Club Deportivo Lugo
O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que milita na Primeira Federación. O equipo foi fundado en 1953 trala desaparición dos dous principais equipos da cidade, a Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andaina na Terceira División e militou na Segunda División durante a tempada 1992–93, perdendo a categoría ese mesmo ano.
Lugo | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Lugo S.A.D. | |||
Alcume(s) | Albivermellos, Luguiño O xogo bonito | |||
Fundación | 16 de xuño de 1953 | |||
Estadio | Anxo Carro, Lugo, Galicia | |||
Inauguración | 31 de agosto de 1976 | |||
Capacidade | 7.840 | |||
Presidente | Tino Saqués | |||
Adestrador | Lolo Escobar | |||
Liga | Primeira Federación | |||
2023–24 | 10º | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Na rede | ||||
http://www.cdlugo.com/gl | ||||
| ||||
Logrou retornar ao fútbol profesional o 25 de xuño de 2012, logo de vinte campañas en categorías inferiores. O ano anterior, durante a tempada 2010-11, o club conseguira o campionato de liga do grupo 1 da Segunda División B, o que lle permitira xogar a fase de ascenso. Con todo, non acadaría o seu obxectivo. Ao ano seguinte, porén, pese acadar tan só o terceiro posto do seu grupo conseguiría o ascenso logo de superar senllas eliminatorias ante o Eibar, o Atlético Baleares, campión do grupo 3, e o Cádiz, campión do grupo 4. O último encontro polo ascenso ante os gaditanos non foi senón resolto até chegar á rolda de penaltis. O club mantívose na categoría de prata durante as seguintes once tempadas, ata que acabou descendendo ao remate da 2022/23. O Lugo posúe un filial na Terceira División RFEF, o Polvorín Fútbol Club.
Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, estadio que contaba até a súa remodelación en verán de 2013 con capacidade para 4.800 seareiros, sendo aumentada até albergar 7.840 espectadores. O adestrador principal do club é Paulo Alves. No aspecto institucional o presidente desde o ano 2015 é Tino Saqués. O principal patrocinador do club desde 2012 é Estrella Galicia.
Historia
editarOrixes
editarEn 1908 fundouse na capital lucense o Club Deportivo de Lugo, equipo que disputaría os seus encontros no vello campo do Polvorín, que daquela era usado como aeródromo durante as festas de San Froilán. Con todo, o equipo non tivo moito éxito e nunca chegou a participar en competicións federadas.
Posteriormente apareceron dous equipos que representaron á cidade en partidos de fútbol: o Lugo Spórting e a Sociedade Ximnástica Raio, os cales deron lugar ao primeiro club importante da cidade en 1943: a Ximnástica Lucense. Posteriormente aparecería outro club que sería semente, ao igual que a Ximnástica, do futuro Club Deportivo Lugo: o Club Deportivo Polvorín.
A Ximnástica Lucense
editar- Artigo principal: Sociedade Ximnástica Lucense.
A Sociedade Ximnástica Lucense fora fundada en 1943, entre outros por Felisindo Rodríguez Caride, nacendo da fusión de dous equipos da cidade: a Sociedade Ximnástica Raio e o Club de Lugo. Un ano despois da súa fundación a Ximnástica lograba o seu primeiro título, a Copa Galicia, e tan só catro anos despois conseguía ascender á Segunda División, época na que aínda non existía a Segunda División B e a primeira división estaba limitada a dezaseis equipos. Este ascenso da Ximnástica tivo tres artífices principais: Anxo Carro Crespo, José Páramo Fernández e Paco Rivera Manso. Porén o equipo só se mantivo tres tempadas na categoría:
Tempada | Posto | Nome | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PN |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1949–50 | |||||||||
1950–51 | |||||||||
1951–52 | |||||||||
Total |
A tempada seguinte, despois do descenso á Terceira División, comezou cunha avultada derrota, perdendo por 9-1 nun amigable contra o Celta de Vigo. Este mesmo ano, debido aos axustes da FEF nas categorías, pese a descender da Segunda División tivo que xogar pola permanencia en Terceira, o que puido chegar a supoñer o descenso de dúas categorías nun só ano. Con todo conseguiu manterse, aínda que iso non evitou a desaparición do equipo ao ano seguinte, sendo presidente Rafael Sarandeses. O último partido da Sociedade xogouse en Badalona, onde os lucense perderon por 3-0, xogando ese encontro: Prego; Andreu, Tito, Mantido; Otero, Fiestas; Avelino, Antonio, Sáez, Fraga e Ezcurra. Con respecto ao campionato de Copa, a Ximnástica participou en catro ocasións, chegando até a cuarta rolda nas edicións de 1944, 1948 e 1949.
Ano | Data | Equipo local | Resultado | Equipo visitante |
---|---|---|---|---|
1944 | 22 de febreiro de 1944 | SX Lucense | Betanzos CF | |
27 de febreiro de 1944 | UD Ourensana | SX Lucense | ||
29 de febreiro de 1944 | SX Lucense | UD Ourensana | ||
22 de febreiro de 1944 | SX Lucense | Berbés CF | ||
1948 | 19 de outubro de 1947 | SX Lucense | Betanzos CF | |
28 de decembro de 1947 | SX Lucense | CD Xuvenil | ||
21 de marzo de 1948 | SX Lucense | Pontevedra CF | ||
18 de abril de 1948 | SX Lucense | Club Ferrol | ||
1949 | 5 de setembro de 1948 | SX Lucense | UD Ourensana | |
19 de decembro de 1948 | CD Xuvenil | SX Lucense | ||
26 de decembro de 1948 | Pontevedra CF | SX Lucense | ||
6 de xaneiro de 1949 | SX Lucense | Celta de Vigo | ||
1950 | 27 de novembro de 1949 | SX Lucense | Club Ferrol |
O Polvorín
editar- Artigo principal: Club Deportivo Polvorín.
En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 era fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo de O Polvorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).
Entrados os anos 1950[2] o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á terceira división, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como prediente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez faise cargo do club.
Fundación
editarTrala desaparición da Ximnástica e a crise do Polvorín, ambas por motivos económicos, un grupo de seareiros locais, encabezados por Armando Rodríguez, fundarían o coñecido como Lugo Sociedade Cultural. Este club, fundando en lembranza do antigo Lugo Sport Club, tentaría ser o sucesor dos éxitos da Lucense. Porén, non tivo moito éxito a nivel deportivo. O club xogou no campo dos Miñóns, e vestiu con camisola branca, cruzada por unha franxa diagonal azul, e pantalón da mesma cor. Ante tal situación as directivas tanto da Ximnástica como do Polvorín, xuntáronse de urxencia para manter conversas e, mediante asemblea extraordinaria, acordar fusionarse entre si. Cómpre aclarar que o equipo resultante desta operación non foi nin unha excisión nin unha continuación, senón que é como club de novo rexistro e con estatuto propio: o Club Deportivo Lugo.
O acta fundacional do equipo foi levantada polo seu primeiro presidente (e antigo máximo dirixente do Polvorín) Emilio Núñez Torrón,[3] quen tempo despois pasou a ser delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo. Por estes motivos, o campo de fútbol anexo ao Anxo Carro leva o seu nome. O primeiro adestrador do Lugo foi Manuel Martínez Suárez, coñecido popularmente como "Michines", quen xa fora xogador do Lugo Spórting, da Ximnástica Lucense e do Polvorín, sendo a persoa que máis anos estivo vinculado ao primeiro equipo futbolístico da cidade.
Loitando polo ascenso
editarO equipo iniciaría a súa andaina na Terceira División, no posto que ocupara a tempada anterior o Polvorín. Nesa categoría permanecerían no restante da década de 1950, mesmo chegando a loitar en varias ocasións polos dous primeiros postos, os cales daban o dereito a promocionar cara a Segunda División, mais sen éxito.
Coa chegada da década de 1960 chegaría un novo aire á entidade e o Campo dos Miñóns troca a Estadio Anxo Carro. A nivel deportivo, na tempada 1960-61, o Lugo acada por primeira vez a segunda praza na liga, o que significaría que o club optaría ao ascenso. Na primeira rolda das eliminatorias o Lugo enfrontaríase o Cartagenera, perdendo o primeiro partido en Cartaxena por 6-0 (4 de xuño de 1961) e saíndo derrotado de novo, esta vez na casa, por 0-1 (11 de xuño de 1961).
Ao ano seguinte, durante a tempada 1961-62, o Lugo melloraría o resultado do ano anterior, quedando esta vez como campión liga. Porén, volvería a perder na promoción de ascenso, esta vez fronte ao Sevilla Atlético, empatando 1-1 en casa e perdendo, o 20 de maio de 1962, por 4-0 no Sánchez Pizjuán. Despois destas dúas campañas, o ascenso pasaría ser o principal obxectivo do club durante toda a década.
Na seguinte tempada, 1962-63, o Lugo repetiría subcampionato da man de Camilo Liz.[4] De novo caería na primeira rolda da promoción, esta vez fronte ao Algeciras CF, perdendo 3-0 na cidade gaditana e 0-2 na casa. Até a tempada 1966-67 o Lugo non volvería conseguir loitar polo ascenso, con todo ese ano presentaríase unha nova oportunidade. Esta vez os lucenses si que conseguirían pasar da primeira rolda, eliminando ao Sestao Sport Club (actual Sestao River), 1-2 fóra e 1-1 en casa; logo eliminarían ao Ibiza, 1-2 fóra e 2-0 na casa, e xa na Final da competición perderían fronte ao Constancia tras empatar 1-1 na casa e perder por 2-0 en Inca. Na seguinte tempada, 1969-70, acabar na primeira praza outorgaba o ascenso directo de categoría, con todo o Lugo quedaría ás portas tras rematar en segunda posición tralo Langreo.
Cambios de categoría
editarTras dezanove tempadas consecutivas, na tempada 1971-72 o club acaba na décimo sexta posición e debe xogar a promoción de permanencia. O rival sería o Club Deportivo Pegaso de Tres Cantos, no partido de ida os albivermellos conseguirían empatar 0-0, mais na volta perderían a categoría tras recibir un resultado de 3-0. Con todo, o paso do equipo pola Rexional sería breve: adestrados por Alfonso Pintos ao ano seguinte o club retornaría á terceira división.
Tralo ascenso o Lugo non se acomodaría nunha parte concreta da táboa, variando os seus resultados dende o quinto posto acadado na tempada 1974-75 até o décimo cuarto da 1976-77. Nesta nova etapa en Terceira construíuse o actual estadio Anxo Carro, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974 cun torneo triangular no que participaron, a parte do Lugo, o Deportivo da Coruña e o Lemos. O Lugo venceu ó Lemos nos lanzamentos de penaltis e perdeu a final co Deportivo por 1-0.
Adestrados por Manolín, na tempada 1977-78, debido á creación da Segunda División B debilitaríase o grupo, e o Lugo conseguiría ser campión logrando ascender directamente á nova categoría. Con todo, o debut na nova división non foi moi bo, e tras un mal campionato finaliza en décimo oitavo lugar, descendendo de novo. Ao ano seguinte Manolín seguiría ao cargo do equipo, mais García Pena deixaría a presidencia, a cal pasou a ocupar Manuel Illán.
Comezos na Segunda B
editarA comezos dos anos 1980 o club tentaría regresar de novo á Segunda B, con todo non foi posible pese ao empeño da directiva, chegando o desánimo aos seareiros. Na tempada 1980-81 o Lugo perde a súa primeira oportunidade de regreso, xa que aínda que conquista o título de Liga, perde na fase de ascenso fronte a Ponferradina (2-1 fóra e 1-1 no Anxo Carro). O desexado obxectivo non se conseguiría até case un lustro despois, durante a tempada 1985-86 sendo o seu adestrador Ramón Segura e o seu presidente Amador Real.
Ese ano o Lugo é de novo campión de Liga e na promoción de ascenso supera ao C.D. Leganés; 1-1 na localidade madrileña e 3-2 en casa, e ao Atlético Baleares; 2-0 en casa e 0-0 en Palma. No que resta da década, o club lucense experimenta unha notable mellora, e chega a ocupar o quinto posto nas tempadas 1988-89 e 1989-90.
Segunda División
editarNa tempada 1990-91 o equipo quedaría subcampión, e xogaría a promoción de ascenso á Segunda División. Nesta liguiña o Lugo tería que enfrontarse ao Mérida, ao Barcelona Atlético e ao Osasuna Promesas. O Lugo quedaría en último lugar. Ao ano seguinte os lucenses repetirían o segundo posto durante o campionato, gañando o dereito a disputar de novo a fase de ascenso. Esta vez os rivais serían o Extremadura o Sant Andreu e o Elche. Na última xornada o Lugo enfrontaríase ao Sant Andreu no Anxo Carro, precisando dunha vitoria para poder ascender, xa que o Sant Andreu ocupaba nesa última xornada o primeiro lugar cun punto mais que o Lugo. Tamén precisaba dunha derrota ou empate do Extremadura co Elche en Alacant, xa que os de Almendralexo ocupaban o terceiro co mesmo número de puntos. Finalmente o Lugo vencería por 2-1 con goles de Jorge e Alvite, polo que, xunto coa derrota do Extremadura, conseguiría o ascenso a categoría de prata. Ese ano o equipo estivo presidido por Xosé Núñez e adestrado por Xulio Díaz.
Na tempada 1992-93, con Xulio Díaz continuando como adestrador, o cadro de xogadores do Lugo sería o seguinte:[5]
|
|
O Club Deportivo Lugo debutaría como tal na Segunda División e comezaría a competición na capital estremeña, onde se enfrontou ao Mérida no Estadio Romano. Con todo a estrea saldouse cunha derrota pola mínima (1-0). No seguinte partido, o primeiro no Anxo Carro, conseguirían os lucenses o seu primeiro punto tras empatar co Lleida sen goles (0-0), bo resultado tendo en conta que os ilerdenses serían ao final da tempada campións de liga. Tras outra derrota pola mínima, esta vez fronte ao Eibar (2-1), o Lugo conseguiría o seu segundo punto tras empatar co Betis na casa (0-0).
A seguinte xornada depararía outra derrota por tan só un gol de diferenza, perdendo por 3-2 fronte ao Racing de Santander no Sardinero. Así o 10 de outubro chegaría a primeira vitoria, tras gañar por 1-0 ao Atlético Marbella. Tras perder outra vez fóra, o Lugo volvería gañar no Anxo Carro, esta vez por dous goles de diferenza fronte o Sabadell, pasando a ocupar o posto 14 na clasificación. Con todo, dende ese encontro o Lugo non volvería gañar até a xornada 15, vencendo ao Bilbao Athletic por 1-0. Ao final da tempada o Lugo remataría no posto 18, descendendo de novo a Segunda B e con tan só sete partidos gañados:
Xor. | Data | Lugar | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante | Pos.[6] |
---|---|---|---|---|---|---|
10-10-1992 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Atlético Marbella | |||
25-10-1992 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | CE Sabadell | |||
20-12-1992 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Bilbao Athletic | |||
28-02-1993 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Racing de Santander | |||
14-03-1993 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | UE Figueres | |||
11-04-1993 | El Vivero, Badaxoz | CD Badajoz | CD Lugo | |||
01-05-1993 | Las Llanas, Sestao | Sestao SC | CD Lugo |
Descenso
editarA estancia só durou un ano nunha complicada tempada que iniciou Xulio Díaz no banco e terminou Rodríguez Vaz. Esa situación provocou tamén a dimisión da directiva, proclamándose presidente a Luis Castro. Mais esta xestora durou só uns meses, sucedéndolle Salvador Fernández Somoza durante dúas tempadas e logo Eliseo Corral Veiga, elixido en 1996 mediante eleccións. Na tempada 1998-99 o CD Lugo chega á final da Copa Federación, que perde contra o Racing de Santander. Na liga o club readáptase sen achegarse ao ascenso, aínda que mantendo a categoría sen moitos problemas, mesmo conseguindo boas clasificacións nas campañas 1996-97 e 19997-98.
Con todo, ao comezo da década de 2000, os resultados non presaxian nada bo, na tempada 2000-01 o equipo está a piques de descender. O resultado melloraría ao ano seguinte, máis en 2003 non pode evitar o descenso á terceira división tras finalizar décimo oitavo. Ao ano seguinte o Lugo remataría no sexto posto, sen posibilidade de xogar a fase de ascenso, polo que a xunta presidida por Eliseo Corral Veiga presenta a súa dimisión na asemblea de socios do 3 de xuño de 2004. Nesa mesma asemblea, catro socios (Xaime Dapena, Delio López Dobao, Manuel Celso Matalobos e Pepe Garalva) formaron unha xunta xestora provisional que funcionou ata o 18 de xuño dese mesmo ano, no que se produciu o traspaso de poderes á nova xunta directiva, presidida por José Bouso.
Retorno e renovación
editarAo ano seguinte, na tempada 2004-05, son terceiros e agora si que se clasifican para promocionar, con todo pese a eliminar ao Ribadesella C.F. nas semifinais, gañando 3-0 en casa e 1-0 fóra, son eliminados na final polo Real Valladolid B, tras perder 4-1 na ida e empatar 0-0 no Anxo Carro. Na seguinte tempada, con Juan Hidalgo como adestrador, o equipo mellora a clasificación da anterior e é subcampión de liga. Na promoción volve a eliminar de novo ao Ribadesella; empatando 1-1 na ida e gañando 3-2 en casa, e na final consegue vencer á Gimnástica Segoviana; 3-1 en Lugo e 1-1 na cidade castelá.
Despois do ascenso, logo de dúas tempadas quedando entre os dez primeiros da categoría, a xunta directiva dirixida por José Bouso finaliza o seu mandato e abre un proceso electoral. Ante a falta de candidaturas, Bouso presentou a súa, acompañado dun equipo directivo renovado case por completo. Na tempada 2009 chegaría ao club o ex xogador e adestrador Quique Setién, con el o Lugo melloraría bastante os seus resultados. Ese ano, tras unha boa campaña na que se mantivo durante moitas xornadas nos postos de ascenso, unha mala racha deixaríao finalmente fóra dos catro primeiros postos.
Na tempada 2010,[7] con Setién de novo no banco, o Lugo proclámase campión de liga, conseguindo xogar a promoción de ascenso para campións. Nesta eliminatoria enfrontouse ao Real Murcia, campión do grupo IV. Tras perder por 2 a 0 na Nueva Condomina o Lugo gañou cun gol de Tornero no minuto 52 por 1 a 0 no Anxo Carro, o que non serviu para poder remontar a eliminatoria e acadar o ascenso. No último minuto do encontro foille anulado a Yago un gol dubidoso, o que suporía a posibilidade de xogar a prórroga. Tras non conseguir o ascenso directo, o equipo enfrontouse ao Deportivo Alavés nas semifinais da promoción. O partido de ida en Mendizorroza finalizou cun empate a cero goles, vencendo o Lugo no Anxo Carro por 2 a 1, o que lle valeu o pase para a eliminatoria definitiva onde xogará contra o Alcoyano. Nesta última rolda os lucenses perderían por 1 a 0 ambos encontros, non conseguindo o ascenso de categoría.
Fase de ascenso 2010–11 | ||||
---|---|---|---|---|
Data | Estadio | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante |
22-5-2011 | Nueva Condomina, Murcia | Real Murcia | CD Lugo | |
29-5-2011 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Real Murcia | |
5-6-2011 | Mendizorroza, Vitoria | Ficheiro:600px 600px bisection vertical White HEX-0033CC.svg Deportivo Alavés | CD Lugo | |
12-6-2011 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Ficheiro:600px 600px bisection vertical White HEX-0033CC.svg Deportivo Alavés | |
19-6-2011 | El Collao, Alcoi | Alcoyano | CD Lugo | |
26-6-2011 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Alcoyano |
Ascenso
editarNa tempada 2011-12, con Quique Setién de novo como adestrador, o equipo ponse como obxectivo, tras estar tan preto a tempada anterior, o ascenso á Segunda División. A liga comezou de xeito esperanzador para o cadro albivermello cunha vitoria por 1 a 4 fronte o Celta de Vigo B no Municipal de Barreiro. Posteriormente o Lugo conseguiría permanecer invicto até a xornada 11, perdendo por 0-2 fronte ao Coruxo. Até a final da primeira volta o Lugo tan só volvería perder unha vez, sería contra o Real Madrid Castilla por 1 a 0, con gol dos casteláns no minuto 85 no Estadio Alfredo di Stéfano.
A segunda volta comezaría con empates e unha derrota fronte por 1 a 0 fronte o La Roda. Tras ocupar a primeira posición da liga durante gran parte da tempada, o Lugo descendería á segunda posición, para finalmente descender á terceira tras perder na última xornada fronte o Toledo, que se xogaba a permanencia. Así finalmente o Lugo remataría por detrás do Real Madrid Castilla e o CD Tenerife, pero con dereito a xogar a fase de ascenso cara á "categoría de prata".
O sorteo para a primeira rolda da fase de ascenso decidiu que o Lugo se enfrontaría ao Eibar, un equipo cun destino semellante ao dos lucenses: campións do Grupo 2 a tempada pasada e terceiros nesta. No partido de ida, no Anxo Carro, a escuadra albivermella consegue derrotar aos vascos grazas a un gol no minuto 74 de Belencoso tras un erro da defensa guipuscoana. No partido de volta o Lugo conseguiría defender o resultado da ida en Ipurua, pasando cara á seguinte rolda.
CD Lugo | 1 - 0 | SD Eibar | 20 de maio de 2012, 18:00 – Anxo Carro, Lugo Asistencia: 3.800 Árbitro: Adrián Cordero Vega (Cantabria) |
Belencoso 74' | Informe |
||
SD Eibar | 0 - 0 | CD Lugo | 26 de maio de 2012, 20:15 – Ipurua, Éibar Asistencia: 2.616 Árbitro: Víctor Areces Franco (Asturias) |
Informe |
|||
Na seguinte eliminatoria o seguinte rival sería o Atlético Baleares, equipo campión do Grupo 3, que viña de perder na eliminatoria de campións fronte ao Mirandés. Os palmeses contaban no seu conxunto con ex xogadores con antiga soleira na primeira división como José Izquierdo, Javier Dorado, Jesús Perera ou Antoñito. No partido de ida no Anxo Carro o Lugo conseguía gañar por 3-1 logo de ir gañando por tres tantos até o minuto 87. No partido de volta os lucenses conseguiron un empate a cero goles, o que os levou a xogar, xa si, a eliminatoria definitiva. A mala nova foi a lesión do porteiro do Lugo, Diego Rivas, que sufriu unha laceración no ril durante o partido e tivo que ficar na illa máis tempo co resto dos seus compañeiros.
CD Lugo | 3 - 1 | CD Atlético Baleares | 3 de xuño de 2012, 12:00 – Anxo Carro, Lugo Asistencia: 5.000 Árbitro: Carlos Sánchez Laso (Estremadura) |
Quero 17' Belencoso 20' Belfortti 57' |
Informe |
Dani 87' | |
CD Atlético Baleares | 0 - 0 | CD Lugo | 10 de xuño de 2012, 12:00 – Estadio Balear, Palma Asistencia: 10.000 Árbitro: Julio Fermín Leo Ollo (Navarra) |
Informe |
|||
Na eliminatoria final o Lugo enfrontaríase ao histórico Cádiz Club de Fútbol. O Lugo tras ir gañando (3-0), volveu recibir un gol nos últimos intres do encontro para rematar finalmente 3 a 1. O partido non estivo exento de polémica e durante a semana o Cádiz mesmo a chegou protestar pola legalidade dos tres goles do Lugo, feito que tivo eco en moitos medios de comunicación. Durante o partido foi expulsado o adestrador do Cádiz, así como tódolos seus asistentes.
No partido de volta, coa Tacita de Plata chea de espectadores, con máis de 300 chegados dende Galicia. O Cádiz sae xa dende o primeiro intre disposto a remontar a eliminatoria, conseguindo finalmente tralos 90 minutos regulamentarios igualar o resultado do partido de ida e levar o partido á prórroga. Con todo o Lugo dispuxo de varias ocasións cara ao final do encontro que lle puideron dar o ascenso antes de chegar ao tempo extra. Na prórroga o resultado non se movería, estando marcado polos continuos paróns por mor dos problemas físicos dos gaditanos. Finalmente o ascenso tívose que decidir nos penaltis, onde o Lugo conseguiu vencer por 2 a 3.
A aliñación do Lugo no partido definitivo contou con Miguel Escalona na portería, Aitor, Belfortti, Garrido e o capitán Manu na defensa, Pita, Rubén García (substituído por Luismi no 76), Quero e Monti (substituído por Iván Zarandona no 96) como centrocampistas e Isma (substituído por Berodia no 87) e Belencoso na dianteira.
CD Lugo | 3 - 1 | Cádiz CF | 17 de xuño de 2012, 19:00 – Anxo Carro, Lugo Asistencia: 6.000 Árbitro: José Ignacio Hernández Cifuentes (Castela e León) |
Pita 12' Belencoso 33' Quero 68' |
Informe |
Óscar Pérez 81' | |
Cádiz CF | 3 - 1 (Penaltis 2 - 3) |
CD Lugo | 24 de xuño de 2012, 19:00 – Ramón de Carranza, Cádiz Asistencia: 15.000 Árbitro: Ignacio Hermosilla Alaña (A Rioxa) |
Ferreiro 12' Dioni 46' Juanjo 63' Ferreiro Góngora Akinsola Cases Yuste |
Informe |
Monti 28' Pita Belfortti Luismi Berodia Manu | |
Fase de ascenso 2011-12 | ||||
---|---|---|---|---|
Data | Estadio | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante |
20-5-2012 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Eibar | |
26-5-2012 | Ipurua, Éibar | Eibar | CD Lugo | |
3-6-2012 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Atlético Baleares | |
10-6-2012 | Estadio Balear, Palma | Atlético Baleares | CD Lugo | |
17-6-2012 | Anxo Carro, Lugo | CD Lugo | Cádiz | |
24-6-2012 | Ramón de Carranza, Cádiz | Cádiz | CD Lugo |
Tras conseguir o ascenso o Lugo regresarían ao día seguinte á cidade,[8] onde foron recibidos nun primeiro intre na praza de Augas Férreas. Posteriormente, xa no serán, o club sería recibido polas diferentes institucións da cidade, senda a primeira parada ás oito na praza de San Marcos, onde foron recibidos polas autoridades da Deputación. Alí despois dos descursos recibion unha placa e insignias conmemorativas. Posteriormente os xogadores trasladáronse cara á praza Maior nun autobús convertible coas cores do equipo, para ser recibidos na casa consistorial polo alcalde e os distintos concelleiros. Dende o balcón do Casa Consistorial os xogadores festexaron o triunfo ante miles de seareiros, 15.000 segundo Protección Civil. Posteriormente darían unha volta á Muralla no autobús, onde na zona da Mosqueira os agardaría unha bandeira xigante que cubría ao monumento. Outros actos incluíron á ofrenda na catedral de Santa María, á visita ao Pazo de Raxoi onde os recibiría o Presidente da Xunta e á sede central de Estrella Galicia, patrocinador principal do club a partir da seguinte tempada.
O cadro de xogadores do Club Deportivo Lugo que acadou o ascenso foi o seguinte:
|
|
Retorno á categoría de prata
editar- Véxase tamén: Tempada 2012/13 do Club Deportivo Lugo.
No verán de 2012 o Lugo decide reformar por completo o seu cadro de xogadores para afrontar o salto de categoría á Segunda División. Para iso marcharon trece dos "Heroes do Carranza" e chegaron quince novos xogadores. Coa continuidade de Quique Setién no banco e con pouco tempo para preparar a tempada debido a que a fase de ascenso terminara tarde, o Lugo xogaría o seu primeiro encontro no seu regreso á categoría ante o Hércules no Anxo Carro. O 18 de agosto formarían por parte do Lugo inicialmente Yoel, De Coz, Fran Pérez, Pavón, Manu, Pita, Seoane, Héctor Font, Pablo Álvarez, Tonetto e Quiroga. Os albivermellos conseguiron finalmente a vitoria por un gol a cero con gol de Manu de penalti. Na terceira xornada lesionaríase o dianteiro arxentino Mauro Quiroga tras unha entrada a destempo do central do Córdoba Gaspar, que fixo que se perdese o resto da tempada. O seu posto na dianteira ocupouno Óscar Díaz, quen xa xogara nos partidos anteriores como extremo, sendo co paso das xornadas a referencia ofensiva do equipo e converténdose nun dos goleadores da Liga.
Tras unhas primeiras xornadas nas que ao Lugo custáballe anotar goles,[9][10] ao final da primeira volta o Lugo a 10 puntos de diferenza dos postos de descenso e a tan só dous da fase de ascenso á primeira división, polo que é considerado pola prensa como un dos equipos revelación da liga e como o "mataxigantes", debido aos bos resultados acadados ante os equipos máis históricos. No mercado de inverno o Lugo cambiaría algunhas caras trala marcha de Raúl Fuster, Fran Sol, Berodia e Galindo e a chegada de Iván Pérez, Airam, Tena e o internacional español Antonio Guayre. Tamén sería incorporado como futura aposta o dianteiro kosovar con pasaporte albanés Endrit Krasniqi. Co mercado de inverno chegaría outra nova, a necesidade de conversión do Lugo nunha Sociedade Anónima Deportiva para poder seguir a competir no fútbol profesional. Para iso terá que xuntar un capital social de 3 015 000 euros antes do 30 de xuño de 2013. Tras unha serie de bos resultados que achegaron ao equipo á permanencia, prodúcese unha nova baixa no equipo ao retirarse o 23 de abril o xogador canario Guayre do fútbol por mor dunhas graves molestias no seu nocello esquerdo. O 26 de maio, a falta de dúas xornadas para o final, o equipo consegue a permanencia matemática na categoría tras vencer ao Sabadell por 2-0 con goles de Óscar Díaz e Rubén Durán. O Lugo conseguiu manter a categoría sen estar durante ningunha xornada entre os postos de descenso. O día 21 de xuño o club anunciou que acadara o capital necesario para a conversión en S.A.D. con 2.974 accionistas e 3 021 520 euros, a asemblea constituínte celebrouse ao día seguinte no Pavillón Municipal.
Escudo e cores
editarO logo do Club Deportivo Lugo ten forma de escudo francés antigo, nel figura a palabra "LUGO" en grande na parte superior, e por riba dela, en letra máis pequena "CLUB DEPORTIVO". No medio hai cinco franxas horizontais vermellas e catro brancas e, aos lados sobre un fondo azul celeste, figuran un cáliz á esquerda e unha bomba á dereita. O cáliz provén do antigo escudo da Ximnástica Lucense, que á súa vez proviña do propio escudo da cidade e do privilexio papal da catedral de Santa María. A bomba provén do antigo escudo do Club Deportivo Polvorín. Este escudo foi presentado o 28 de setembro de 2011. O antigo escudo era moi semellante ao do Athletic Club, cos mesmos elementos co actual.
Equipamento de Kappa 2019−20
Primeira
|
Segunda
|
Terceira
|
Con respecto ao uniforme, o Lugo vestía tal como vestía o Polvorín, camiseta con franxas albivermellas e pantalón azul escuro, tamén semellante ao do Athletic Club. Nos útlimos anos, debido ao cambio de imaxe do club, o azul escuro trócase polo azul celeste da bandeira galega no pantalón, ademais de pasar formar parte da camisola nalgún dos seus detalles. Con todo, pódese dicir que dende a súa fundación o uniforme non sufriu moitas variacións. Con respecto ao equipamento suplente non hai un deseño fixo, variando habitualmente de cor, aínda que dende hai varias tempadas foise establecendo a cor negra como segundo equipamento. Na tempada 2012-13 o Lugo ía ser vestido pola compañía italiana Kappa, sendo o segundo equipamento negro con franxas delgadas brancas, e o terceiro completamente verde. Con todo, un incuprimento de contrato da compañía italiana no prezo das camisolas, leva ao equipo a poucos días de comezar a competición a cambiar o provedor de equipamento. Finalmente o Lugo volveu vestir roupa da compañía británica Umbro ao igual que as anteriores tempadas.
A partir da tempada seguinte o club comeza levar, por vez primeira, a súa propia marca de roupa: CDLU, creada pola empresa vilalbesa Enfíos Texgroup. Tras o éxito dos equipamentos 2013-14, nas que destaca o terceiro equipamento, negro con franxas diagonais celestes semellante no deseño ao da selección galega, o club confía no 2014-15 de novo na súa marca propia. O primeiro equipamento é o tradicional albivermello con detalles celestes, aínda que predominando máis o branco que o vermello, ao contrario que o ano anterior. O segundo equipamento é completamente branco con algúns detalles grises. O terceiro, cun deseño máis chamativo, é multicolor, con faixas horizontais de tons azuis e verdes. A sopresa con respecto aos equipamentos chegaría co primeiro partido da pretempada, onde os xogadores do club lucense saíron ao terreo de xogo con camisolas que simulaban un vaso de cervexa, como detalle de cara ao principal patrocinador do club, Estrella Galicia, mentres que o porteiro vestía unha camiseta negra na que destacaba un rabo de polbo. A camiseta pronto se fai famosa nas redes sociais a nivel internacional,[11] chegando a aparecer nas edicións do Bild alemán,[12] terceiro xornal con maior tirada do mundo; La Reppublica,[13] principal xornal de Italia; Marca,[14] principal xornal deportivo español; ou Sports Illustrated,[15] revista deportiva estadounidense con máis de 23 millóns de lectores diarios. Tamén tivo gran repercursión noutros medios de comunicación como a radio e a televisión. O éxito das camisolas levou a que se agotaran no seu primeiro día á venda na tenda do club, chegando pedidos desde todas as partes do mundo, como por exemplo desde os Estados Unidos, o Xapón, Rusia ou Alemaña.[16] Na temporada 2015-16, tras o cambio na directiva do club, o Lugo deixa de levar equipamento de marca propia para vestir roupa da firma danesa Hummel. Na 2019−20 o club volve mudar de provedor, regresando á compañía que ía vestir o club tras o ascenso a Segunda División: Kappa.
Ximnástica
|
1955
|
1972
|
1986
|
1994
|
1996
|
2010
|
2016
|
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Anxo Carro.
O Anxo Carro está situado á beira do Río Miño. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de tenis. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en 1934.
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en terceira división, con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o 31 de agosto de 1974. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o Club Lemos e o Deportivo. O CD Lugo venceu aos de Monforte na quenda de penaltis e perdeu a final cos herculinos por 1-0.
No ano 2001 o estadio foi remodelado e modernizado,[17] xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos arquitectos José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, engadindo cadeiras para tódolos seareiros da planta baixa e creando novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento (Segunda B) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O 3 de xaneiro de 2007 disputouse nel a final da Copa Xunta de Galicia 2006, que enfrontou ao CD Lugo co Celta de Vigo (2-3).
Himno
editarAntes da tempada 2014-15 o Club Deportivo Lugo non tiña ningún himno oficial. Porén, tiña tres cancións adicadas ao club, aínda que sen carácter oficial. As tres composición están completamente en lingua galega. A primeira delas foi escrita e composta en 1989 por Enrique Alvarellos,[18] fundador da Editorial Alvarellos. Esta peza fala dos seareiros e socios do equipo, así como da muralla, facendo tamén referencia á Ximnástica Lucense e ao Polvorín, clubs predecesores do Lugo:
A Ximnástica Lucense,
e antes dela o Polvorín
foron para o Deportivo
o primeiro trampolín.
Ala Lugo!
A segunda canción foi estreada o xoves 4 de xuño de 2009 no Círculo das Artes.[19] Esta obra, composta polo friolés Ángel Castelo, músico da Banda Municipal de Música de Lugo, en palabras do autor, tenta recoller "o sentimento sobre a vida, sobre o que se vive nun campo de fútbol". Na letra noméanse a varios xogadores que vestían a camiseta albivermella nesa época como son Manu, Pardo, Losada, Germán, Arroyo, Cancela ou Tornero.
Viva Lugo! Viva Lugo! Ala Lugo! Ala Lugo!
Aí vai, aí vén, aí vén, aí vai!
Aí vai, aí vén! O balonciño a ras do chan!
A terceira canción adicada ao Lugo, é unha obra interpretada por Joel Hortas, adicada ao ascenso do club á Segunda División.[20] A cuarta e última canción,[21] composta por Luciano Gorgoso e Manuel Pajón,[22] foi presentada o 16 de xaneiro de 2013. Esta obra tentou ser máis curta cos anteriores, coa intención de facela máis doada de memorizar. Comeza do seguinte xeito:
Orgullo galego, nobreza e tesón,
vermello e branco, paixón e honor.
Finalmente, en 2014, o club decidiu convocar un concurso para elixir definitivamente un himno oficial para o equipo. Ao concurso, chamado "Canta claro!", presentáronse 26 composicións, tres das cales foron as elixidas por un xurado composto por membros da directiva do club e o director da Escola Municipal de Música. As composicións elixidas foron exhibidas o 28 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo ante socios e accionistas, os cales tiñan que decidir cal sería a gañadora. O vencedor foi finalmente Vitaliano de la Cruz Arnaiz, máis coñecido como "Vita", antigo gardameta do club, ademais de escritor e profesor, quen chegara a ser candidato ao premio Goya pola súa canción "Happy Chueca".[23] O palentino levou un premio de 2000 € e un diploma acreditativo como gañador do concurso tras vencer con 46 dos 49 votos totais.[24] A letra fala dos guerreiros que loitan defendendo as cores albivermellas:
A muralla protexía os seus guerreiros,
prestos a loitar até o final.
Cadro actual
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Véxase tamén: Tempadas do Club Deportivo Lugo.
Xogadores
editar- Datos do 19 de xullo de 2020.
|
|
Cedidos
editar
|
Altas e baixas 2019−20
editarAltas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Procedencia | Tipo | Custo |
---|---|---|---|---|---|
Ander Cantero | |||||
Marcelo Djaló | |||||
Borja Domínguez | |||||
Roberto Canella | |||||
Yanis Rahmani | |||||
Álex López | |||||
Mathieu Peybernes | |||||
Jaume Grau | |||||
Carlos Castro |
Baixas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Destino | Tipo | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|
Miguel Vieira | |||||
Juan Carlos | |||||
Sergio Gil | |||||
Luis Ruiz | |||||
Guille Donoso | |||||
Juan Muñiz | |||||
Hernán Menosse | |||||
Jean Marie Dongou | |||||
Carlos Calderón | |||||
Dani Escriche | |||||
José Carlos Lazo | |||||
Giorgi Aburjania | |||||
Toni Martínez |
Mercado de inverno
editarAltas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Procedencia | Tipo | Custo |
---|---|---|---|---|---|
Vasyl Kravets | |||||
Lass Bangoura | |||||
Jaime Seoane | |||||
El Hacen | |||||
José Ángel Carrillo |
Baixas | |||||
Xogador | Nacionalidade | Posición | Destino | Tipo | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|
Tete Morente | |||||
Orest Lebedenko |
Organigrama deportivo
editar
|
|
Récords de xogadores
editarPara as seguintes estatísticas téñense en conta as tempadas na liga de fútbol profesional, é dicir as tempadas en Segunda División.
Partidos xogados
editarNome | Período | Aparicións | Goles | |
---|---|---|---|---|
1 | Seoane | 2012–2022 | 351 | 7 |
2 | Carlos Pita | 2010–2022 | 328 | 20 |
3 | Iriome | 2014–2022 | 244 | 20 |
4 | Manu | 2007–2017 | 180 | 7 |
5 | Manu Barreiro | 2018–2023 | 156 | 30 |
6 | Cristian Herrera | 2017–2021 | 154 | 31 |
7 | Campabadal | 2017–2022 | 144 | 1 |
8 | José Juan | 2012–2017 | 132 | 0 |
9 | Campillo | 2015–2020 | 128 | 6 |
10 | Pavón | 2012–2015 | 99 | 1 |
Máximos goleadores
editarNome | Período | Goles | Encontros | Promedio | |
---|---|---|---|---|---|
1 | Cristian Herrera | 2017–2021 | 31 | 154 | 0,201 |
2 | Joselu | 2015–2017 | 30 | 70 | 0,429 |
3 | Manu Barreiro | 2015–2017 | 30 | 156 | 0,192 |
4 | Caballero | 2015–2017 | 21 | 82 | 0,256 |
5 | Iriome | 2014–2022 | 20 | 244 | 0,082 |
6 | Carlos Pita | 2010–2022 | 20 | 328 | 0,061 |
7 | Chris Ramos | 2020–2023 | 16 | 99 | 0,162 |
8 | Óscar Díaz | 2012–2013 | 15 | 38 | 0,395 |
9 | Carrillo | 2019–2022 | 15 | 83 | 0,157 |
10 | Enzo Rennella | 2013–2014 | 13 | 35 | 0,371 |
Máximos goleadores por tempada | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Xogador | P.Xogados | P.Titular | Minutos | Goles | Cos mesmos goles |
1986–87 | Jaime | 31 | 21 | 2.170 | 8 | Manel Díaz |
1987–88 | Ramiro | 31 | 29 | 2.392 | 9 | |
1988–89 | Iñaki Pradera | 34 | 31 | 2.666 | 9 | |
1989–90 | Bernardo Tapia | 32 | 31 | 2.736 | 11 | |
1990–91 | Miguel Soro | 37 | 36 | 2.975 | 13 | |
1991–92 | José Manuel | 43 | 42 | 3.364 | 8 | |
1992–93 | Arturo Patiño | 27 | 22 | 2.065 | 5 | |
1993–94 | Brian Grampon | 27 | 22 | 1.816 | 8 | Carolo |
1994–95 | Vicente Borge | 31 | 30 | 2.693 | 16 | |
1995–96 | Melo | 38 | 36 | 3.176 | 13 | |
1996–97 | Melo | 38 | 38 | 3.352 | 21 | |
1997–98 | Borge | 32 | 32 | 2.793 | 21 | |
1998–99 | Gelucho | 21 | 20 | 1.711 | 10 | Melo |
1999–00 | Luisito | 35 | 33 | 2.988 | 8 | César |
2000–01 | Gelucho | 35 | 28 | 2.162 | 5 | Murado |
2001–02 | David Sanz | 34 | 34 | 3.060 | 9 | |
2002–03 | Trigo | 36 | 34 | 2.793 | 13 | |
2003–04 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2004–05 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2005–06 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2006–07 | Sergio Arias | 36 | 9 | 1.473 | 9 | |
2007–08 | Sergio Arias | 36 | 30 | 2.721 | 10 | Rubén Durán |
2008–09 | Rubén Durán | 34 | 34 | 3.008 | 11 | |
2009–10 | Maikel | 26 | 21 | 1.646 | 9 | |
2010–11 | Azkorra | 35 | 25 | 2.364 | 18 | |
2011–12 | Belencoso | 35 | 30 | 2.610 | 11 | |
2012–13 | Óscar Díaz | 38 | 35 | 3.183 | 15 | |
2013–14 | Rennella | 35 | 30 | 2.640 | 14 | |
2014–15 | Caballero | 14 | 12 | 979 | 7 | |
2015–16 | Caballero | 34 | 26 | 2.492 | 12 | |
2016–17 | Joselu | 39 | 28 | 3.364 | 23 | |
2017–18 | Cristian Herrera | 40 | 24 | 2.134 | 7 | |
2018–19 | Cristian Herrera | 34 | 29 | 2.434 | 10 | |
2019–20 | Cristian Herrera | 40 | 35 | 3.186 | 12 | |
2020–21 | Manu Barreiro | 37 | 25 | 2.301 | 12 | |
2021–22 | Carrillo | 33 | 22 | 1.895 | 9 | |
2022–23 | Chris Ramos | 24 | 21 | 1.901 | 7 | |
2023–24 | Willy Ledesma | 33 | 26 | 2.212 | 9 |
Porteiros menos batidos
editarNome | Período | Goles | Aparicións | Por partido | |
---|---|---|---|---|---|
1 | Yoel | 2012–2013 | 36 | 33 | 1,091 |
2 | Juan Carlos | 2017–2019 | 92 | 78 | 1,179 |
3 | José Juan | 2012–2017 | 164 | 131 | 1,252 |
4 | Domínguez | 1986–1999 | 22 | 22 | 1 |
5 | Fernando | 1992–1993 | 19 | 17 | 1,118 |
6 | Roberto | 2015–2017 | 28 | 23 | 1,217 |
7 | Dani Mallo | 2013–2015 | 38 | 30 | 1,267 |
8 | Alberto Varo | 2018−2021 | 6 | 4 | 1,5 |
- Están situados na parte de arriba da clasificación os porteiros que xogasen, polo menos, 2/3 dos partidos dunha Liga. Este criterio é o preciso para optar ao Trofeo Zamora de porteiro menos batido. Nese caso, para a clasificación cumpútase o rexistro da mellor tempada e non o global.
Xogadores anteriores
editar- Véxase tamén: Xogadores do Club Deportivo Lugo.
|
|
Adestradores
editar- Véxase tamén: Adestradores do Club Deportivo Lugo.
- Michines (1953−1955)
- Alejandro Santín Díaz (1955−1956)
- Perico Losada (1956)
- Michines (1956−1960)
- Luis Diestro (1960−1962)
- Camilo Liz (1962−1963)
- Luis López Guitian (1963−1964)
- Pablo Olmedo (1964−1965)
- Enrique Busquet (1965−1966)
- Ricardo Badás (1966−1967)
- Caeiro (1967)
- Luis Diestro (1967−1969)
- José Luis Viesca (1969−1971)
- Pontoni I (1971)
- García Balado (1972)
- Alfonso Pintos (1972−1974)
- Martín-Esperanza (1974−1976)
- Moncho Lamelo (1976−1977)
- José Luis Viesca (1976−1977)
- Moncho Lamelo (1977)
- Manolín Martínez (1977−1978)
- Juan Manuel Tartilán (1978−1979)
- José López (1979, 1 partido)
- Emilio Bolita (1979, 5 partidos)
- Vicente Álvarez (1979, 6 partidos)
- Moncho Lamelo (1979−1980)
- Manolín Martínez (1980−1981)
- Jaime Blanco (1981−1982)
- Martín-Esperanza (1982−1983)
- Ramón Piña (1984)
- José Ramón Segura (1984−1988)
- Fabri González (1988)
- Xulio Díaz (1988−1989)
- Félix Carnero (1989−1990)
- Xulio Díaz (1990−1992)
- Luis Rodríguez Vaz (1992−1994)
- Gonzalo Edrosa (1994, 1 partido)
- Eduardo Fernández Abel (1994)
- Fernando Vázquez (1994−1995)
- Manuel Ángel Muñiz (1995)
- Gonzalo Edrosa (1995−1999)
- Fabri González (1999−2000)
- Javi López (2000, 1 partido)
- Carlos Cantarero (2000)
- Xulio Díaz (2000−2001)
- Víctor Basadre (2001, 3 partidos)
- Xulio Díaz (2001−2002)
- Javier Vidales (2002−2003)
- Quique Prado (2003−2004)
- José Durán (2004)
- Carlos Ballesta (2004−2005)
- Juan Fidalgo Álvarez (2005−2007)
- Fonsi Valverde (2007−2009)
- Quique Setién (2009−2015)
- Luis Milla (2015−2016)
- José Durán (2016)
- Luis César (2016−2017)
- Francisco (2017−2018)
- Javi López (2018)
- Alberto Monteagudo (2018−2019)
- Eloy Jiménez (2019)
- Curro Torres (2019−2020)
- Juanfran (2020)
- Mehdi Nafti (2020−2021)
- Luis César (2021)
- Rubén Albés (2021−2022)
- Hernán Pérez (2022)
- Fran Justo (2022−2023)
- Joan Carrillo (2023)
- Iñigo Vélez (2023)
- Pedro Munitis (2023)
- Paulo Alves (2024)
- Roberto Trashorras (2024)
- Lolo Escobar (2024)
Adestradores con máis encontros en Segunda División
editarPos. | Nome | Encontros |
---|---|---|
1º | Quique Setién | 126 |
2º | Luis César Sampedro | 50 |
3º | Rubén Albés | 49 |
4º | Francisco | 42 |
5º | Eloy Jiménez | 28 |
Presidentes
editar- Véxase tamén: Presidentes do Club Deportivo Lugo.
|
|
Sociedade Anónima Deportiva
editarTras conseguir a permanencia na segunda división, o Lugo tivo que afrontar a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva para poder continuar competindo no fútbol profesional. O proceso comezou no mes de marzo e rematou en xuño trala colaboración de seareiros, empresas e a Administración local, xa que tanto o Concello como a Deputación concederon unha axuda de 1,5 millóns de euros que o club ten que devolver.
O Club Deportivo Lugo S.A.D. foi constituído o sábado 22 de xuño de 2013 ás 18.00 horas no Pavillón Municipal de Lugo grazas ás achegas de 2.974 accionistas que sumaron un capital social de 3 021 520 euros. Na asemblea constitutiva estiveron representadas 252 736 das acción vendidas e 330 accionistas, o que equivalía ao 83,64% do accionariado. O primeiro consello de administración da Sociedade Anónima Deportiva estivo formado por:
|
|
Palmarés
editarTempada a tempada
editar
|
|
|
Resumo
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 12
- Tempadas en 1ª RFEF: 1
- Tempadas en 2ªB: 23
- Tempadas en 3ª: 34
- Mellor posto en Segunda: 9º (temporada 2016-17)
- Peor posto en Segunda: 22º (temporada 2022-23)
- Promocións de ascenso a Segunda: 8 (2 ascensos)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 4 (3 ascensos)
- Máximo goleador da Segunda Divisón: 1 (Joselu, 2016-17)
Torneos nacionais
editar- Campión Galego de Afeccionados (2): 1960, 1961
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 1998-99
- Campión de Liga de Serie A de Galicia (1): 1973
- Campión da Supercopa da Deputación (4): 2008, 2009, 2010, 2011
- Subcampión da Copa Galicia (1): 1958
- Subcampión da Copa Xunta de Galicia (1): 2006
Torneos estatais
editar- Segunda División B (1): 2010-11
- Terceira División (4): 1961-62, 1977-78, 1980-81 e 1985-86
- Subcampión da segunda División B (2): 1990-91 e 1991-92
- Subcampión da Terceira División (5): 1960-61, 1962-63, 1966-67, 1969-70 e 2005-06
- Subcampión da Copa RFEF (1): 1999
Outros torneos
editar- Trofeo Emma Cuervo (5): 1987, 2013, 2014, 2015, 2021
- Trofeo Concepción Arenal (1): 2015
Premios
editarBibliografía
editar- Pérez, Abraham: Sacho de seda (Menino Morreu, 2023).
Notas
editar- ↑ Masià, Vicent (2012). "CD Lugo. Orígenes y antecedentes". La Futbolteca. Consultado o 23 de agosto de 2015.
- ↑ Club Deportivo Lugo. La Futbolteca. Vicent Masià
- ↑ Orixes do C.D. Lugo[Ligazón morta]
- ↑ Del Pino (12 de abril de 1963). Este es el Lugo seguro clasificado para la liguilla de ascenso a Segunda División (en castelán). Mundo Deportivo: p. 5. Consultado o 14 de xuño de 2013.
- ↑ Cadro de persoal do Lugo 1992-93. BD Fútbol
- ↑ Posición que ocupou o rival ao final da liga na clasificación
- ↑ "El CD Lugo gana por 1-0 al Murcia y opta a la repesca para el ascenso". El Progreso de Lugo (en castelán). 2011-05-29. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ E a festa saltou do campo á rúa
- ↑ A Ponferradina é a gran sorpresa da División de Prata
- ↑ O Lugo quere seguir a ser un 'mataxigantes'
- ↑ Rodríguez, Rulo (21 de xullo de 2014). Siareiros.org, ed. "A nova camiseta do Lugo revoluciona as redes sociais". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014.
- ↑ Bild, ed. (21 de xullo de 2014). "Spanien-Klub spielt im Bierglas-Trikot" (en alemán).
- ↑ La Reppublica, ed. (21 de xullo de 2014). "Spagna, la maglia è una ricetta: birra e polpo sul petto" (en italiano).
- ↑ Marca, ed. (21 de xullo de 2014). "El Lugo sorprende al mundo con... ¿la camiseta de fútbol más original del Planeta?" (en castelán).
- ↑ Maloy, Brendan (21 de xullo de 2014). Sports Illustrated, ed. "Spanish soccer team unveils alternate jerseys featuring beer, octopus" (en inglés).
- ↑ CRTVG, ed. (26 de xullo de 2014). "Tolemia en Lugo polas novas camisetas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xullo de 2014.
- ↑ "ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2011.
- ↑ "Himno do Club Deportivo Lugo". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2011.
- ↑ "Himno do CD Lugo". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 15 de febreiro de 2011.
- ↑ Club Deportivo Lugo (Hino) - Joel Hortas (Tresnun)
- ↑ "A nova canción de homenaxe coa letra completa na web oficial do Lugo". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- ↑ O CD Lugo estrenará próximamente novo himno
- ↑ Retirada otra canción candidata al Goya
- ↑ "O CD Lugo elixe hoxe o seu himno para o futuro". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
- ↑ Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club Deportivo Lugo |
Bibliografía
editar- Pérez, Abraham (2023). Sacho de seda. A Coruña: Menino Morreu.
Outros artigos
editar- Estadio Anxo Carro
- Sociedade Ximnástica Lucense
- Club Deportivo Polvorín
- Galería de imaxes do Club Deportivo Lugo