Gillette Stadium é un estadio situado na cidade de Foxborough, Massachusetts (Estados Unidos), 39 km ao suroeste do centro da capital do estado, Boston, e 32 km ao nordés de Providence, Rhode Island. Inaugurado en 2002 co nome de CMGI Field, serve como estadio e sede administrativa dos New England Patriots da National Football League (NFL) de fútbol americano e dos New England Revolution da Major League Soccer (MLS) de fútbol.

Gillette Stadium


Tipoestadio Editar o valor en Wikidata
EpónimoThe Gillette Company (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Custo$325 millóns
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aThe Kraft Group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteNew England Patriots, New England Revolution (en) Traducir e New England Revolution II (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Propietario/aKraft Sports Group
Arquitecto/aPopulous
Enxeñeiro/aBliss and Nyitray, Inc.
Datas
Fundación2002 Editar o valor en Wikidata
Inauguración11 de maio de 2002 (23 anos)
Dimensións
Capacidade66.829
Tipo superficieFieldTurf
Localización
Mapa
 42°05′27″N 71°15′52″O / 42.090944444444, -71.264344444444
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoMassachusetts
CondadoCondado de Norfolk
VilaFoxborough Editar o valor en Wikidata
Localización Foxborough, Estados Unidos
Enderezo1 Patriot Pl, Foxborough, MA 02035 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBgillettestadium.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

O estadio ten capacidade para albergar a 66.829 espectadores, incluíndo 87 palcos de luxo. O estadio é propiedade e está operado por Robert Kraft, dono tanto dos Patriots como do Revolution, a través Kraft Sports Group. Kraft xa era o dono do antigo estadio de Foxborough de 1988, antes incluso de adquirir os Patriots en 1994. Cando a finais desa década se precisou dun novo recinto, pois o antigo, con máis de vinte anos de uso, xa non atendía as necesidades, pensouse en trasladar ao equipo a Hartford, Connecticut. Con todo, a idea foi abandonada e decidiuse construír Gillette Stadium ao lado do antigo Foxboro Stadium.

A construción comezou o 24 de marzo de 2000, sendo dous anos despois, o 11 de maio de 2002, o primeiro evento oficial celebrado no estadio: un partido de fútbol dos Revolution. Porén, a gran cerimonia de inauguración sería o 9 de setembro co partido de fútbol americano entre os Patriots e os Pittsburgh Steelers, reeditando a Super Bowl daquel ano. No ano 2003 foi sede dalgún partido do Mundial de Fútbol feminino.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar