Abrir o menú principal

O Trofeo Concepción Arenal é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade de Ferrol, desde 1953. É organizado polo Racing de Ferrol e trátase dun dos torneos futbolísticos de maior prestixio e antigüidade que se celebran en España, dedicado á insigne escritora ferrolá Concepción Arenal.

Trofeo Concepción Arenal
XLVI Trofeo Concepción Arenal.jpg
Fundación1953
RexiónFlag of Galicia.svg Galicia
Equipos2
Actual campiónGalicia Deportivo
Máis laureadoGalicia Deportivo (16)
OrganizadorRacing de Ferrol
Sitio webrcf.net/concepcionarenal

Índice

HistoriaEditar

Encadrado dentro das festas de verán da cidade, o entón Alcalde de Ferrol, José Manuel Alcántara Rocafort e o seu Concelleiro de Deportes, Manuel Seijas Brea, foron os seus principais impulsores. Durante a súa historia, a organización do torneo correu a cargo do Concello ferrolán, do Padroado Municipal de Deportes ou do Racing Club de Ferrol, equipo que se encarga da mesma nas súas últimas edicións.

Comezou en 1953 cun encontro entre o Athletic Club e o Valencia CF, alzándose o equipo bilbaíno co trofeo. Numerosos equipos participaron no mesmo, tanto españois como estranxeiros, entre os que destacan o Deportivo da Coruña, Celta de Vigo, FC Barcelona, Real Madrid ou Valencia CF.

Os partidos disputábanse no vello Estadio Manuel Rivera do Inferniño ata a edición de 1992. Desde entón, xóganse no Estadio da Malata, fóra da edición de 2001, disputada no Campo de Fútbol da Gándara, por obras na Malata.

FinaisEditar

Ano Campión Subcampión Resultado
1953   Athletic Club   Valencia CF 3–1
1954   Valencia CF   Atlético de Madrid 5–4
1955 Non se disputou
1956   Deportivo da Coruña Torneo triangular
1957   Celta de Vigo Torneo triangular
1958   Real Betis Torneo triangular
1959   Racing de Ferrol Torneo triangular
1960   Real Murcia Torneo triangular
1961 Non se disputou
1962   Real Betis   Deportivo da Coruña 1–1
1963   Deportivo da Coruña   Vitória de Guimarães 4–0
1964   Racing de Ferrol   Deportivo da Coruña 2–1
1965   Racing de Ferrol Torneo triangular
1966   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 1–1 (p)
1967   Celta de Vigo   Racing de Ferrol 1–0
1968   FC Barcelona   Real Zaragoza 2–0
1969   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 2–1
1970   Sporting de Gijón   Racing de Ferrol 2–1
1971   Sporting de Gijón Torneo triangular
1972 Non se disputou
1973   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 2-1
1974   Deportivo da Coruña Torneo triangular
1975   Palestino   Racing de Ferrol 4-0
1976   UD Las Palmas   Racing de Ferrol 2-1
1977   Real Madrid   Racing de Ferrol 3–1
1978   Elche CF   Racing de Ferrol 1–0
1979   Real Sociedad   Racing de Ferrol 2–0
1980 Non se disputou
1981   Racing de Ferrol   Real Oviedo 1–0
1982   Deportivo da Coruña   SD Compostela 4–1
1983 Non se disputou
1984   Real Madrid   Deportivo da Coruña 3–0
1985   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 2–1
1986   Deportivo da Coruña   Nacional de Montevideo 2–2 (p)
1987   Deportivo da Coruña Torneo triangular
1988   Racing de Ferrol   As Pontes 2–1
1989   UD Salamanca   Racing de Ferrol 3–1
1990 Non se disputou
1991   Celta de Vigo   Racing de Ferrol 2–0
1992   CD As Pontes   Racing de Ferrol 2–2 (p)
1993   SD Compostela   Racing de Ferrol 3–1
1994   Aston Villa   Atlético de Madrid 0–0 (p)
1995   AFC Ajax   Real Zaragoza 1–1 (p)
1996   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 3–1
1997   Futebol Clube do Porto   Racing de Ferrol 1–0
1998   Celta de Vigo   Racing de Ferrol 7–2
1999   Real Valladolid   Racing de Ferrol 1–0
2000 Non se disputou
2001   Racing de Ferrol   Sporting de Gijón 2–1
2002   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 1–0
2003   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 4–1
2004   Celta de Vigo   Racing de Ferrol 1–1 (p)
2005   Racing de Ferrol   Sporting de Gijón 1–0
2006   Recreativo de Huelva   Racing de Ferrol 0–0 (p)
2007   Racing de Ferrol   Pontevedra CF 4–0
2008   Real Zaragoza   Racing de Ferrol 3–2
2009   Río Ave   Racing de Ferrol 1–0
2010   Celta de Vigo   Racing de Ferrol 3–0
2011   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 1–1 (4–3 p)
2012 Non se disputou
2013   SD Ponferradina   Racing de Ferrol 1-1 (9–8 p)
2014 Non se disputou
2015   CD Lugo   Racing de Ferrol 3-1
2016   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 2–0
2017   Deportivo da Coruña   Racing de Ferrol 4–1

PalmarésEditar

Equipo Títulos Anos
  Deportivo da Coruña 16 1956, 1963, 1966, 1969, 1973, 1974, 1982, 1985, 1986, 1987, 1996, 2002, 2003, 2011, 2016, 2017
  Racing de Ferrol 8 1959, 1964, 1965, 1981, 1988, 2001, 2005, 2007
  Celta de Vigo 6 1957, 1967, 1991, 1998, 2004, 2010
  Real Betis 2 1958, 1962
  Sporting de Gijón 2 1970, 1971
  Real Madrid 2 1977, 1984
  Athletic Club 1 1953
  Valencia CF 1 1954
  Real Murcia 1 1960
  FC Barcelona 1 1968
  Palestino 1 1975
  UD Las Palmas 1 1976
  Elche CF 1 1978
  Real Sociedad 1 1979
  UD Salamanca 1 1989
  CD As Pontes 1 1992
  SD Compostela 1 1993
  Aston Villa 1 1994
  Ajax Ámsterdan 1 1995
  Porto 1 1997
  Real Valladolid 1 1999
  Recreativo de Huelva 1 2006
  Real Zaragoza 1 2008
  Río Ave 1 2009
  SD Ponferradina 1 2013
  CD Lugo 1 2015

Véxase taménEditar