Racing Club de Ferrol

club de fútbol galego

O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol, fundado en 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23.

Racing de Ferrol
NomeRacing Club de Ferrol, S.A.D.
Alcume(s)Diaños verdes
Fundación1919
EstadioA Malata,
Ferrol
Inauguración1993
Capacidade12.042
PresidenteGalicia Manuel Ansede[1]
AdestradorCristóbal Parralo
LigaSegunda División
2023–2410 º
VestimentaAdidas
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.racingclubferrol.net/
Facebook: racingferrolsad Twitter: racingferrolsad Instagram: racingclubferrolsad Youtube: UCy-DUhgYWipcrQX-XhyqY5A TikTok: racingclubferrol Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Racing de Ferrol 2023-24.

Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940. É o club que máis tempadas militou na Segunda División sen nunca xogar en Primeira (35).

Nomes do club

editar
  • Racing Ferrol Foot-ball Club (1919–1941)
  • Club Ferrol (1941–1972)
  • Racing Club de Ferrol (1972–2001)
  • Racing Club de Ferrol, S.A.D. (2001–presente)
 
Racing de Ferrol 1919-1920.

Historia

editar

Inicios do equipo

editar
 
Entrevista a Cancela, capitán do Racing, na revista Maruxa.

Aínda que as primeiras noticias futbolísticas en Ferrol están datadas en novembro de 1892 e os primeiros clubs da cidade non se crearon até o verán de 1904, o Racing non viu a luz até a segunda metade do ano 1919. Foi por iniciativa de Manuel Fernández, coñecido como Cancela, un futbolista que quixo unir aos mellores xogadores dos distintos cadros da cidade para formar un club competitivo.[2] Así, o 5 de outubro de 1919 fundouse o Racing Ferrol Foot-ball Club, pola fusión do Racing Club (formado no mes de xullo pola fusión do Jaime I F.C. e o Giralda F.C., equipos estes nacidos en 1912) e mais o Club Ferrol (cadro nacido en 1917 co nome de Círculo Rojo F.C. da man dun vigués que cursaba estudos en Ferrol chamado Fernando De Ponte). Foi admitido na Federación Galega de Fútbol na súa asemblea anual, celebrada en Vigo o 18 de outubro pero o 30 de novembro foi expulsado por non estar aínda inscrito no rexistro de asociacións nin contar con campo de seu,[3] trámites estes que formalizaría nos meses seguintes para reingresar na federación.

O Racing empezou xogando en 1919 no Campo de Sport de Caranza e debutou na Serie B do extinto Campionato de Galicia na tempada 1920/21, logrando o ascenso á máxima categoría, a Serie A, ao remate da campaña 1922/23, cando xa xogaba no Campo do Inferniño, inaugurado en maio de 1921. Na tempada 1923/24 quedou subcampión galego tras o Celta de Vigo. Durante os anos seguintes experimentou unha imparábel progresión até proclamarse campión de Galicia na tempada 1928/29 (sen coñecer a derrota), logo de vencer ao Deportivo da Coruña no último partido do torneo rexional.[4] Con esa vitoria o equipo puido xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei, deixando na cuneta ao potente Alavés e sendo eliminado nos oitavos de final polo Athletic Club con polémicas arbitrais incluídas. Durante esas eliminatorias a prensa vasca deulle ao Racing o sobrenome de Diaños Verdes, pola grande impresión que os verdes deixaran en Vitoria e en Bilbao. No equipo verde, dirixido polo catalán José Planas, salientaban Gerardo Bilbao e Guillermo Gorostiza, que despois ficharían polo Athletic, o rioxano Alejandro (que anos despois xogaría no Atlético de Madrid), o lucense Silvosa, Pedro Basterrechea e o ferrolán Manuel Rivera, considerado como un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da guerra civil.

En 1928 creouse a Liga española de fútbol, e o Racing Club comezou a súa andaina no campionato nacional dentro do grupo galego de Terceira División (por entón, terceira categoría pura). Nas súas dúas primeiras tempadas, os ferroláns terminaron en primeira posición do seu grupo. En 1931/32 mesmo chegaron a xogar a fase de ascenso á Segunda División sendo eliminados polo C.D. Nacional madrileño. Finalmente conseguiron o ascenso ao termo da tempada 1933/34 cando a Real Federación Española de Fútbol ampliou a Segunda División a máis equipos. O Racing, no que xogaba xa o futuro internacional Juan Vázquez, só puido permanecer un ano nela, xa que terminou a tempada 1934/35 na última posición do seu grupo.

Finalista na Copa de España

editar

Durante a guerra civil española o fútbol oficial non se detivo en Galicia, e o Racing, con Planas como técnico, proclamouse vencedor do campionato galego nas tempadas 1937/38 e 1938/39 (esta última sen coñecer a derrota, superando con claridade ao Deportivo da Coruña). Grazas ao título desta última campaña conseguiu clasificarse para a Copa do Xeneralísimo 1939 no primeiro ano baixo esa denominación. Os estragos da guerra afectaron a moitos clubs, que renunciaron a participar polos custos ou porque se atopaban sen xogadores. O Racing eliminou a Real Sociedad en cuartos de final e o Baracaldo-Oriamendi nas semifinais.[5]

O equipo conseguiu así chegar até a súa primeira final do torneo copeiro. O partido disputouse o 25 de xuño de 1939 no Estadio de Montjuïc (Barcelona), e o Racing de Ferrol caeu derrotado fronte ao Sevilla FC, que partía como claro favorito, por 6 a 2. Silvosa marcou os dous goles dos ferroláns, un deles de penalti.[6] O once verde na cita foi o formado por: Alberty; Caliche, Moreno; Bertolí, Silvosa, Basterrechea; Lelé, Gallart, Barón, Edelmiro e Portugués.[7][8]

Paso pola Segunda División

editar

Logo da final de Copa, o Racing de Ferrol (que dende xaneiro de 1941 pasara a denominarse por imperativo legal Club Ferrol) permaneceu catro tempadas en Segunda División desde o ano 1939 até 1943, e logo de forma ininterrompida desde 1944 até 1960, cando volveu descender á 3ª División. En 1952 o equipo ferrolán disputou por primeira vez na súa historia a liguiña de ascenso a Primeira División, aínda que non puido conseguir o seu obxectivo ao terminar en última posición de seis equipos.

En 1954, logo de varios anos sometido a un proceso de remodelación, o campo do Inferniño foi rebautizado co nome de estadio Manuel Rivera, en memoria do excelso futbolista falecido de maneira prematura. Ampliou capacidade, pasando de 3 000 a 8 000 localidades, e quedou convertido nun estadio con pista de atletismo e torre do Maratón.

En 1960 o club regresou, como queda dito, ao grupo galego de Terceira División. A pesar de ser o seu máximo dominador, gañando e goleando case sempre, o Racing caía nas fases de ascenso (Huelva, Rayo Vallecano, Abarán...) e non conseguiu o seu obxectivo até o ano 1966, con Satur Grech á fronte do banco, cando superou na rolda final á UE Sants barcelonesa no Camp Nou. O seu novo paso por Segunda durou nesta ocasión seis tempadas e o seu posto máis destacado foi unha cuarta posición na tempada 1968/69, a un só punto do ascenso, despois de 17 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, case toda a 2ª volta en postos de ascenso e unha liña de oito triunfos seguidos. Por outra banda, en 1967 o equipo fíxose coa 22ª edición do Trofeo Teresa Herrera logo de eliminar ao Deportivo da Coruña na semifinal e superar por 3 a 0 ao Celta de Vigo na final. Nestes anos, os da presidencia de Ramón Sánchez Dopico, o Racing bateu récords en número de socios e milleiros de afeccionados enchían o estadio Manuel Rivera domingo tras domingo.

O Racing de Ferrol descendeu a Terceira en 1972 (ano no que deixou de chamarse Club Ferrol para pasar a titularse Racing Club de Ferrol, até hoxe) e os verdes non conseguiron regresar á división de prata até seis anos despois. En 1978 a Federación Española reestruturou todo o campionato profesional e introduciu entre a Segunda e a Terceira a Segunda División B (cos mellores equipos da Terceira da tempada 1976/77). Os ferroláns quedaron encadrados no grupo 1º desa Segunda B con rivais de toda a metade norte de España, e conseguiron o seu ascenso como campións da súa división. Con todo, só permaneceron unha tempada en Segunda, a 1978/79, ao terminar en última posición de 20 equipos.

Crise de resultados

editar

Tras o seu descenso, o Racing de Ferrol atravesou unha grave crise deportiva e económica. O equipo chegou até a descender a Terceira División en 1984, obtendo a súa posición máis baixa en 1987 ao rozar os postos de descenso á división rexional. A estas crises sumouse unha mala xestión da directiva, que terminou coa inhabilitación do presidente da entidade, Vicente Bastida De la Calle, en 1983, polo famoso "caso Camilo". O club conseguiu regresar a Segunda B en 1988 e tamén en 1992, asentándose por completo nesa categoría a partir dese ano. En 1993 tivo lugar a inauguración do Campo da Malata.

En 1995 os ferroláns volveron loitar por subir, logo de quedaren primeiros no seu grupo de Segunda B, aínda que na liguiña de ascenso empataron na última xornada fronte ao Beasain e quedaron por detrás do Almería CF. Durante seis anos o conxunto galego terminou nas posicións altas da táboa, até que na tempada 1999/2000, ao cuarto intento, o Racing de Ferrol logrou subir a Segunda co ferrolán José Ramón Arteche como técnico, logo de vencer na fase final ao Barakaldo CF, AD Ceuta e CF Gandia.

Século XXI

editar
 
Racing de Ferrol - CDC Areas na Malata, 2011.
 
Celebración dun gol do Racing no Estadio de Pasarón, 2022.

Para poder xogar na Segunda División (na que se atoparía con rivais como o Atlético de Madrid, Betis ou o Sevilla), o Racing de Ferrol tivo que converterse en sociedade anónima deportiva, trámite verificado no verán de 2001 co Concello de Ferrol e Isidro Silveira (presidente dende 1995) como principais accionistas. O equipo permaneceu tres tempadas na segunda categoría, cun noveno lugar como posto máis destacado na tempada 2001/02, pero descendeu en 2003 ao finalizar en antepenúltima posición.

Cunha tempada en Segunda B, o club regresou a Segunda División en 2004 con Luis César como adestrador logo de superar na fase de ascenso a Castellón, Atlético de Madrid B e Sevilla B, e viviu dous anos na división de prata. Os galegos volveron ascender en 2007 da man dos irmáns Juan e José Veiga (superando os desaparecidos CD Linares primeiro e Alicante CF despois) e na tempada 2007/08 terminaron en décimo novena posición, o que supuxo unha nova perda de categoría.

Na tempada 2008/09 o equipo acabou sétimo en Segunda B. A crise económica obrigou ao club a desprenderse dalgúns dos seus mellores xogadores, o que provocou, na tempada 2009/10, o descenso a Terceira logo de 18 tempadas sen xogar no cuarto andar do fútbol español.

Na tempada 2010/11 o Racing acadou a segunda posición na táboa. Os ferroláns xogaron a fase de ascenso, superando na primeira rolda ao Binéfar, pero caendo eliminados na segunda polo Izarra. A tempada seguinte foi moito máis irregular para o Racing, que quedou en novena posición, a 15 puntos da promoción. Na tempada 2012/13, o equipo proclamouse campión do grupo I de Terceira, sumando 97 puntos, novo récord histórico no grupo galego ademais de ser o campión con máis puntos dos 18 grupos nesa tempada. Na promoción de campións, o Racing empatou 1-1 contra o Laudio en terras vascas, sentenciando a eliminatoria por 1-0 na Malata e volvendo a Segunda B tres anos despois.

Estadio

editar
Artigo principal: Estadio Municipal da Malata.

O campo onde xoga como local é o estadio Municipal da Malata. Sitúase nunha superficie municipal de 144 806 metros cadrados na zona da Malata, xunto ao Recinto feiral de Punta Arnela. O campo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros e unha capacidade para 12 024 persoas.

Canteira

editar

Conta cunha ampla canteira nas categorías inferiores como, benxamins e alevíns.[9] Tamén conta con categorías superiores en ligas galegas como infantil, cadete e xuvenil.[10][11]

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta e medias verdes, pantalón branco.
  • Uniforme reserva: Camiseta a raias verticais brancas e negras, pantalón negro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verdes.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 36
  • Tempadas no terceiro nivel ligueiro (antigas Terceira e Segunda B e actual 1ª RFEF): 46
  • Tempadas no cuarto nivel ligueiro (Terceira e actual 2ª RFEF): 10
  • Mellor clasificación na liga: (Segunda División grupo 1º, tempada 1939-40); (Segunda División, grupo único, tempada 1968/69).

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Nivel Posto
1929 3ª Cat
1930/31 3ª Cat
1931/32 3ª Cat
1932/33 3ª Cat
1933/34 3ª Cat  
1934/35 2ª Cat
1939/40 2ª Cat
1940/41 2ª Cat
1941/42 2ª Cat
1942/43 2ª Cat  
1943/44 3ª Cat  
1944/45 2ª Cat 10º
1945/46 2ª Cat
1946/47 2ª Cat 10º
1947/48 2ª Cat
1948/49 2ª Cat 14º
1949/50 2ª Cat 12º
1950/51 2ª Cat
1951/52 2ª Cat
1952/53 2ª Cat
1953/54 2ª Cat
1954/55 2ª Cat 12º
1955/56 2ª Cat
Tempada Categoría Nivel Posto
1956/57 2ª Cat 16º
1957/58 2ª Cat 12º
1958/59 2ª Cat 10º
1959/60 2ª Cat 16º  
1960/61 3ª Cat
1961/62 3ª Cat
1962/63 3ª Cat
1963/64 3ª Cat
1964/65 3ª Cat
1965/66 3ª Cat  
1966/67 2ª Cat
1967/68 2ª Cat
1968/69 2ª Cat
1969/70 2ª Cat 10º
1970/71 2ª Cat
1971/72 2ª Cat 18º  
1972/73 3ª Cat
1973/74 3ª Cat
1974/75 3ª Cat
1975/76 3ª Cat
1976/77 3ª Cat  
1977/78 2ªB 3ª Cat  
1978/79 2ª Cat 20º  
Tempada Categoría Nivel Posto
1979/80 2ªB 3ª Cat 16º
1980/81 2ªB 3ª Cat 11º
1981/82 2ªB 3ª Cat 17º
1982/83 2ªB 3ª Cat
1983/84 2ªB 3ª Cat 20º  
1984/85 4ª Cat
1985/86 4ª Cat
1986/87 4ª Cat 17º
1987/88 4ª Cat  
1988/89 2ªB 3ª Cat 13º
1989/90 2ªB 3ª Cat 17º  
1990/91 4ª Cat
1991/92 4ª Cat  
1992/93 2ªB 3ª Cat 12º
1993/94 2ªB 3ª Cat 13º
1994/95 2ªB 3ª Cat
1995/96 2ªB 3ª Cat
1996/97 2ªB 3ª Cat
1997/98 2ªB 3ª Cat
1998/99 2ªB 3ª Cat
1999/00 2ªB 3ª Cat  
2000/01 2ª Cat 16º
2001/02 2ª Cat
Tempada Categoría Nivel Posto
2002/03 2ª Cat 20º  
2003/04 2ªB 3ª Cat  
2004/05 2ª Cat 16º
2005/06 2ª Cat 20º  
2006/07 2ªB 3ª Cat  
2007/08 2ª Cat 19º  
2008/09 2ªB 3ª Cat
2009/10 2ªB 3ª Cat 19º  
2010/11 4ª Cat
2011/12 4ª Cat
2012/13 4ª Cat  
2013/14 2ªB 3ª Cat
2014/15 2ªB 3ª Cat
2015/16 2ªB 3ª Cat
2016/17 2ªB 3ª Cat
2017/18 2ªB 3ª Cat 18º  
2018/19 4ª Cat  
2019/20 2ªB 3ª Cat 11º
2020/21 2ªB 3ª Cat
2021/22 1ª RFEF 3ª Cat 3º/1º
2022/23 1ª RFEF 3ª Cat  
2023/24 2ª Cat 10º
2024/25 2ª Cat

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Posto País Xogador
1 POR   Gazzaniga
2 DEF   Delmás
3 DEF   Pumar
4 DEF   Jon García
5 DEF   Clemente
6 MED   Bernal
7 DIA   Héber Pena
8 MED   Álex López
9 DIA   Manu Justo
10 MED   Josep Señé
11 MED   Nacho
12 DEF   Ferrone
Posto País Xogador
13 POR   Bernad
14 MED   Álvaro Vadillo
15 DEF   Castro
16 MED   Fran Manzanara
17 MED   Chuca
18 DEF   Brais
19 DIA   Sabin Merino
20 DIA   Álvaro
21 DEF   Moi Delgado
22 MED   Iker Losada
23 DIA   Carlos Vicente
24 DEF   Cubero

Goleadores por tempada

editar

Corpo técnico

editar
 
Brath Miraz e Pepe Criado, presidentes do Galicia de Mugardos e Racing de Ferrol en 2023.
Cargo Nome
Adestrador Cristóbal Parralo
2º adestrador Javier Manjarín
Pablo López
Preparador físico Kiko Corredoira
Ad. de porteiros César Caamaño
Readaptador Óscar Ares

Adestradores

editar
Categoría principal: Adestradores do Racing de Ferrol.

Palmarés

editar
 
Seareiros do Racing de Ferrol.

Torneos nacionais

editar

Torneos estatais

editar

Torneos amigables

editar

Premios

editar
  1. H. Pena (29 de agosto de 2023). "Pepe Criado deixa a presidencia do Rácing de Ferrol despois de 32 anos á fronte do club". Nós Diario. 
  2. Caixa Galicia (ed.). "Racing de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  3. "De Sport". Diario de Pontevedra (en castelán) (10710). 3 de decembro de 1919. p. 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  4. Mundo Deportivo, ed. (5 de decembro de 1928). "O Racing de Ferrol venceu onte 1 a 0 ao Deportivo da Coruña". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  5. ABC, ed. (20 de xuño de 1939). "O Racing de Ferrol del Caudillo, 2; Oriamendi, 1". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  6. La Vanguardia, ed. (27 de xuño de 1939). "El domingo se clausuró brillantemente la "Copa del Generalísimo", en el Estadio". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  7. "El Sevilla, campeón de España". El Pueblo Gallego (en castelán) (4919). 27 de xuño de 1939. p. 8. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  8. "El Sevilla F. C. conquistó la Copa del Generalísimo al vencer al Racing ferrolano, por seis tantos a dos". El Ideal Gallego (en castelán) (6131). 27 de xuño de 1939. p. 4. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  9. "Escuela". racingclubferrol.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  10. "Racing de Ferrol xuvenil". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  11. "Racing de Ferrol Cadete". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  12. "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2-2)" (TIFF). Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76. 7 de xullo de 1947. p. 3. 
  13. "En el Inferniño". El Correo Gallego (en castelán) (20821). 15 de novembro de 1938. p. 2. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  14. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar