Abrir o menú principal

Copa de Campións Xuvenil

A Copa de Campións é o torneo equivalente á Liga pero para os menores de 19 anos (sub-19). A competición organízaa a Real Federación Española de Fútbol, sendo o Real Madrid o gran dominador da competición con 7 títulos desde que na tempada 1986-1987 se disputase por primeira vez a División de Honra de Xuvenís. Na tempada 1995-96 modifícase o formato da competición instaurándose a actual Copa de Campións.

Copa de Campións Xuvenil
Fundación1986
RexiónEspaña España
Equipos7
Actual campiónSevilla FC
Máis laureadoReal Madrid (8 títulos)
OrganizadorRFEF
Sitio webwww.rfef.es

O vixente campión da competición, na tempada 2012-2013, é o Sevilla FC.

Sistema de competiciónEditar

Sistema actual: Copa de CampiónsEditar

Este torneo dispútase en dúas fases. Na primeira de disputa a Liga de División de Honra de Xuvenís, entre 112 equipos que se atopan divididos en 7 grupos de 16 equipos cada un.

Os primeiros clasificados de cada grupo disputan a fase final nun terreo neutral. Ao ser un número impar de equipos na fase final (sete), divídense os clubs en dous grupos, un de 4 equipos e outro de 3 dos cales saen os dous clubs finalistas que se disputarán a Copa de Campións definitivamente. Este sistema instáurase na tempada 1995-96, sendo o Deportivo da Coruña o seu primeiro vencedor.

Sistema antigo: División de HonraEditar

Desde a tempada 1986-87 ata a tempada 1994-95 dispútase este torneo mediante un sistema de Liga, similar ao actual da Liga. O primeiro clasificado era condecorado como Campión de Liga de División de Honra de Xuvenís, sendo o Real Madrid o seu primeiro vencedor e o Sevilla FC o último mediante este sistema.

TrofeoEditar

O trofeo que se entrega ao club campión deste torneo é o mesmo que o que se entrega na Liga a nivel profesional, pero de menor tamaño. O trofeo queda en propiedade dun club se o gaña tres veces de forma consecutiva ou cinco de forma alterna.

HistorialEditar

PalmarésEditar

Títulos por clubsEditar

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Real Madrid 8 4 1986/87, 1987/88, 1989/90, 1992/93, 1996/97, 1999/00, 2005/06 e 2009/10
2 Barcelona 4 5 1993/94, 2003/04, 2008/09 e 2010/11
3 Sevilla 4 2 1990/91, 1994/95, 2011/12 e 2012/13
4 Real Sociedad 2 0 1997/98 e 1998/99
Athletic Club 2 0 1988/89 e 1991/92
6 Valencia 1 3 2006/07
7 Espanyol 1 2 2007/08
8 Sporting de Gijón 1 1 2003/04
Atlético de Madrid 1 1 2001/02
Osasuna 1 1 2000/01
11 Málaga 1 0 2002/03
Deportivo da Coruña 1 0 1995/96
13 Celta de Vigo 0 2
Valladolid 0 2 -
15 Villarreal 0 1 -
Zaragoza 0 1 -
Betis 0 1 -

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

BibliografíaEditar

  • Guía Marca da Liga, 2005, 2006, 2007 e 2008.