Liga Xuvenil da UEFA

competición xuvenil de fútbol organizada pola UEFA

A Liga Xuvenil da UEFA é unha competición anual de clubs de fútbol organizada pola UEFA dende 2013. No seu formato actual, dispútana os equipos xuvenís dos clubs que compiten na fase de grupos da Liga de Campións da UEFA, ademais dos campións das ligas xuvenís das 32 federacións nacionais con mellor coeficiente UEFA.

Modelo:Competición deportivaLiga Xuvenil da UEFA
Editar o valor em Wikidata
Tipointernational association football clubs cup (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2013 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadasetembroEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Número de edición1 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoFutebol Clube do Porto Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata
Twitter: UEFAYouthLeague Instagram: uefayouthleague Editar o valor em Wikidata

As semifinais e as finais disputánse no estadio Colovray de Nyon, Suíza. Os gañadores reciben o Trofeo Lennart Johansson, chamado así en homenaxe ao expresidente da UEFA.

Os equipos máis laureados son o FC Barcelona e o Chelsea, con dous títulos cada un. O Chelsea foi o primeiro equipo en gañar dous títulos consecutivos en 2015 e 2016, mentres que o Barcelona saíu vencedor na tempada inaugural da competición e conseguiu o seu segundo trofeo en 2018. O campión actual é o Real Madrid.

Historia editar

En maio de 2010 a UEFA organizou un partido, coñecido como o "Desafío UEFA sub-18", entre os equipos sub-18 do Bayern de Múnic e do Inter de Milán, tres días antes da final da Liga de Campións entre os respectivos primeiros equipos dos dous clubs. O Inter gañou o encontro por 2-0 con dous goles de Denis Alibec. O partido serviu de inspiración para a Liga Xuvenil da UEFA.[1][2][3]

Finalmente na tempada 2013/14 organizouse a primeira edición da Liga Xuvenil da UEFA. Os equipos xogaron unha fase de grupos coa mesma composición e calendario que a fase de grupos da Liga de Campións 2013-14.[3] Os dous primeiros clasificados de cada grupo participaron logo na fase eliminatoria. A diferenza da Liga de Campións, a fase de eliminatorias foi a partido único, disputándose as semifinais e a final en campo neutral, en Nyon.[3]

En abril de 2014, o FC Barcelona converteuse no primeiro campión, derrotando na final ao Benfica por 3-0.

Despois dun período de proba de dous anos, a Liga Xuvenil da UEFA converteuse nunha competición permanente da UEFA a partir da tempada 2015-16, expandíndose o torneo de 32 a 64 equipos para dar entrada aos campións nacionais xuvenís das 32 mellores federacións segundo o seu coeficiente UEFA. Os 32 equipos xuvenís dos clubs da fase de grupos da Liga de Campións conservan o formato da fase de grupos, pero clasificándose para oitavos de final só o primeiro de cada grupo, mentres que os segundos clasificados deben xogar uns play-offs. Os 32 campións nacionais disputan dúas roldas eliminatorias a ida de volta, e os oito vencedores pasan ao play-offs, onde xogan un único partido na casa contra os segundos clasificados dos grupos. A partir dos oitavos de final mantense o mesmo formato de eliminatorias a partido único.[4]

O Chelsea converteuse no primeiro equipo en repetir título, ao gañar as edicións 2014/15 e 2015/16. Na edición 2016/17 proclamouse campión o Red Bull Salzburgo austríaco, un ano antes de que o Barcelona gañase fronte ao Chelsea o seu segundo título. O Chelsea repetiu subcampionato na edición 2018/19, onde perdeu na final contra o Porto, mentres que ao ano seguinte o vencedor foi o Real Madrid. O equipo branco gañou o título contra o Benfica nunha final que se adiou dende abril ata agosto, por mor da pandemia de COVID-19, mesmo motivo polo que a competición non se celebrou na tempada 2020/21.[5]

Finais editar

Tempada Campión Final Subcampión Semifinalistas
2013-14   Barcelona 3-0   Benfica   Real Madrid
  Schalke 04
2014-15   Chelsea 3-2   Shakhtar Donetsk   Anderlecht
  Roma
2015-16   Chelsea 2-1   París Saint-Germain   Anderlecht
  Real Madrid
2016-17   Red Bull Salzburgo 2-1   Benfica   Barcelona
  Real Madrid
2017-18   Barcelona 3-0   Chelsea   Manchester City
  Porto
2018-19   Porto 3-1   Chelsea   Barcelona
  1899 Hoffenheim
2019-20   Real Madrid 3-2   Benfica   Ajax
  Red Bull Salzburgo
2020–21 Cancelado debido á pandemia de COVID-19
2021-22 Disputándose

Palmarés editar

Por club
Club Títulos Subcampionatos Edicións gañadas Anos subcampión
  Chelsea 2 2 2015, 2016 2018, 2019
  Barcelona 2 0 2014, 2018 -
  Red Bull Salzburgo 1 0 2017 -
  Porto 1 0 2019 -
  Real Madrid 1 0 2020 -
  Benfica 0 3 - 2014, 2017, 2020
  Shakhtar Donetsk 0 1 - 2015
  París Saint-Germain 0 1 - 2016
Por países
País Títulos Subcampionatos Edicións gañadas Anos subcampión
  España 3 0 2014, 2018, 2020 -
  Inglaterra 2 2 2015, 2016 2018, 2019
  Portugal 1 3 2019 2014, 2017, 2020
  Austria 1 0 2017 -
  Ucraína 0 1 - 2015
  Francia 0 1 - 2016


Notas editar

  1. "Young stars take centre stage". UEFA (en inglés). 18 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  2. "Inter take Under-18 honours". UEFA (en castelán). 19 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "UEFA Youth League club competition launched". UEFA (en inglés). 7 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2013. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  4. "UEFA Youth League retained and expanded". UEFA (en inglés). 18 de setembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  5. "2020/21 UEFA Youth League cancelled". UEFA (en inglés). 17 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar