Estadio Municipal de Butarque

Coordenadas: 40°20′25″N 3°45′39″O / 40.3404, -3.7607

O Estadio Municipal de Butarque é un estadio de fútbol situado na localidade de Leganés (Comunidade de Madrid). Neste campo o principal equipo da cidade, o Club Deportivo Leganés, disputa os seus encontros como local.

Municipal de Butarque
Datos
LocalizaciónLeganés, Madrid
España
Construción
Inauguración14 de febreiro de 1998 (26 anos)
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 70
Capacidade10.958
PropietarioConcello de Leganés
LocalíaClub Deportivo Leganés
Eventos
  • Festimad 2007

O nome do campo vén pola patroa da localidade, a nosa Señora de Butarque, e comezou a construírse entre 1997 e 1998 coa intención de substituír o antigo estadio, o Luís Rodríguez de Miguel, en cuxo terreo asentaríase posteriormente a Praza Maior de Leganés. O Estadio de Butarque foi inaugurado o 14 de febreiro de 1998 cun partido de Segunda División entre o Leganés e Xerez Club Deportivo.

Butarque pode albergar ata 10.958 espectadores, aínda que a entrada media no estadio oscila entre 5.000 e os 6.000 persoas dependendo do partido. Posúe unha tribuna cuberta para os espectadores, mentres que o resto (lateral e fondos) non teñen teito e están descubertas. No mesmo estadio atópanse as oficinas centrais do equipo e a tenda do club.

Nos terreos pertencentes ao estadio atópase tamén un campo de herba artificial, situado en fronte do campo principal, no que xoga os seus partidos o Leganés B e as divisións inferiores do equipo leganense. Ademais está proxectada a construción dunha residencia de xogadores e unha escola para a canteira.

Ademais de partidos de fútbol, o campo albergou edicións do Festimad e concertos musicais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar