Estadio Municipal da Malata
Coordenadas: 43°29′29″N 8°14′20″O / 43.491258, -8.239017
O Estadio Municipal da Malata é un campo de fútbol localizado en Ferrol, e onde xoga o equipo do Racing de Ferrol.
A Malata | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Localización | Ferrol, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 1993 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 12.049 |
Propietario | Concello de Ferrol |
Localía | Racing de Ferrol |
CaracterísticasEditar
O estadio está localizado nunha superficie municipal de 144.806 metros cadrados na zona da Malata, no alfoz da cidade, xunto ó recinto feiral de Punta Arnela e á desembocadura do río da Sardiña, en terreos ganados á ría de Ferrol. O campo mide 105 metros de longo e 68 de largo.
Foi construído pola empresa Agromán e financiado con 1.700 millóns de pesetas pola Xunta de Galicia. Foi proxectado por un equipo de cinco arquitectos, aínda que do seu deseño se encargou Alfredo Alcalá.
O recinto dispón de 12.024 cadeiras, todas elas a cuberto. Tamén ten un sistema de rego mediante aspersores emerxentes, un marcador electrónico, vestiarios, cafetería, oficinas, locais para radio, prensa e televisión, e piscina climatizada.
O primeiro partido xogouse o 18 de abril de 1993 en xornada de liga, entre o Racing e o Atlético de Madrid B, co resultado de 3-2. Porén, foi inaugurado oficialmente o 29 de agosto de 1993 cun partido entre o Celta e o Deportivo. A Malata substituíu ao Estadio Manuel Rivera, situado no barrio do Inferniño, que foi escenario dos encontros do Racing entre dende 1921, e levou o nome de Campo do Inferniño até 1954, cando foi renomeado na honra do mítico futbolista Manuel Rivera Martorell.