Écija Balompié
O Écija Balompié é un club de fútbol de España, da cidade de Écija, en Sevilla. Foi fundado en 1939 e xoga no grupo IV da Segunda División B.
Écija Balompié | |||
---|---|---|---|
Nome | Écija Balompié, S.A.D. | ||
Fundación | 1968 | ||
Estadio | San Pablo, Écija, España | ||
Capacidade | 6.000 | ||
Presidente | Rafael Silva | ||
Adestrador | Marcos Domínguez Martín | ||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | ||
2016–17 | 3º (3ª – Grupo 10) | ||
Na rede | |||
http://www.ecijabalompie.com/ | |||
| |||
Historia
editarO Écija Balompié naceu en 1939, aínda que desapareceu e foi refundado en 1968. A iniciativa contou con notables apoios, como o agasallo das indumentarias para os xogadores, doadas pola Federación, así como axudas en efectivo para a instalación de duchas nos vestiarios.
O Écija Balompié disputa a súa primeira competición oficial en 1969 no campionato da Copa de Primavera e posteriormente militando en Rexional.
Foi en 1987 cando o club logra o ascenso á Terceira División. Nese período en Terceira o Écija acariñou o ascenso ao lograr dous subcampionatos.
En 1992 o club logra un novo ascenso e alcanza a Segunda División B onde durante as tres seguintes tempadas queda a un paso de alcanzar a categoría de prata.
Foi en xuño de 1995 tras unha disputada liguiña de ascenso, cando o Écija logrou o ansiado ascenso á Segunda División. A eliminatoria final polo ascenso disputouse contra o Levante no partido de ida disputado, no hoxe día coñecido como, estadio Ciutat de Valencia o Écija marchou ao descanso cun marcador adverso de dous goles a cero. Durante a segunda parte o equipo azulino realizou a proeza de marcar catro goles, remontar e gañar o partido. Tres días máis tarde, No encontro de volta, celebrado no Estadio Municipal San Pablo, o cadro astigitano logrou un valioso empate co equipo levantino que sumado ao empate do Numancia (terceiro en discordia na pugna polo ascenso) certificaba o ascenso do Écija Balompié a Segunda, categoría na que permaneceu durante as dúas tempadas seguintes.
Actualmente, tras quedar campión do Grupo IV da Segunda B, continúa na mesma categoría ao non poder ascender na final do play off de ascenso ante a SD Huesca.
Na tempada 2008-2009 o equipo diríxeo Pedro Buenaventura Ugía que era o secretario técnico da entidade ata que foi cesado e substituído por José Antonio Gordillo de trámite ata a chegada de Oli ao banco azulino.
No verán de 2009, o club atravesa serias dificultades económicas que o pon ao bordo do descenso por falta de pagamento aos xogadores a 3ª división. Finalmente liquídanse os problemas e o Consello de Administración recorta seriamente o orzamento para a campaña 2009-2010. O primeiro paso é asinar a Risto Vidakovic como novo adestrador.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme suplente: Camiseta amarela, pantalón azul e medias amarelas.
Himno
editarO himno actual do Écija Balompié estreouse o día que o equipo subiu á Segunda B, partido disputado contra o Talavera no Municipal de San Pablo.
Estadio
editarO Écija xoga os seus partidos no Estadio San Pablo, con capacidade para 6.000 espectadores. O campo ten unhas medidas de 103 x 69 metros.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 2
- Tempadas en 2ªB: 21 (incluída a 2017/18)
- Tempadas en 3ª: 8
- Mellor posto na liga: 13º (Segunda División, tempada 95-96)
- Peor posto na liga: 20º (Segunda División, tempada 96-97)
Xogadores
editarCadro 2009-2010
editar
|
|
Palmarés
editar- Segunda División B de España (1): 2007-08
- Subcampión de Terceira División (2): 1990-91, 1991-92