Rubén Pérez del Mármol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Rubén Pérez del Mármol, nado en Écija (Sevilla) o 26 de abril de 1989, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o CD Leganés.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1989 (35 anos) Écija, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarCentrocampista con boa colocación e que trata ben o balón, iniciouse no fútbol na canteira do Écija Balompié. En 2004 chegou ás categorías inferiores do Atlético de Madrid, conseguindo desde finais da tempada 2008/2009 ser convocado co primeiro equipo en numerosas ocasións. O seu debut en Primeira produciuse o 15 de maio de 2010, no partido en casa contra o Getafe CF que os colchoneros perderon 0-3, substituíndo a Borja.
O 20 de xullo de 2010, como parte do traspaso de Filipe Luís ao Atlético, anunciouse a cesión do xogador ao Deportivo da Coruña durante dous anos. Debutou co equipo coruñés o 13 de setembro de 2010 no partido de Liga contra o Sevilla FC (0-0), no que xogou 80 minutos.
Palmarés
editarCampionatos internacionais
editarTítulo | Club | Ano |
---|---|---|
Eurocopa Sub-21 | Selección española | 2011 |