Wayne Rooney

futbolista británico

Wayne Rooney, nado en Croxteth, preto de Liverpool, o 2 de outubro de 1985, é un exfutbolista e adestrador inglés, actual adestrador do Derby County dende 2020. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Manchester United, co que marcou 253 goles en 559 partidos. Foi 120 veces internacional coa selección de Inglaterra, coa que anotou 53 goles.

Wayne Rooney
Rooney CL.jpg
Información persoal
Nome Wayne Mark Rooney
Nacemento 2 de outubro de 1985 (36 anos)
Lugar de nacemento Liverpool
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual D.C. United (ad.)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Everton 67 (15)
2004–2017 Manchester United 393 (183)
2017–2018 Everton 31 (10)
2018–2020 DC United 48 (23)
2020–2021 Derby County 30 (6)
Total 569 (237)
Selección nacional
2000–2001 Inglaterra sub-15 4 (2)
2001–2002 Inglaterra sub-17 12 (7)
2002–2003 Inglaterra sub-19 1 (0)
2003–2018 Inglaterra 120 (53)
Adestrador
2020– Derby County
Na rede
http://www.officialwaynerooney.com
Facebook: WayneRooney Twitter: WayneRooney Instagram: waynerooney Discogs: 2941185 FIFA: 196842 UEFA: 63891 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xogador de clubEditar

Rooney comezou a súa carreira no Everton Football Club, e despois de dúas tempadas asinou co Manchester United por 25'6 millóns de libras. Dende entón acadou 4 Premier Leagues, 3 Carling Cups, 4 Community Shields, 1 Liga de Campións da UEFA e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA. A pesar de ser un dianteiro goleador, nunca gañou a Bota de Ouro da Premier League.

Xogador de selecciónEditar

Coa selección inglesa debutou en 2003, e despois disputou a Eurocopa de Portugal 2004 (4 goles), o Mundial de Alemaña 2006 (0 goles), e o Mundial de Suráfrica 2010 (0 goles), caendo sempre en cuartos ou en oitavos de final.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar