Manchester City F.C.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
O Manchester City Football Club é un club de fútbol profesional da cidade de Manchester, no Reino Unido, que compite na Premier League inglesa. O equipo foi fundado no ano 1880 co nome de St. Marks, ó pouco tempo foi rebautizado como Ardwick A.F.C., e finalmente co nome actual en 1894.
Manchester City | |||
---|---|---|---|
Nome | Manchester City Football Club | ||
Alcume(s) | The Citizens | ||
Fundación | 1880 | ||
Estadio | Etihad Stadium, Manchester, Inglaterra | ||
Inauguración | 2002 | ||
Capacidade | 47.726 | ||
Propietario | ![]() | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Premier League | ||
2019–20 | 2º | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Etihad Airways | ||
Na rede | |||
http://www.mcfc.co.uk/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| |||
O equipo mantén unha forte rivalidade co Manchester United. Dende 2008 o club está en mans dun grupo investidor dos Emiratos Árabes Unidos chamado Abu Dhabi United Group for Development and Investment.
PalmarésEditar
O club ten no seu palmarés 4 ligas inglesas (que gañou en 1936-37, 1967-68, 2011-12 e 2013-14), 5 FA Cups (nos anos 1903-04, 1933-34, 1955-56, 1968-69 e 2010-11), 2 Football League Cups (en 1969-70 e 1975-76), 3 Community Shields (anos 1937, 1968 e 1972), e 1 Recopa de Europa (gañada en 1969-70).
EstadioEditar
O Manchester City xoga os seus encontros como local no City of Manchester Stadium, coñecido coma Etihad Stadium debido ó patrocinio de Etihad Airways. Este estadio foi construído para acoller os Xogos da Commonwealth en 2002, e foi inaugurado polo club en 2003. Ten capacidade para 55.017 persoas, e a UEFA o catalogou na categoría de máxima calidade.
XogadoresEditar
- Categoría principal: Xogadores do Manchester City FC.
Cadro actualEditar
- Datos do 5 de agosto de 2019.
|
|
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |