Pittsburgh Steelers

Os Pittsburgh Steelers son un equipo profesional de fútbol americano da cidade de Pittsburgh, no estado de Pennsylvania (Estados Unidos) que compite na American Football Conference da National Football League (NFL).

Pittsburgh Steelers
Fundado en 1933
Sede en Pittsburgh, PA
Logo dos Pittsburgh Steelers
Logo dos Pittsburgh Steelers
Wordmark dos Pittsburgh Steelers
Wordmark dos Pittsburgh Steelers
LogoWordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1933–presente)

  • Eastern Division (1933–1943, 1945–1949)
  • Western Division (1944)
  • American Conference (1950–1952)
  • Eastern Conference (1953–1969)
    • Century Division (1967–1969)
  • AFC (1970–presente)
Uniforme actual
Cores          Negro, ouro
MascotaSteely McBeam
Cadro de persoal
Propietario(s)Familia Rooney
PresidenteDan Rooney
Director xeralKevin Colbert
AdestradorMike Tomlin
Historia
  • Pittsburgh Pirates (1933–1939)
  • Pittsburgh Steelers (1940–1942)
  • Phil-Pitt "Steagles" (1943)
  • Card-Pitt (1944)
  • Pittsburgh Steelers (1945–presente)
Campionatos
Títulos de Liga (6)
  • Super Bowl (6)
    1974 (IX), 1975 (X), 1978 (XIII), 1979 (XIV), 2005 (XL), 2008 (XLIII)
Conferencia (8)
  • AFC: 1974, 1975, 1978, 1979, 1995, 2005, 2008, 2010
División (22)
  • AFC Central: 1972, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1983, 1984, 1992, 1994, 1995, 1996, 1997, 2001
  • AFC Norte: 2002, 2004, 2007, 2008, 2010, 2014, 2016
Estadios
  • Forbes Field (1933–1963)
  • Shibe Park (1943)
  • Comiskey Park (1944)
  • Pitt Stadium (1958–1969)
  • Three Rivers Stadium (1970–2000)
  • Heinz Field (2001–presente)

Os Steelers chegaron á Super Bowl en sete ocasións, proclamándose campións en seis delas: as tempadas 1974, 1975, 1978, 1979, 2005 e 2008. Coa sexta copa, os Steelers superaran aos Dallas Cowboys e aos San Francisco 49ers e convertéronse nos maiores dominadores do trofeo. Apareceu en 13 Finais de Conferencia e xogou máis partidos da Final de Conferencia na casa que ningunha outra franquía. Tamén son o único equipo que conseguiu gañar a Super Bowl clasificándose no sexto lugar nos play-offs, logo de gañar tres partidos como visitante na XL Super Bowl, disputada o 5 de febreiro de 2006 no estadio Ford Field de Detroit (Míchigan), na que derrotou por 10-21 aos Seattle Seahawks.

Traxectoria editar

Orixinalmente nomeábanse Pittsburgh Pirates uníronse á NFL en 1933, cando o seu propietario, Art Rooney pagou 2.500 dólares para inscribir a franquía. Foi o primeiro equipo en contar cun xogador profesional.

A franquía vaise reformar e renomear como Steelers (traballadores do aceiro) como sinal da importante posición da cidade de Pittsburgh no campo da siderurxia. Un seareiro propuxo este nome nun concurso organizado por un diario da cidade e a franquía.

O ascenso dos Steelers nos anos 1970, ocorreu na mesma tempada na que a cidade pasou a adoptar o equipo, a causa da crise que pechou boa parte das siderurxias da cidade.[1] Nesa mesma época, foi creada a "Terrible Towel" (1975) polo finado locutor de radio Myron Cope, ao principio para ser usada apenas nos playoffs. Toda amarela, con letras negras, é empregada ata hoxe pola afección para "coloraren" as bancadas. Os directores da radio que retransmitían os partidos dos Steelers pediran a Cope que inventase algunha xogada de mercadotecnia para promover os seus partidos. Cope protestou, dicindo que non era un home de xogadas de mercadotecnia, mais foi forzado a facelo porque o seu contrato vencía ao final da tempada.[2] Nacía así o que é considerado o símbolo máis coñecido de calquera afección nos deportes norteamericanos[3].

Xogadores editar

Cadro actual editar

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 21 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 12 inactivos, 10 de adestramento

Presidentes editar

Notas editar

  1. "We are family" Arquivado 02 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Tim Layden, Sports Illustrated, 2/2/2009, pág. 47
  2. "'Creator of Towel Dead'", Robert Dvorchak, Pittsburgh Post-Gazette, 28/2/2008, pág. A-9
  3. SI.com,Steelers broadcaster Cope dies at 79 Arquivado 03 de marzo de 2008 en Wayback Machine., 27/2/2008

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.