Dani Tasende

futbolista galego

Daniel Esmorís Tasende, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 6 de xullo do 2000, é un futbolista galego, que xoga de lateral esquerdo no Villarreal B, da Segunda División.

Tasende
Información persoal
Nome Daniel Esmorís Tasende
Nacemento 6 de xullo de 2000
Lugar de nacemento Silván
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Villarreal B
Número 3
Carreira xuvenil
Escolas Luis Calvo Sanz
2013–2015 Manchester City
2015–2016 Bergantiños
2016–2019 Villarreal
2017–2018 CD Roda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Villarreal C 15 (0)
2020– Villarreal B 108 (9)
2021– Villarreal 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

É irmán do futbolista do Galatasaray Angeliño.

Traxectoria editar

Comezou a formarse como futbolista nas Escolas Luís Calvo Sanz de Carballo, ata que en 2013 se trasladou a Manchester, xunto con súa nai e seu irmán Angeliño, que acababa de fichar polo Manchester City.[1] Durante os dous anos que viviu na cidade inglesa estivo na academia de fútbol do City, regresando a Galicia en 2015. Xogou unha tempada co equipo cadete do Bergantiños, actuando como extremo esquerdo con bos números goleadores, ata que o Villarreal o invitou a xogar un torneo amigable, a Yellow Cup, durante as vacacións da Semana Santa.[2] A súa boa actuación no torneo fixo que o conxunto amarelo o fichase para a súa canteira, xunto ao tamén galego Dani Pereiro.[3][4]

Xogou cos equipos cadete e xuvenil do Villarreal, sendo cedido na tempada 2017/18 ao xuvenil do CD Roda. Na tempada 2018/19 proclamouse co Villarreal campión da División de Honra Xuvenil e chegou ata a final da Copa de Campións, onde o equipo perdeu contra os xuvenís do Zaragoza na quenda de penaltis.[5] Ademais proclamouse campión da Copa do Rei Xuvenil, tras derrotar na final ao Atlético de Madrid.[6]

A finais desa mesma tempada debutou co Villarreal C en Terceira División, co que continuou na tempada seguinte. Na 2020/21 xogou co Villarreal B na Segunda División B, disputando 22 partidos, case todos como titular, e marcando dous goles. O equipo adestrado por Miguel Álvarez logrou a clasificación para a nova Primeira División RFEF, na que Tasende continuou como titular no lateral esquerdo.

O 30 de novembro de 2021 debutou da man de Unai Emery co primeiro equipo do Villarreal no estadio de Riazor, nun partido correspondente á primeira rolda da Copa do Rei 2021/22 contra o modesto Victoria coruñés, gañando por 0-8.[7] Continuou o resto da tempada no filial, sendo titular en tódolos encontros, incluídos os dous da promoción de ascenso, na que o equipo conseguiu subir a Segunda tras derrotar á UD Logroñés e ao Nàstic na Malata e en Balaídos respectivamente.[8]

Notas editar

  1. "O irmán de Angeliño, Dani Esmorís, visitou As Eiroas". 2 de xullo de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. Ferreiro, José M. (19 de marzo de 2016). "El hermano de Angeliño entrena con el Villarreal para un torneo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  3. Ferreiro, José M. (10 de abril de 2016). "El Villarreal fichará a Daniel, el hermano pequeño de Angeliño". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  4. Carballo, Pablo (18 de novembro de 2021). "El Villarreal sigue pescando en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  5. Martín, J. (11 de maio de 2019). "Zaragoza 0- Villarreal 0 (7-6): goles, resumen y resultado". As (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  6. "El Villarreal CF se impone al Atlético en la final de la Copa del Rey Juvenil (0-3)" (en castelán). 29 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  7. "Dela, Tasende y Nikita Iosifov debutan con el Villarreal CF" (en castelán). 30 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  8. Lestón, Antón (27 de xuño de 2022). "Dani Tasende: «Véxome con opcións de dar o salto»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar