New England Revolution

O New England Revolution é un club de fútbol estadounidense que xoga na Major League Soccer. É o equipo de fútbol de Boston, no estado de Massachusetts, polo que xoga na conferencia Leste. Os Revs deben o seu nome de Revolution ó forte apoio que se rexistrou na rexión de Nova Inglaterra na Revolución Americana. O único título oficial da franquía e a US Open Cup que gañaron en 2007, e en 5 ocasións o club chegou á finail da MLS Cup pero non conseguiron gañar ningunha [1].

New England Revolution
NomeNew England Revolution
Alcume(s)Revs
Fundación1994
EstadioGillette Stadium,
Foxborough, Massachusetts
Estados Unidos
Inauguración2002
Capacidade20.000
Propietario Robert Kraft
Presidente Brian Bilello
Adestrador Jay Heaps
LigaMajor League Soccer
2016Leste: 7º
Global: 14º
Playoffs: Non clasificado
Na rede
http://www.revolutionsoccer.net/
Twitter: NERevolution Instagram: nerevolution Youtube: UCn1LnRzToob6tRp8V_ijeBQ Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

Inicios editar

O New England Revolution é un dos equipos históricos da MLS na que participa dende 1996 [2]. O primeiro ano de liga o equipo finalizaron a fase regular na quinta praza da conferencia, de cinco equipos, polo que non logrou chegar óss playoffs [3]. Pero o ano seguinte acadaron a súa primeira participación nos playoffs, onde quedaron eliminados nos cuartos de final fronte o D.C. United que conseguiría o campionato. Nos dous anos que restaban para rematar o século na que a liga contou con dúas franquías máis os Revs non conseguiron clasificarse para as roldas eliminatorias.

Comezos do século XXI editar

Os Revs comezaron o século coa súa mellor posición histórica na fase regular, cun segundo posto, aínda que non puideron pasar dos cuartos de final nos playoffs [4]. Ó ano seguinte, chegaron á final da U.S. Open Cup pero perdérona contra ó Los Angeles Galaxy cun gol de ouro de Danny Califf. No ano 2002, conseguiron gañar a conferencia Leste e lograron chegar á súa primeira final da MLS Cup, pero perdérona, de novo, fronte ó Los Angeles Galaxy na prórroga [5]. Tras este subcampionato clasificáronse para xogar a Liga de Campións da CONCACAF ó ano seguinte, pero foron eliminados na primeira rolda. Nos anos 2005, 2006 e 2007 chegaron á final da MLS Cup, pero volveron perder nas tres ocasións primeiro de novo fronte ó Los Angeles Galaxy e nas seguintes dúas ocasións contra ó Houston Dynamo. A MLS Cup de 2006 foi a máis dolorosa xa que foi perdida na rolda de penaltis. Aínda que no 2007 conseguiron o seu primeiro título importante, a U.S. Open Cup fronte ó FC Dallas por 3-2 con goles de Pat Noonan, Taylor Twellman e Wells Thompson. Tras as tres finais consecutivas o equipo de Boston caeu dúas tempadas seguidas na semifinais de conferencia [6].

A chegada de estrelas internacionais editar

Coa chegada de estrelas internacionais á MLS o equipo sufriu unha mala época, quedando durante tres tempadas consecutivas fora da fase dos playoffs. Non foi até o ano 2013 cando volveu clasificarse para os playoffs, pero caeu nas semifinais de conferencia [7]. Pero o ano seguinte lograron chegar a súa quinta final da MLS Cup pero perderon por terceira vez fronte ó Los Angeles Galaxy.

Xogadores editar

Actualizado a 3 de xullo de 2017 [8][9]

Posto País Xogador
1 POR   Cody Cropper
2 DEF   Andrew Farrell
4 DEF   Benjamin Angoua
5 MED   Gershon Koffie
6 MED   Scott Caldwell
7 DEL   Brian Wright
8 DEF   Chris Tierney
10 DEL   Teal Bunbury
11 MED   Kelyn Rowe
12 MED   Xavier Kouassi
14 MED   Diego Fagundez
Posto País Xogador
15 DEF   Je-Vaughn Watson
16 MED   Daigo Kobayashi
17 DEL   Juan Agudelo
18 POR   Brad Knighton
19 DEF   Antonio Mlinar Delamea
23 DEL   Kei Kamara
24 MED   Lee Nguyen
25 DEF   Darrius Barnes
27 DEF   Joshua Smith
28 DEF   London Woodberry
88 DEL   Femi Hollinger-Janzen

† Xogador cedido polo EA Guingamp.

‡ Xogador cedido polo Hammarby IF.

Xogadores cedidos editar

Títulos editar

Récords editar

Xogadores con máis partidos editar

Actualizado a 3 de xullo de 2017 [10]

Nome Partidos
1   Shalrie Joseph 293
2   Matt Reis 287
3   Chris Tierney 260
4   Jay Heaps 243
5   Steve Ralston 209
6   Lee Nguyen 194
7   Kelyn Rowe 191
8   Diego Fagúndez 182
9   Andy Dorman 176
10   Taylor Twellman 174

En grosa os xogadores que aínda seguen no plantél actual

Xogadores con máis goles editar

Actualizado a 3 de xullo de 2017 [11]

Nome Partidos Goles
1   Taylor Twellman 174 91
2   Lee Nguyen 194 49
3   Pat Noonan 136 43
4   Shalrie Joseph 293 41
5   Steve Ralston 209 40
6   Diego Fagúndez 182 39
7   Kelyn Rowe 191 33
8   Juan Agudelo 94 28
9   Clint Dempsey 80 26
10   Andy Dorman 176 20

En grosa os xogadores que aínda seguen no plantél actual.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  2. https://www.si.com/longform/2015/mls/
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  8. https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/startseite/verein/626
  9. https://www.revolutionsoccer.net/players
  10. https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/rekordspieler/verein/626
  11. https://www.transfermarkt.com/new-england-revolution/topTorschuetzen/verein/626