Aymeric Laporte

futbolista francés

Aymeric Laporte, nado en Agen (Lot e Garona) o 27 de maio de 1994, é un futbolista vasco-francés que forma parte do Manchester City F.C., da Premier League inglesa.

Aymeric Laporte
Aymeric Laporte and Leo Messi.jpg
Laporte (esquerda) xogando para o Athletic Club en 2014.
Información persoal
Nome Aymeric Laporte
Nacemento 27 de maio de 1994
Lugar de nacemento Agen
Altura 1,89
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Manchester City
Número 14
Carreira xuvenil
2000–2009 SU Agen
2009–2010 Aviron Bayonnais FC
2010–2011 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2012 Basconia 33 (2)
2012 Bilbao Athletic 8 (0)
2012–2018 Athletic Club 161 (7)
2018– Manchester City 35 (2)
Selección nacional
2011 Francia sub-17 11 (1)
2011–2012 Francia sub-18 9 (0)
2012–2013 Francia sub-19 12 (1)
2013–2016 Francia sub-21 19 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de febreiro de 2019.
Selección: actualizado a 25 de marzo de 2016.editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formouse xogando no equipo da súa cidade de orixe, o Sporting Union Agen até os 15 anos, fichando polo Athletic Club en 2009 tras chamar a atención nun torneo celebrado en Bilbao defendendo as cores da selección de Aquitania, debutando co primeiro equipo da man de Joaquín Caparrós nun partido ante o Zalla Unión Club.[1]

O 17 de decembro de 2012 o Athletic Club comunicou ao xogador que pasa a formar parte do cadro titular do equipo até o 30 de xuño de 2015, cunha cláusula de rescisión de 18 millóns de euros. De novo, o 28 de xaneiro de 2013, o xogador renova o seu contrato até o 30 de xuño de 2016, cunha cláusula, esta vez, de 27,5 millóns de euros.  O 20 de decembro de 2013, volve renovar o seu contrato até o 30 de xuño de 2018, elevando a súa cláusula a 36 millóns de euros. 6. O 6 de xuño de 2014 realiza a súa terceira revisión de contrato consecutiva, e incrementa a súa cláusula de rescisión aos 42 millóns de euros.

O Fútbol Club Barcelona mostrou interese polos seus servizos e inicia conversacións para tentar pechar a súa fichaxe.[2] O 5 de xuño de 2015 renova o seu contrato co Athletic até 2019 cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros.[3]

Tras perder o 30 de maio de 2015 a final da Copa do Rei de fútbol 2014/15 fronte ao Barcelona, en agosto conseguiu o título de campión da Supercopa de España de Fútbol ao superar ao Barcelona a dobre partido.

ClubsEditar

Clubs Liga Período
S.U. Agenais   Championnat de France Amateurs 2000-2009
Athletic Club Xuvenil B   Liga Nacional Xuvenil 2009-2011
Athletic Club Xuvenil A   División de Honra Xuvenil 2010-2011
CD Baskonia   Terceira División 2011-2012
Bilbao Athletic   Segunda División B 2012
Athletic Club   Primeira División 2012-2018
Club Div. Tempada Liga CopasNacionais


CopasInternacionais


Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Athletic Club 1.ª 2012-13 15 0 0 0 2 0 17 0
2013-14 29 2 3 0 0 0 32 2
2014-15 33 0 7 0 9 0 49 0
2015-16 6 1 2 0 5 0 13 1
Total club 83 3 12 0 16 0 111 3
Total na súa carreira 83 3 12 0 16 0 111 3

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Título Podio Club Ano
Copa do Rei Subcampión Athletic Club 2015
Supercopa de España Campión Athletic Club 2015

NotasEditar

  1. "Aymeric Laporte: «Etre titulaire à l'Athletic Bilbao d'ici deux ans»" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Shark Foot, 14 de abril de 2012 (en francés).
  2. "Joan Laporta quiere a Aymeric parra el Barcelona", artigo en Goal, 27 de abril 2015 (en castelán).
  3. "Laporte renueva su contrato con el Athletic hasta 2019", na web do Athletic Club, 5 de xuño de 2015 (en castelán).