Community Shield
A Football Association Community Shield, antigamente Charity Shield e tamén chamada Supercopa de Inglaterra, é un trofeo anual xogado en Inglaterra, onde xogan o campión da Premier League e a FA Cup da pasada tempada. Se un equipo fai un dobrete, é dicir gaña ambos títulos o mesmo ano, entón participaría o segundo clasificado da liga. O partido xógase ao comezo da tempada, tradicionalmente en Wembley.
Nome na lingua orixinal | (en-gb) Football Association Community Shield |
---|---|
Tipo | Trofeo |
Deporte | fútbol |
Organizador | The Football Association (pt) |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
País | Reino Unido |
Vixencia | 1908 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | thefa.com… |
A copa xogouse por primeira vez na tempada de 1908-09, substituíndo á Sheriff of London Charity Shield, que se empezara a xogar en 1898, con todo a Sheriff of London Charity Shield reapareceu máis tarde nalgunhas ocasións xunto á Charity Shield. Os partidos desta competición eran profesionais contra afeccionados. O primeiro partido foi entre o Manchester United (profesionais) e Queens Park Rangers (afeccionados). A competición nesa época non estaba moi considerada e os partidos eran informais.
Despois dos partidos de profesionais contra afeccionados o formato de competición foi evolucionando gradualmente en partidos entre os gañadores da liga e a copa. Porén, houbo excepcións, como na edición de 1950, onde xogaron a selección de Inglaterra do mundial contra o gañador da Copa. A data do xogo foi movida ao comezo da tempada en 1959, e en 1974 o secretario da FA, Ted Croker, creou o formato actual cos partidos sempre sendo xogados entre o gañador da liga e a copa no estadio nacional e os ingresos destinados a caridade (de aí o nome inglés da competición, Charity Shiel, ou Copa da Caridade). O partido é decidido no mesmo día con tempo extra e penaltis se preciso, aínda que entre 1975 e 1993 compartíase o trofeo se se empataba ao final do tempo de xogo.
Coa formación dunha nova liga, a Premier League en 1992, a Shield pasou a disputarse entre o gañador da Premier League e a FA Cup. A competición foi renomeada como Community Shield no ano 2002, sendo unha pequena cantidade destinada á caridade, mentres que o demais é para reformar a competición. O equipo máis laureado da competición é o Manchester United, gañador en 21 ocasións. A maior cantidade de goles nunha final foi o Manchester United goleando 8-4 a Swindon Town, en 1911.
Gañadores da Copa
editarPor ano
editarLista de gañadores da Community Shield ano a ano.[1]
Por copas gañadas
editarEquipo | Gañadas | Anos –(*Título compartido) |
---|---|---|
Manchester United | 21 | 1908, 1911, 1952, 1956, 1957, 1965*, 1967*, 1977*, 1983, 1990*, 1993, 1994, 1996, 1997, 2003, 2007, 2008, 2010, 2011, 2013, 2016 |
Arsenal | 16 | 1930, 1931, 1933, 1934, 1938, 1948, 1953, 1991*, 1998, 1999, 2002, 2004, 2014, 2015, 2017, 2020 |
Liverpool | 16 | 1964*, 1965*, 1966, 1974, 1976, 1977*, 1979, 1980, 1982, 1986*, 1988, 1989, 1990*, 2001, 2006, 2022 |
Everton | 9 | 1928, 1932, 1963, 1970, 1984, 1985, 1986*, 1987, 1995 |
Tottenham Hotspur | 7 | 1921, 1951, 1961, 1962, 1967*, 1981*, 1991* |
Manchester City | 6 | 1937, 1968, 1972, 2012, 2018, 2019 |
Wolverhampton Wanderers | 4 | 1949*, 1954*, 1959*, 1960* |
Chelsea | 4 | 1955, 2000, 2005, 2009 |
Burnley | 2 | 1960*, 1973 |
Leeds United | 2 | 1969, 1992 |
Leicester City | 2 | 1971, 2021 |
Portsmouth | 2 | 1939, 1949* |
West Bromwich Albion | 2 | 1920, 1954* |
Aston Villa | 1 | 1981* |
Blackburn Rovers | 1 | 1912 |
Bolton Wanderers | 1 | 1958 |
Brighton & Hove Albion | 1 | 1910 |
Cardiff City | 1 | 1927 |
Derby County | 1 | 1975 |
Huddersfield Town | 1 | 1922 |
Newcastle United | 1 | 1909 |
Nottingham Forest | 1 | 1978 |
Sheffield Wednesday | 1 | 1935 |
Sunderland | 1 | 1936 |
West Ham United | 1 | 1964* |