Joaquín Caparrós

adestrador español

Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado en Utrera (Sevilla) o 13 de outubro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español.

Modelo:BiografíaJoaquín Caparrós

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Joaquín de Jesús Caparrós Camino Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Utrera, España Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Real Madrid Castilla
Unión Balompédica Conquense
  Club Deportivo Leganés
  Real Madrid CF
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CD Utrera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: JoaquinCaparros Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como adestrador

editar

Tras colgar as botas aos 26 anos, Caparrós decidiuse por iniciar a súa carreira como adestrador, dirixindo a equipos como o San José Obrero CF (1981 a 1984), Campillo CF (1984 a 1986), Montilla CF (1986 a 1989), a selección de Castela-A Mancha (1989 a 1990), CF Gimnástico de Alcázar (1990 a 1992), UB Conquense (1992 a 1993), Manzanares CF (1994 a 1995) ou Moralo CP (1995 a 1996).

O gran paso adiante como adestrador logrouno en 1996, cando foi contratado polo Recreativo de Huelva, equipo no que recalou tres anos e logrou ascender a Segunda División. En 1999 foi contratado polo Villarreal CF, pero só estivo sete xornadas no cadro amarelo, xa que as súas formulacións non chegaron a convencer, e foi substituído por Paquito García Gómez.[1] Ademais das súas actividades no día a día como adestrador de club, entre 1998 e 2000 fíxose cargo da selección andaluza.

En 2000 chegou ao Sevilla FC e foi neste club no que obtivo os seus maiores éxitos como adestrador, clasificándoo en dúas ocasións para a Copa da UEFA. Soubo dirixir ben nunha situación económica caracterizada por uns recursos financeiros escasos, baseando a súa formulación no traballo das categorías inferiores do club. Cando Caparrós chegou o Sevilla estaba en Segunda División e cando o abandonou en 2005 estaba na elite do fútbol español.

En 2005 rexeitou a renovación co Sevilla e quixo comezar un novo proxecto,[2] sendo así contratado polo Deportivo da Coruña coa intención de darlle potencialidade á canteira. Na súa primeira tempada na Coruña o equipo rematou 8º e na segunda, a 2006–07, o Dépor foi 13º. Ante este panorama Caparrós decide deixar o equipo ao rematar a tempada e cederlle o testemuño ao seu sucesor, Miguel Ángel Lotina. Durante a súa etapa deportivista lográronse os obxectivos; non descender, aínda que o bo xogo brillou pola súa ausencia.[3] Ese mesmo verán de 2007 foi contratado polo Athletic Club.[4]

Durante a súa primeira tempada en Bilbao, o Athletic rematou 11º na Liga tras dúas tempadas rozando o descenso e no seu segundo ano o equipo clasificouse para a final da Copa do Rei, torneo que perdeu fronte ao FC Barcelona (1–4).

En outubro de 2011 foi contratado polo RCD Mallorca, tras a dimisión de Michael Laudrup.[5] En febreiro de 2013 foi cesado como adestrador do RCD Mallorca, sendo substituído por Gregorio Manzano.

En xuño de 2013 foi contratado polo Levante UD, en substitución de Juan Ignacio Martínez.[6]

O 28 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Granada, en substitución de Lucas Alcaraz, cun contrato por dous anos.[7] O 16 de xaneiro de 2015, co equipo último na clasificación, é destituído.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar