D.C. United
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O D.C. United é un club de fútbol que xoga na Major League Soccer. O equipo foi fundado en 1995 en Washington, D.C. polo que xoga na Conferencia Este da MLS. É o equipo máis laureado de todo Norteamérica, xa que conta nas súas vitrinas con máis de trinta títulos nacionais e internacionais. Foi o primeiro equipo en gañar a MSL Cup no ano 1996. O apelativo United foi elixido en honor aos clubs europeos que levan ese nome, como o Manchester United ou o Leeds United.
D.C. United | |||
---|---|---|---|
Nome | D.C. United | ||
Alcume(s) | DCU, Black-and-Red | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | RFK Stadium, Washington, D.C. Estados Unidos | ||
Inauguración | 1961 | ||
Capacidade | 45,596 | ||
Propietario | Gareth Bale Levien William H.C. Chang | ||
Presidente | Tom Hunt | ||
Adestrador | Ben Olsen[1] | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2014 | Este: 1º Global: 3º Playoffs: Semifinais de Conferencia | ||
Vestimenta | Adidas | ||
Patrocinador | Leidos | ||
Na rede | |||
http://www.dcunited.com/ | |||
| |||
O seu máximo rival é o New York Red Bulls cos que disputan o derbi do Atlántico. Os xogadores máis importantes que militaron nas filas dos Black-and-Red son Jaime Moreno, Eddie Pope e Marco Etcheverry.
Historia
editarO primeiro partido oficial do D.C. United disputouse un 6 de abril de 1996 contra o San Jose Clash. Os primeiros anos do DCU foron moi exitosos gañando a U.S. Open Cup no ano 1996, a MLS Cup nos anos 1996,1997 e 1999 e ademais conseguiu os seus primeiros títulos internacionais no ano 1998, a Liga de Campións da CONCACAF e a Copa Interamericana.
Tras varios anos de seca e coa incorporación do arxentino Christián Gómez conseguiron no ano 2004 a súa cuarta MLS Cup fronte o Kansas City Wizards. Nos anos 2006 e 2007 o D.C. United gañou a MLS Supporters' Shield, e foi o primeiro equipo en conseguir face-lo de maneira consecutiva. O equipo sufriu unha mala racha estando cinco anos sen clasificarse aos MLS Cup Playoff. No ano 2013 realizou a peor tempada da súa historia, onde só puideron lograr tres vitorias na fase regular, aínda que conseguiron gañar a U.S. Open Cup, título que non conseguían dende o 2008. O ano seguinte o equipo reaccionou quedando primeiros na Conferencia Leste, pero foron eliminados nas semifinais de Conferencia.[2]
|
|
MVP da tempada
editarDatas | Nome | País |
---|---|---|
2004 | Jaime Moreno | Bolivia |
2005 | Christian Gómez | Arxentina |
2006 | Christian Gómez | Arxentina |
2007 | Luciano Emilio | Brasil |
2008 | Jaime Moreno | Bolivia |
2009 | Clyde Simms | Estados Unidos |
2010 | Andy Najar | Honduras |
2011 | Dwayne De Rosario | Canadá |
2012 | Chris Pontius | Estados Unidos |
2013 | Perry Kitchen | Estados Unidos |
2014 | Fabián Espíndola | Arxentina |
Títulos
editarNacionais
editar- MLS Cup (4): 1996 , 1997, 1998 e 2004.
- MLS Supporters' Shield (4): 1996, 1997, 2006, 2007.
- Lamar Hunt U.S. Open Cup (3): 1996, 2008, 2013.
Internacionais
editar- CONCACAF: 1998.
- Copa Interamericana: 1998.
Notas
editar- ↑ http://www.dcunited.com/coaches
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2015. Consultado o 07 de outubro de 2015.
- ↑ http://www.dcunited.com/players