Angeliño
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Coristanco o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no RB Leipzig da Bundesliga.
Angeliño | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Ángel Esmorís Tasende | ||
Nacemento | 4 de xaneiro de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Coristanco | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | RB Leipzig | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2007 | Luis Calvo Sanz | ||
2007–2013 | Deportivo da Coruña | ||
2013–2014 | Manchester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Manchester City | 0 | (0) |
2015 | → New York City (cedido) | 14 | (0) |
2017 | → Girona (cedido) | 0 | (0) |
2017 | → Mallorca (cedido) | 17 | (0) |
2017–2018 | → NAC Breda (cedido) | 34 | (3) |
2018–2019 | PSV Eindhoven | 34 | (1) |
2019– | Manchester City | 6 | (0) |
2020–2021 | → RB Leipzig (cedido) | 33 | (5) |
2021– | RB Leipzig | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2013 | España sub-17 | 1 | (0) |
2018– | España sub-21 | 2 | (0) |
2016– | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de febreiro de 2021 Selección: actualizado a 14 de febreiro de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Primeiros pasosEditar
Angeliño uniuse ó Deportivo da Coruña en 2007 con dez anos de idade, tras comezar a xogar ó fútbol nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz do Bergantiños.[1][2] Ocupou varias posicións comezando de porteiro, ata que no Deportivo asentouse definitivamente como lateral esquerdo.[3] Xogou durante seis anos nas categorías inferiores do club herculino.
Manchester City (1ª etapa)Editar
O 8 de xullo de 2012 asinou un contrato de catro anos co Manchester City FC, facéndose efectivo en xaneiro do ano seguinte.[4] Inicialmente asignado ó equipo sub-18, xogou regularmente co equipo de reservas na Premier League sub-21 con só dezaseis anos.[5] Co club inglés disputou a UEFA Youth League, onde foi elixido no once ideal.[6][7]
0 2 de decembro de 2014 foi convocado como suplente do primeiro equipo por Manuel Pellegrini no partido que gañou o Manchester City por 1–4 no campo do Sunderland .[8]
New York City (cedido)Editar
Foi cedido ó New York City FC en 2015.[9] Debutou co equipo profesional o 12 de xullo de 2015 no empate 4–4 contra o Toronto FC.[10] O seu primeiro partido como titular foi contra o New England Revolution, xogando os 90 minutos.[11] Co equipo neoiorquino xogou un total de 14 partidos e deu 4 asistencias.
Regreso a ManchesterEditar
Tras rematar a súa cesión volveu a Manchester, onde continuou xogando na Premier League sub-21. Ademais o 30 de xaneiro de 2016 debutou co primeiro equipo na vitoria na casa do Aston Villa por 0–4 nunha eliminatoria da FA Cup, substituíndo a Clichy no minuto 81.[12] Ese mesmo ano debutou en competición europea da man do adestrador Pep Guardiola, nun partido de clasificación para a Liga de Campións, no que o seu equipo venceu ao Steaua Bucarest no Etihad Stadium.[13]
Girona e Mallorca (cedido)Editar
A finais de decembro de 2016 foi presentado como novo xogador do Girona en calidade de cedido,[14] pero só un mes despois, e sen ter debutado por culpa de desacordos entre o Girona e o City, deixou o equipo, sendo cedido ao Mallorca.[15][16] No equipo balear xogou 17 partidos e viviu o descenso á Segunda División B ao final da tempada.[17]
NAC Breda (cedido)Editar
Na tempada 2017/18 xogou no NAC Breda na Eredivisie, a primeira división do fútbol neerlandés. No equipo de Breda disputou de xeito íntegro todos os partidos de liga e copa, anotou tres goles, deu seis asistencias, foi elixido catro veces "talento do mes" e finalmente foi incluído no once ideal da propia liga.[18] As súas boas actuacións fixeron que o PSV Eindhoven lle ofrecese ao City sete millóns polo seu traspaso.[19]
PSV EindhovenEditar
No PSV foi titular indiscutible durante toda a tempada 2018/19, disputando de inicio todos os partidos da liga neerlandesa e da Liga de Campións. Nesta última competición debutou o 18 de setembro de 2018, na derrota por 4-0 do seu equipo fronte ao FC Barcelona no Camp Nou. En total entre as dúas competicións anotou un gol e repartiu once asistencias, logrando finalmente o subcampionato de liga.[20]
Manchester City (2ª etapa)Editar
O seu rendemento nos Países Baixos fixo que Txiki Begiristain, director deportivo do Manchester City, o volvese chamar para o club adestrado por Guardiola, exercendo en xullo de 2019 a opción de recompra que mantiñan. Asinou un contrato por catro anos.[20] Con todo, no club inglés dispuxo de poucos minutos, disputando só seis partidos de liga na primeira metade da tempada, polo que en xaneiro foi cedido ao RB Leipzig alemán.[21]
RB Leipzig (cedido)Editar
Cando Angeliño chegou ao Leipzig a metade de tempada, este ocupaba a primeira posición da táboa na Bundesliga.[21] Disputou case todos os partidos como titular e anotou un gol na vitoria do seu equipo fronte ao FC Schalke 04 por 0-5.[22] Finalmente remataron a liga en terceira posición. O 13 de agosto de 2020 no Estádio José Alvalade de Lisboa, Angeliño deulle a Tyler Adams a asistencia para facer o segundo e definitivo gol fronte ao Atlético de Madrid e meter ao Leipzig nunhas semifinais da Liga de Campións, só 11 anos despois da fundación do club.[23][24]
O 8 de setembro o RB Leipzig anunciou que o futbolista xogaría como cedido no club alemán outra tempada máis.[25] O 20 de outubro, no primeiro partido do seu equipo na Liga de Campións 2020-21, Angeliño marcou dous goles na vitoria por 2-0 sobre o İstanbul Başakşehir FK, debutante na competición.[26] En decembro liderou o seu equipo na vitoria por 3-2 fronte ao Manchester United, cun gol e dúas asistencias que clasificaron ao club alemán para oitavos de final e deixaron fóra ao equipo de Solskjær.[27]
RB LeipzigEditar
O 12 de febreiro de 2021 Angeliño cumpriu fronte ao FC Augsburg o número de partidos estipulado no contrato para que o Leipzig tivera que facer efectiva obrigatoriamente a opción de compra sobre o xogador. Deste xeito o futbolista galego quedou desvinculado do Manchester City, sendo traspasado ao club alemán por 18 millóns de euros.[28][29]
Participación na selecciónEditar
Debutou en novembro de 2013 coa Selección española de fútbol sub-20 nun partido contra a Alemaña.
O 20 de maio de 2016, xogou coa Selección Galega un partido amigable, no estadio de Riazor, contra a Selección de Venezuela que rematou con empate a 1. Neste partido Angeliño foi titular.
FamiliaEditar
O seu irmán menor, Dani Tasende, formouse na canteira do Bergantiños e xoga no Villareal B de Segunda División B.
NotasEditar
- ↑ "Angeliño regresó a As Eiroas en Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2015.
- ↑ "Angeliño, un coristanqués que crece a pasos agigantados". Adiante Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2014.
- ↑ Girona FC (30 de decembro de 2016). Entrevista a Angeliño (Youtube) (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "El City ficha a otro joven talento gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2012.
- ↑ "Angeliño asombra a Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2013.
- ↑ "Angeliño nuevo jugador del Girona" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño, en el once ideal de la Champions". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ Johnston, Neil (2 de decembro de 2014). "Sunderland 1-4 Manchester City". BBC Sport (en inglés).
- ↑ "New York City FC Sign Angelino on Season-Long Loan" (en inglés).
- ↑ "New York City FC v Toronto FC". MLS MatchCenter (en inglés).
- ↑ "New York City FC at New England Revolution: Match Recap" (en inglés).
- ↑ "Aston Villa 0-4 Manchester City" (BBC Sport) (en inglés). 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Angeliño, de Champions". Galicia Confidencial. 25 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "El Girona presenta a Angeliño" (en castelán). 28 de decembro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño: "No guardo ningún rencor al Girona"". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño deja el Girona y ficha por el Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "La plantilla del desastre, un curso después" (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño se cuela en el once de la temporada en la Eredivisie" (en castelán). 9 de maio de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño: «Decían que era bajo para ser futbolista»". La Voz de Galicia. Consultado o 04/06/2018.
- ↑ 20,0 20,1 "El Manchester City ejerce su opción de compra sobre el español Angeliño". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ 21,0 21,1 "Angeliño, cedido por el City al Leipzig hasta final de temporada". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño se estrena como goleador en la 'manita' del RB Leipzig al Schalke". Marca (en castelán). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "La conexión Nueva York elimina al Atlético". Marca (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Cuatro ascensos en 11 años de vida: la increíble historia del RB Leipzig, el equipo que eliminó al Atlético Madrid de Simeone de la Champions" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño jugará cedido en el RB Leipzig una temporada más". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ "Dous goles de Angeliño selan o triunfo ao Leipzig". La Voz de Galicia. 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ "Un Angeliño estelar marca un gol, dá outros dous, lanza ao Leipzig e elimina ao Manchester United". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "El partido que decidirá el futuro de Angeliño". As (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Leipzig compra a Angeliño y Nagelsmann se frota las manos: «Es una ganga»". La Voz de Galicia. Iván Antelo. Consultado o 14 de febreiro de 2021.