Abrir o menú principal

Club Deportivo Leganés

(Redirixido desde "CD Leganés")

O Club Deportivo Leganés é un club de fútbol español da cidade de Leganés, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1928 e actualmente xoga na Primeira División, categoría á que ascendeu na tempada 2015/16 por primeira vez na súa historia.

Leganés
NomeClub Deportivo Leganés
Alcume(s)Lega
Pepineros
Fundación1928
EstadioMunicipal de Butarque,
Leganés, España
Inauguración1997
Capacidade10958
PresidenteEspaña María Victoria Pavón
AdestradorFlag of Mexico.svg Javier Aguirre
LigaPrimeira División
2018–1913º
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira
Xogadores celebrando un gol.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camistea verde, pantalón branco e medias brancas.

O primeiro uniforme do Leganés foi azulgrana, e anos máis tarde optouse por unha camiseta tricolor (verde, branca e vermella), para pasar finalmente ás cores actuais, branco e azul, que foron os tradicionais do equipo.

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Municipal de Butarque.

O Leganés xoga no Estadio Municipal de Butarque, inaugurado o 14 de febreiro de 1998, con capacidade para 10958 persoas e dimensións de 105 x 70 metros. O primeiro partido que albergou o terreo de xogo foi fronte ao Xerez.

Antes de Butarque, o CD Leganés xogou noutros 3 feudos. O primeiro campo no que xogou en 1928 estaba situado no Campo del Tiro, nun terreo cedido polos militares. Anos máis tarde pasouse ao campo municipal de Plaza Roma, un campo que durante a Guerra Civil española foi restaurado polos propios veciños da cidade, ata que foi remodelado profesionalmente ao terminar a mesma. En 1966 inauguraríase o campo principal do equipo, o Luis Rodríguez de Miguel, con capacidade para 5.000 persoas e no corazón da cidade, no que xogaron ata a metade da tempada 1998.

Datos do clubEditar

  • Tempadas en : 4 (incluída a 2019/20)
  • Tempadas en : 13
  • Tempadas en 2ªB: 16
  • Tempadas en : 19
  • Mellor posto na liga: 13º (1ª división tempada 2018-19)
  • Peor posto na liga: 19º (2ª división tempada 03-04)

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Actualizado a 19 de xaneiro de 2017.

Posto País Xogador
3 DEF   Unai Bustinza
5 DEF   Martín Mantovani
6 MED   Alberto Martín
8 MED   Gabriel
9 DIA   Miguel Ángel Guerrero
11 MED   Alexander Szymanowski
12 MED   Erik Morán
14 DIA   Mamadou Koné
Posto País Xogador
15 DEF   Diego Rico
17 DEF   Víctor Díaz
23 MED   Omar Ramos
24 MED   David Timor
25 MED   Nabil El Zhar
31 POR   Diego Barrios
- POR   Jon Ander Serantes

PalmarésEditar

Véxase taménEditar