'
Halliche   28'
Djabou   38'
Brahimi   62'
 


Corea do Sur 0 - 1 Bélxica 26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 61 397
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Informe
Vertonghen   78'
 
Alxeria 1 - 1 Rusia 26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Baixada, Curitiba
Asistencia: 39 311
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Slimani   60' Informe
Kokorin   6'
 

Segunda fase

editar


Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
Belo Horizonte, 28 de xuño            
   Brasil (pen.)  1 (3) 
Fortaleza, 4 de xullo
   Chile  1 (2)   
   Brasil  2
Río de Xaneiro, 28 de xuño
     Colombia  1  
   Colombia  2
Belo Horizonte, 8 de xullo
   Uruguai  0  
   Brasil  1
Brasilia, 30 de xuño
     Alemaña  7  
   Francia  2
Río de Xaneiro, 4 de xullo
   Nixeria  0  
   Francia  0
Porto Alegre, 30 de xuño
     Alemaña  1  
   Alemaña (pro.)  2
Río de Xaneiro, 13 de xullo
   Alxeria  1  
   Alemaña (pro.)  1
Fortaleza, 29 de xuño
     Arxentina  0
   Países Baixos  2
Salvador, 5 de xullo
   México  1  
   Países Baixos (pen.)  0 (4) 
Recife, 29 de xuño
     Costa Rica  0 (3)   
   Costa Rica (pen.)  1 (5) 
São Paulo, 9 de xullo
   Grecia  1 (3)   
   Países Baixos  0 (2) 
São Paulo, 1 de xullo
     Arxentina (pen.)  0 (4)    Terceiro posto
   Arxentina (pro.)  1
Brasilia, 5 de xullo Brasilia, 12 de xullo
   Suíza  0  
   Arxentina  1    Brasil  0
Salvador, 1 de xullo
     Bélxica  0      Países Baixos  3
   Bélxica (pro.)  2
   Estados Unidos  1  


Oitavos de final

editar
Brasil 1 - 1
(Penaltis 3 - 2)
Chile 28 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 57 174
Árbitro: Howard Webb (Estados Unidos)
David Luiz   18'

David Luiz  
Willian  
Marcelo  
Hulk  
Neymar  
Informe
Sánchez   32'

  Pinilla
  Sánchez
  Aránguiz
  Díaz
  Jara
 
Colombia 2 - 0 Uruguai 28 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 73 804
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Rodríguez   28'   50' Informe
 


Países Baixos 2 - 1 México 29 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 58 817
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Sneijder   88'
Huntelaar   90+4' (pen.)
Informe
Dos Santos   48'
 
Costa Rica 1 - 1
(Penaltis 5 - 3)
Grecia 29 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife
Asistencia: 41 242
Árbitro: Ben Williams (Australia)
Ruiz   52'

Borges  
Ruiz  
González  
Campbell  
Umaña  
Informe
Papastathopoulos   90+1'

  Mitroglou
  Christodoulopoulos
  Holebas
  Gekas
 


Francia 2 - 0 Nixeria 30 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 67 882
Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos)
Pogba   79'
Yobo   90+2' (p.m.)
Informe
 
Alemaña 2 - 1
(Prórroga 0 - 0)
Alxeria 30 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre
Asistencia: 43 063
Árbitro: Sandro Ricci (Brasil)
Schürrle   92'
Özil   120+2'
Informe
Djabou   120+4'
 


Arxentina 1 - 0
(Prórroga 0 - 0)
Suíza 1 de xullo de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 63 255
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Di María   118' Informe
 
Bélxica 2 - 1
(Prórroga 0 - 0)
Estados Unidos 1 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 227
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
De Bruyne   93'
Lukaku   105'
Informe
Green   107'
 

Cuartos de final

editar
Francia 0 - 1 Alemaña 4 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 240
Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina)
Informe
Hummels   13'
 
Brasil 2 - 1 Colombia 4 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Castelão, Fortaleza
Asistencia: 60 342
Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España)
Thiago Silva   7'
David Luiz   69'
Informe
Rodríguez   80' (pen.)
 


Arxentina 1 - 0 Bélxica 5 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 551
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Higuaín   8' Informe
 
Países Baixos 0 - 0
(Penaltis 4 - 3)
Costa Rica 5 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador
Asistencia: 51 179
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Van Persie  
Robben  
Sneijder  
Kuyt  
Informe
  Borges
  Ruiz
  González
  Bolaños
  Umaña
 

Semifinais

editar
Brasil 1 - 7 Alemaña 8 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte
Asistencia: 58 141
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Oscar   90' Informe
Müller   11'
Klose   23'
Toni Kroos   24'   26'
Khedira   29'
Schürrle   69'   79'
 
Países Baixos 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
Arxentina 9 de xullo de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo
Asistencia: 63 267
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Vlaar  
Robben  
Sneijder  
Kuyt  
Informe
  Messi
  Garay
  Agüero
  Rodríguez
 

Terceiro posto

editar
Brasil 0 - 3 Países Baixos 12 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia
Asistencia: 68 034
Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria)
Informe
Van Persie   3' (pen.)
Blind   17'
Wijnaldum   90+1'
 
Alemaña 1 - 0
(Prórroga 0 - 0)
Arxentina 13 de xullo de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74 738
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Götze   113' Informe
 

Premios e recoñecementos

editar

Bota de Ouro

editar

Para a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[30]

 
James Rodríguez.
Xogador Selección GF AST MIN
  James Rodríguez   Colombia 6 2 399'
  Thomas Müller   Alemaña 5 3 682'
  Neymar   Brasil 4 1 457'
Lionel Messi   Arxentina 4 1 693'
Robin van Persie   Países Baixos 4 0 548'
Karim Benzema   Francia 3 2 450'
André Schürrle   Alemaña 3 1 244'
Arjen Robben   Países Baixos 3 2 690'
Enner Valencia   Ecuador 3 0 270'
Xherdan Shaqiri   Suíza 3 0 387'

Outros premios

editar

Controversias

editar
 
Graffiti en São Paulo en protesta pola organización do Mundial. Fíxose famoso en Internet e nos medios como mostra do descontento.
Prisión de manifestantes no día 25 contra a Copa do Mundo de 2014 da FIFA, en São Paulo.[31]

Os preparativos para o mundial estiveron empanados por atrasos nas obras[32][33][34][35][36] e protestas de varios sectores da sociedade brasileira, cuestionando o goberno e a FIFA por investir moito en grandes eventos deportivos (como o mundial e os Xogos Olímpicos de 2016) e esixindo melloras en varios sectores sociais, como saúde e educación.[37][38][39] A FIFA deféndese argumentando que:

A FIFA dedica 2 000 millóns de dólares a cubrir os custos operativos do Mundial. Este diñeiro non provén das arcas públicas, senón dos dereitos de televisión e de comercialización. O legado resultante dos investimentos do país anfitrión (estradas, aeroportos e sistemas de telecomunicacións, entre outros) seguirá vixente tralo certame. Segundo a Fundación Instituto de Investigacións Económicas brasileira, o Mundial xerará uns ingresos de 27 700 millóns de dólares para Brasil.

(...)

O presuposto brasileiro de educación non foi afectado polo crédito do Banco de Desenvolvemento para a construción dos estadios. Co fin de deixar a Brasil un legado que perdure, a FIFA creou o Fondo do Legado da Copa Mundial, no marco do cal se destinaron 20 millóns de dólares para a posta en marcha dos primeiros proxectos. O obxectivo é construír infraestruturas futbolísticas, fomentar o fútbol base e o feminino e levar a cabo iniciativas para educar os nenos en materia de saúde a través deste deporte. Desde que Brasil se adxudicou a organización da cita mundialista en 2007, o goberno do país anfitrión investiu máis de 340 000 millóns de dólares en educación e saúde.[40]
  1. People's Daily, ed. (19 de xaneiro de 2003). "Argentina, Brazil and Colombia want 2014 World Cup" (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2011. 
  2. Associated Press (28 de febreiro de 2007). El Universal, ed. "Blatter descarta a Colombia para el mundial 2014" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2014. Consultado o 3 de abril de 2014. 
  3. Axencia EFE (11 de abril de 2007). ESPN, ed. "No puede competir con Brasil" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2014. 
  4. "Brazil confirms bid – Colombia withdraws". Fifa.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2011. 
  5. Folha Online, ed. (30 de outubro de 2007). "FIFA oficializa Brasil como sede da Copa do Mundo-2014". Consultado o 3 de abril de 2014. 
  6. Folha Online, ed. (30 de outubro de 2007). "Brasil vê agora disputa interna para a definição das subsedes da Copa". Consultado o 3 de abril de 2014. 
  7. "FIFA's Inspection Report" (PDF) (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  8. BBC News, ed. (31 de maio de 2009). "Host cities – World Cup" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2014. 
  9. FIFA, ed. (12 de marzo de 2009). "Host Cities for Brazil 2014 to be announced in May" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  10. Monteiro, Marcelo (31 de maio de 2005). Globo Esporte, ed. "Sedes da Copa de 1950 voltam a ter a honra no Mundial de 2014". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  11. "Price tag rises for Brazil's World Cup stadiums". Goal.com. 28 November 2013. 
  12. "2014 Fifa World Cup: Where are the 12 host stadiums in Brazil?" (en inglés). BBC. 3 de decembro 2013. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  13. APP (17 de xuño de 2010). SBS, ed. "Sao Paulo dropped for 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2010. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  14. NewVision, ed. (28 de xaneiro de 2013). "Brazil's first 2014 World Cup stadium holds matches" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de abril de 2014. 
  15. SportsBusinessDaily, ed. (3 de maio de 2013). "Brazil's Fortaleza Becomes First World Cup City To Deliver Finished Stadium" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2014. 
  16. Financial Times, ed. (2 de maio de 2013). "Fortaleza first city to strike World Cup goal for Brazil" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2014. 
  17. FIFA.com, ed. (2014). "Sedes de treinamento das seleções" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de abril de 2014. 
  18. 18,0 18,1 FIFA.com, ed. (8 de xullo de 2010). "Journey to Brazil 2014 begins" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  19. Associação dos Designers Gráficos Brasil (ed.). "Copa do Mundo 2014: uma oportunidade desperdiçada?". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  20. Portal 2014, ed. (02 de xuño de 2010). "Designers gráficos criticam o logo da Copa 2014". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  21. Sousa, Dayanne (9 de xullo de 2010). Terra Magazine, ed. "Designer critica logo da Copa 2014: "É uma porcaria"". Consultado o 8 de xuño de 2014. 
  22. FIFA.com, ed. (2 de setembro de 2012). ""adidas Brazuca" – nome da Bola Oficial escolhido por torcedores brasileiros". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  23. Gorst, Paul (29 de maio de 2014). Mirror, ed. "Watch advert for Adidas Brazuca World Cup match ball before it goes on sale on Sunday". Consultado o 11 de xuño de 2014. 
  24. Baltar, Marcelo; Costa, Felippe; Iannacca, Márcio (30 de xaneiro de 2013). "Fifa divulga pôster oficial da Copa com referências à cultura brasileira". Globov Esporte. Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 
  25. 25,0 25,1 "Embaixadores da Copa do Mundo da FIFA apresentam cartaz oficial". FIFA.com. 30 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  26. Estadão, ed. (11 de setembro de 2012). "Fifa registra tatu-bola como mascote da Copa de 2014 e fará anúncio domingo". Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  27. 27,0 27,1 Globo Esporte, ed. (25 de novembro de 2012). "Mascote oficial da Copa do Mundo de 2014, tatu-bola já tem nome: Fuleco". Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  28. FIFA.com, ed. (2012). "Fuleco". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  29. "Rio draw pits Spain against France". FIFA.com. 30 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2013. 
  30. "Resultados da Bota de Ouro". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 14 de xullo de 2014. 
  31. "Vídeo mostra prisão de manifestantes que se escondiam em hotel no centro". 26 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  32. "Se agudiza preocupación en Brasil por retraso en obras a dos meses del Mundial". Santiago: La Tercera. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  33. "Brasil 2014: preocupa retraso en estadios a 49 días de inicio del mundial". Lima: El Popular. 24 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  34. "Retraso en los estadios limita la venta total de boletos para Brasil 2014". CNN México. 25 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  35. "MUNDIAL 2014: Valcke vuelve a advertir sobre retrasos en los estadios". Beijing: People Daily. 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  36. "Joseph Blatter volvió a criticar a Brasil por retrasos en entrega de estadios". Bogotá: Caracol TV. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  37. "Ola de protestas en Brasil contra el Mundial de Fútbol". Clarín. 16 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  38. "Fotos: Protestas contra la Copa Mundial de Fútbol 2014 recorren Brasil y el mundo". RT. 16 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  39. "Brasil-2014: El desafío de un Mundial bajo protestas". Teletica. 1° de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  40. "¿Sabías que...?" (PDF). The FIFA Weekly (31). 23 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar