Abrir o menú principal

O PSV Eindhoven, que ten por nome oficial Philips Sport Vereniging, é un club de fútbol da cidade de Eindhoven, nos Países Baixos.

PSV
NomePhilips Sport Vereniging NV
Alcume(s)Boeren
Rood-witten
Red White Army
Fundación31 de agosto de 1913 (105 anos)
EstadioPhilips Stadion,
Eindhoven, Países Baixos
Inauguración15 de xaneiro de 1911
Capacidade35.000
PresidenteFlag of the Netherlands.svg Peter Swinkels
AdestradorFlag of the Netherlands.svg Phillip Cocu
LigaEredivisie
2012–13
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Foi fundado en 1913 e xoga na Eredivisie da liga neerlandesa de fútbol. É un dos tres "grandes" do fútbol neerlandés, xunto ao Ajax Ámsterdan e o Feyenoord Rotterdam.

Índice

HistoriaEditar

Foi fundado oficialmente o 31 de agosto de 1913 ao final dunha gran festa de deporte de Philips, esta festa fíxose coa intención de celebrar a independencia holandesa do dominio francés. O PSV Eindhoven desenvolveuse como club profesional de fútbol e ao longo da súa historia contou con xogadores como Ruud Gullit, Ronald Koeman, Mark van Bommel, Mateja Kežman, Romário, André Ooijer, Ronaldo, Phillip Cocu, Eric Gerets, Jaap Stam, Ruud van Nistelrooy, Arjen Robben, Jefferson Farfán e Patrick Kluivert.

 
Ronald Koeman, figura dos éxitos do PSV Eindhoven nos 80'

O gran éxito do club fundouse a través das achegas de xogadores como Willy van der Kuijlen, os irmáns Van der Kerkhof e January van Beveren, quen gañaron a Copa da UEFA en 1978 ao derrotar na final ao Bastia de Francia. Os éxitos internacionais do PSV volveron no ano 1988 cando, adestrado por Guus Hiddink e cun equipo que contaba con xogadores como Ronald Koeman, Eric Gerets, Soren Lerby e Wim Kieft; o PSV gañou a Copa de Europa derrotando na final ao Benfica de Portugal e deixando no camiño ao francés Girondins de Bordeos e ao Real Madrid. Logo dese triunfo, o PSV Eindhoven xogou a Copa Intercontinental ante o Nacional de Montevideo, que a perdeu ante o club charrúa.

Na actualidade demostra o seu poder tanto nas competicións locais que nas internacionais, aínda que na Liga de Campións da UEFA, o club mostrou unha boa cara, chegando ás semifinais en 2005, caendo por diferenza de goles ante o AC Milan.

 
Primeiro equipo do PSV gañador da liga en 1929.

Nos últimos anos, PSV Eindhoven demostrou ser o mellor equipo da Liga Holandesa, xa que neste período foi o que gañou máis títulos, incluídas 4 ligas consecutivas. Ademais, marcou un fito dentro do fútbol holandés: é o único club en gañar 4 títulos consecutivos de liga en dúas ocasións.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella con franxas verticais brancas, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con cadrados azuis e negros, pantalón negro, medias azuis.

EstadioEditar

Artigo principal: Philips Stadion.

O estadio de PSV chámase en neerlandés Philips Stadion e ten capacidade para 35.000 espectadores. Foi inaugurado o mesmo día de fundación do club (31 de agosto de 1913).

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Posto País Xogador
1 GK   Andreas Isaksson
2 MF   Stanislav Manolev
3 DF   Wilfred Bouma
4 DF   Marcelo
5 DF   Erik Pieters
6 MF   Kevin Strootman (vice-capitán)
7 FW   Ola Toivonen (capitán)
8 MF   Orlando Engelaar
9 FW   Tim Matavž
10 MF   Georginio Wijnaldum
11 FW   Jeremain Lens
13 MF   Atiba Hutchinson
Posto País Xogador
14 FW   Dries Mertens
15 MF   Stijn Wuytens
17 DF   Abel Tamata
18 DF   Timothy Derijck
19 FW   Jan Vennegoor of Hesselink
20 FW   Zakaria Labyad
21 GK   Przemysław Tytoń
23 MF   Funso Ojo
24 MF   Marcel Ritzmaier
33 GK   Khalid Sinouh
43 DF   Jetro Willems

PalmarésEditar

Ligazóns externasEditar