Sergio Agüero
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sergio Leonel Agüero del Castillo, coñecido como Kun Agüero, nado en Quilmes, na provincia de Buenos Aires o 2 de xuño de 1988, é un exfutbolista arxentino. Obtivo a súa nacionalidade española o 3 de decembro do 2010. Xogaba como dianteiro ou como media punta.
Sergio Agüero | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Sergio Leonel Agüero del Castillo | ||
Nacemento | 2 de xuño de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2003 | Independiente | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2006 | Independiente | 54 | (23) |
2006–2011 | Atlético de Madrid | 175 | (74) |
2011–2021 | Manchester City | 275 | (184) |
2021 | Barcelona | 4 | (1) |
Total | 508 | (282) | |
Selección nacional | |||
2005–2007 | Arxentina sub-20 | 7 | (6) |
2008 | Arxentina sub-23 | 5 | (2) |
2006–2021 | Arxentina | 101 | (41) |
Na rede | |||
https://sergioaguero.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Atlético de MadridEditar
O balance da súa tempada 2006-2007 no Atlético mostra que debutou na totalidade dos corenta e dous partidos oficiais do seu equipo; vinte e sete como titular e marcando sete goles. Aínda que o atlético quedou na sétima posición da liga e avanzado ata os dezaseisavos da final da Copa do Rei.
Na tempada 2007-2008 colaborou para que o seu equipo sexa un dos gañadores da Copa Intertoto, clasificándose para a Copa da UEFA. Grazas a esta competición, o 16 de agosto marcou o seu primeiro gol internacional, fronte o equipo FK Vojvodina serbio. Xogou nove partidos, dos cales marcou seis goles e só unha expulsión. O motivo desa expulsión foi que, mentres xogaban pola Copa da UEFA fronte o Bolton Wanderers inglés, lle cuspiu a un rival. Por esta sentenza estivo sen poder xogar a volta. Na Copa do Rei participou en catro partidos, quedando o seu equipo eliminado de cuartos da final. As súas mellores actuacións foron por liga, disputando trinta e sete partidos e marcando vinte goles máis. Xunto cos seus compañeiros logrou un cuarto posto que permitiu clasificar o Atlético na liga de Campións da UEFA tras doce anos. Sergio recibiu o Premio Antonio Puerta (mellor xogador da tempada) e o Trofeo EFE (mellor xogador iberoamericano).
Na tempada 2008-2009 presentada para o Atlético como un triplo desafío: Liga, Copa do Rei e Liga de Campións. Sergio comezou a temporada tan só catro días despois da final olímpica, colaborando cun gol para que o seu equipo derrote ao FC Schalke 04 alemán por 4-0. Pola liga debutou ante o Málaga o 31 de agosto. Pola Copa do Rei, o Atlético caeu en oitavos na final fronte o FC Barcelona.
Na tempada 2009-2010, ao non ser clasificados en oitavos na final de Liga de Campións da UEFA, puideron pasar aos dezaseisavos da final da Europa League. E así, proclamouse campión da UEFA Europa League tras vencer ao equipo Fulham FC 2-1, con goles de Diego Forlán. Aínda que tamén acabaron subcampións da Copa do Rei tras perder contra o Sevilla FC cun marcador de 0-2.
Ao comezo da tempada do 2010-2011, foi campión da Supercopa de Europa tras vencer ao Inter de Milán por 2-0, onde anotou o seu segundo gol. Esa mesma temporada, o 11 de decembro de 2010, disputaría fronte ao Deportivo da Coruña o que sería o seu partido número 300, que acabaría coa vitoria de dous a cero, na que el mesmo meteu eses dous goles. O 4 de xaneiro do 2011, Sergio anunciou a renovación do contrato ata o ano 2014 e o día seguinte sería elixido o segundo capitán do equipo, compartido con Diego Forlán.
Vida persoalEditar
Sergio Agüero está emparellado con Gianinna Maradona, filla do exfutbolista e ex-director técnico da selección arxentina Diego Maradona, dende o principio do 2008, coa que ten un fillo español, chamado Benjamín Agüero Maradona, que naceu o día 19 de febreiro de 2009 en Madrid.[1] Sentimentalmente tamén se lle vinculou con anterioridade ás modelos Eliana Guercio, con quen supostamente mantiña un breve romance, e Jesica Cirio, pola cal demostraba un profundo interese.[2]
Sergio Agüero participou na película de Santiago Segura Torrente 4 (2011) xunto con outros futbolistas como Álvaro Arbeloa, Sergio Ramos, Raúl Albiol e Gonzalo Higuaín.
EstatísticasEditar
Referencias:[3]
- PX: Partidos xogados
- T: Partidos xogados como titular
- S: Partidos xogados como suplente
- : goles
- : expulsións
Independente | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Competición | PX | T | S | ||
2002/03 | Clausura 2003 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 |
2003/04 | Apertura 2003 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Clausura 2004 | 5 | 2 | 3 | 0 | 0 | |
Copa Libertadores 2004 | 2 | 15 | 2 | 0 | 0 | |
2004/05 | Apertura 2004 | 7 | 3 | 4 | 2 | 0 |
Clausura 2005 | 5 | 5 | 0 | 3 | 0 | |
2005/06 | Apertura 2005 | 18 | 18 | 0 | 9 | 1 |
Clausura 2006 | 18 | 17 | 1 | 9 | 0 | |
TOTAL | 56 | 45 | 11 | 23 | 1 |
Atlético de Madrid | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Competición | PJ | T | S | ||
2006/07 | Liga | 38 | 25 | 13 | 6 | 0 |
Copa do Rei | 4 | 2 | 2 | 1 | 0 | |
2007/08 | Liga | 37 | 35 | 2 | 19 | 2 |
Copa do Rei | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | |
Copa Intertoto | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | |
Copa da UEFA | 8 | 6 | 2 | 6 | 1 | |
2008/09 | Liga | 37 | 34 | 3 | 17 | 0 |
Copa do Rei | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | |
Liga de Campións | 8 | 6 | 2 | 3 | 0 | |
2009/10 | Liga | 31 | 24 | 7 | 12 | 0 |
Copa do Rei | 7 | 6 | 1 | 2 | 0 | |
Liga de Campións | 6 | 5 | 1 | 2 | 0 | |
Europa League | 8 | 8 | 0 | 2 | 0 | |
2010/11 | Liga | 15 | 14 | 1 | 7 | 0 |
Copa do Rei | 4 | 4 | 0 | 3 | 0 | |
Europa League | 4 | 3 | 1 | 3 | 0 | |
Supercopa da UEFA | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | |
TOTAL | 214 | 178 | 36 | 86 | 3 |
Resumo en clubs | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Equipo | Partidos | PJ | T | S | |||
Independiente | Liga | 54 | 45 | 9 | 23 | 1 | |
Copa Libertadores | 2 | 0 | 2 | 0 | 0 | ||
Atlético de Madrid | Liga | 158 | 132 | 26 | 61 | 2 | |
Copa do Rei | 20 | 16 | 4 | 8 | 0 | ||
Copa Intertoto | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | ||
Copa da UEFA | 8 | 6 | 2 | 6 | 1 | ||
Europa League | 12 | 11 | 1 | 5 | 0 | ||
Liga de Campións | 14 | 11 | 3 | 5 | 0 | ||
Supercopa da UEFA | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | ||
TOTAL | 270 | 223 | 47 | 109 | 5 |
Selección arxentina xuvenil | |||||
---|---|---|---|---|---|
Competición | PJ | T | S | ||
Suramericano Sub-16 2004 | 5 | 5 | 0 | 3 | 0 |
Mundial Sub-20 2005 | 4 | 0 | 4 | 0 | 0 |
Mundial Sub-20 2007 | 7 | 7 | 0 | 6 | 0 |
Xogos Olímpicos 2008 | 5 | 5 | 0 | 2 | 0 |
TOTAL | 21 | 17 | 4 | 11 | 0 |
Selección arxentina | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Competición | PJ | T | S | ||
2006 | Amigábeis | 2 | 0 | 2 | 0 | 0 |
2007 | Amigábeis | 2 | 0 | 2 | 0 | 0 |
Eliminatorias | 2 | 1 | 1 | 1 | 0 | |
2008 | Amigábeis | 3 | 3 | 0 | 2 | 0 |
Eliminatorias | 6 | 4 | 2 | 2 | 0 | |
2009 | Amigábeis | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 |
TOTAL | 16 | 9 | 7 | 5 | 0 |
Resumo xeral | |||||
---|---|---|---|---|---|
Equipo | PJ | T | S | ||
Independiente | 56 | 45 | 11 | 23 | 2 |
Atlético de Madrid | 214 | 178 | 36 | 86 | 3 |
Seleccións xuvenís | 21 | 17 | 4 | 11 | 0 |
Selección maior | 16 | 9 | 7 | 5 | 0 |
TOTAL | 307 | 249 | 58 | 125 | 5 |
NotasEditar
- ↑ [http://www.clarin.com/diario/2009/02/19/um/m-01862129.htm Clarin: Nació el nieto de Maradona en España,19 de febreiro de 2009
- ↑ "Infobae: Las mujeres de Agüero". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2011.
- ↑ Elaborado a partir de www.conmebol.com, www.terra.com.ar, www.universofutbol.com, www.fifa.com, www.lfp.es[Ligazón morta] y www.uefa.com.