Xerez Club Deportivo
O Xerez Club Deportivo[2] é un club de fútbol español, con sede na cidade de Xerez da Fronteira (Cádiz, Andalucía). Foi refundado o 24 de setembro de 1947.
Xerez | |||
---|---|---|---|
Nome | Xerez Club Deportivo, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Azulinos La bulería mecánica[1] | ||
Fundación | 1907, como Xerez FC 1933, refundación 1947, como Jerez CD | ||
Estadio | Municipal de Chapín Xerez da Fronteira, España | ||
Inauguración | 1988 | ||
Capacidade | 20.523 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Primeira Andaluza | ||
2013–14 | 19º (3ª – Grupo 10) | ||
Vestimenta | Joma | ||
Na rede | |||
http://www.xerezcd.com/ | |||
![]() ![]() ![]() | |||
| |||
Durante a tempada 2008-09, na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda División de España e logrou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia, ao que se sumou o título de campión da categoría de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados.[3] Nesa tempada quedou 20º e volveu descender á Segunda División.
Denominación editar
Cando o Reino de Castela tomou Xerez o 9 de outubro de 1264 aos musulmáns no período coñecido como a Reconquista, a cidade pasa a denominarse Xerez, representando o fonema /x/ (iota) co pictograma X, como era regra na época. Outros casos similares son México e Texas. Á que se lle engadiría ao pouco tempo de la Frontera, ao atoparse na Fronteira co Reino de Granada, e ser escenario habitual de escaramuzas e enfrontamentos entre ambos reinos. Máis de dous séculos máis tarde, trala conquista de Granada en 1492, Xerez perde a súa condición de cidade fronteiriza definitivamente, pero non perde tal denominación.
O primeiro club de fútbol existente na cidade (de 1907 ao 1911, segundo fontes), o Xerez Fútbol Club, recupera o pictograma clásico "X" en lugar de utilizar a "J" moderna. Con todo, a pronunciación é a mesma. O Jerez Club Deportivo, descendente directo do anterior decide renderlle homenaxe a instancia do expresidente Pablo Porro Guerrero, a través de dúas medidas. A primeira delas foi o cambio de camiseta á usada polo primeiro club, pasando de camiseta de raias branca e azuis verticais a unha lisa azul. Este equipamento é o actual, diferenciándose unicamente da do Xerez Fútbol Club en que este utilizaba medias negras. A segunda medida tomada foi a recuperación do pictograma "X", pasando a ser Xerez Club Deportivo. O 29 de setembro de 1992 o club transfórmase nunha Sociedade Anónima Deportiva, pasando á denominación definitiva actual: Xerez Club Deportivo Sociedad Anónima Deportiva.
Uniforme editar
- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón azul e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.
Titular
|
Alternativo
|
Terceiro
|
Estadio editar
- Artigo principal: Estadio Municipal de Chapín.
O Xerez xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Chapín, cunha capacidade para 20.523 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Foi inaugurado en 1988, coa intención de substituír ao antigo Estadio Domecq que foi derribado. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais do mesmo ano.
Datos do club editar
- Tempadas en 1ª: 1
- Tempadas en 2ª: 24
- Tempadas en 2ª B: 17
- Tempadas en 3ª: 21
- Tempadas en Rexional Preferente: 2
- Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 56º
- Mellor posto na liga: 20º (1ª División, 2009-10)
- Mellor resultado en 1ª: 3-0 fronte ó Real Valladolid (2009-10)
- Mellor resultado en 2ª: 12-0 fronte ó Atlético Sanluqueño, 1958-59)
- Maior goleada encaixada en 1ª: 5-0 fronte ó Real Madrid, 2009-10)
- Maior goleada encaixada en 2ª: 7-0 fronte ó Real Jaén, 1951/52)
- Máximo goleador: Agar, 90 goles (1947-48 a 1953-54)
- Máis partidos disputados: Vicente Moreno, 358 partidos
Partidos históricos en Primeira División editar
Tempada | Local | Resultado | Visitante | Estadio | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2009-10 | Xerez | 2-1 | Villarreal | Chapín | 0-1 min 17. |
2009-10 | Xerez | 2-1 | Mallorca | Chapín | 0-1 min 23. |
2009-10 | Málaga | 2-4 | Xerez | La Rosaleda | 0-1 min 5. 2-1 min 55. |
2009-10 | Xerez | 3-0 | Valladolid | Chapín | |
2009-10 | Atlético de Madrid | 1-2 | Xerez | Vicente Calderón | |
2009-10 | Xerez | 2-1 | Almería | Chapín | |
2009-10 | Xerez | 3-2 | Zaragoza | Chapín |
Palmarés editar
Torneos nacionais editar
- Segunda División de España (1): 2008–09
- Segunda División B de España (2): 1981–82, 1985–86
- Subcampión da Segunda División B (2): 1992–93, 1996–97
- Terceira División de España (5): 1952–53, 1959–60, 1964–65, 1966–67, 1970–71
- Subcampión da Terceira División de España (5): 1958–59, 1960–61, 1961–62, 1963–64, 1969–70
- Rexional Preferente (2): 1947–48, 1948–49
Filial editar
- Artigo principal: Xerez Club Deportivo B.
O Xerez Club Deportivo B, fundado en 1957, milita actualmente en Primeira División Andaluza. O equipo filial disputa os seus partidos no Estadio de la Juventud, e é onde se forman as novas promesas do Xerez CD.
Notas editar
- ↑ La 'Bulería Mecánica' de Esteban, ante su barrera
- ↑ A pronunciación correcta é [xe'reθ] (como Jerez en castelán), non [ʃe'reθ], que é a forma literal que moitas persoas tenden a lelo. O club decidiu recuperar o arcaísmo e substituír a letra "J" por unha "X" pero a pronunciación segue sendo a mesma.
- ↑ Xerez CD. "O Xerez conta con 16.216 abonados". Consultado o 27 de outubro de 2009.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xerez Club Deportivo |