Endrit Krasniqi

futbolista kosovar

Endrit Reshit Krasniqi, nado o 26 de outubro de 1994 en Suva Reka, é un futbolista profesional de Kosovo, con nacionalidade tamén albanesa.[1]

Endrit Niqi
Información persoal
Nome Endrit Krasniqi
Nacemento 26 de outubro de 1994 (26 anos)
Lugar de nacemento Suva Reka
Altura 1,74 m
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
KF Malisheva
KF 2 Korriku
2013-2015 Lugo 0 (0)
Selección nacional
Kosovo sub-21
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de maio de 2016editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido en Suva Reka, Kosovo, é un dianteiro centro, aínda que tamén pode xogar polas bandas,[2] criado no KF Malisheva e posteriormente no KF 2 Korriku de Pristina. Durante a celebración dun torneo internacional en Albania foi descuberto por José Carlos García Durán quen avisou a Josep Maria Fusté, un dos "culpables" da chegada de Lionel Messi ao FC Barcelona, que deu a conformidade para que pasase a formar parte do FC Barcelona. Por iso o xogador é chamado ás veces pola prensa como "o novo Messi dos Balcáns".[3]

Internacional coas categorías inferiores da selección de Kosovo, Fusté púxose en contacto co representante de xogadores José María Minguella, coñecido ex-representante de xogadores e ex-directivo do FC Barcelona, quen o recomendou ao adestrador do Club Deportivo Lugo Quique Setién. Tralo visto e prace do director deportivo dos albivermellos, Carlos Mouriz, pasou a formar parte dos adestramentos do Lugo para posteriormente asinar un contrato de longa duración que o une ao club galego durante dúas tempadas e media até 2015. Fala inglés, alemán e albanés. As veces figura erroneamente o seu nome nos medios como Krasniqi Endurit.Tras un tempo no club non consegue xogar ningún partido oficial, xogando tan só algún amigábel, saíndo finalmente do club.

NotasEditar

  1. Recomendóuselle adquirir outra nacionalidade máis para xogar en España, xa que este país non recoñece a independencia de Kosovo de Serbia. "Endrit Krasniqi merr shtetësi shqiptare" (en albanés). Arquivado dende o orixinal o 05/02/2013. Consultado o 14/05/2014. Pas marrëveshjes me drejtuesit e klubit, Krasniqit i është rekomanduar që të aplikoj për shtetësi të një vendi tjetër, meqë Spanja nuk e njeh shtetin e Kosovës, e as dokumentet që ai lëshon. 
  2. "O Lugo proba ao dianteiro kosovar Krasniqi Endurit, 'Niqi'". El Progreso de Lugo. 2013-01-15. Consultado o 2020-03-30. 
  3. O novo Messi dos Balcáns?[Ligazón morta]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar