Extremadura Unión Deportiva

(Redirección desde «Extremadura UD»)

O Extremadura Unión Deportiva foi un club de fútbol español da cidade de Almendralexo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 2007 e xogou por última vez no grupo I da Primeira División RFEF.

Extremadura
NomeExtremadura Unión Deportiva
Fundación2007
EstadioFrancisco de la Hera,
Almendralexo, España
Inauguración1996
Capacidade11.580
PresidenteEspaña Manuel Franganillo
AdestradorGalicia Manuel Mosquera Bastida
LigaPrimeira RFEF – Grupo 1
2020–212ª B – Grupo 5 (B),
2ª B – Grupo 5 (C),
Na rede
http://www.extremaduraud.com/
Twitter: ext_ud Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia editar

O club foi fundado en 2007, cando o CF Extremadura estaba a piques de desaparecer. Comezou a súa andaina na derradeira división do fútbol extremeño, naquel entón a Primeira Rexional de Estremadura. Ao final da súa primeira tempada en competición logrou o seu obxectivo de ascender de categoría, ademais folgadamente, distanciando ao segundo clasificado en 11 puntos.

Na tempada 2008-2009 competiu na Rexional Preferente de Estremadura, onde fixo unha espectacular campaña, xa que, tres datas antes do remate do torneo logrou conseguir o campionato e ascender á Terceira División. Desde que comezase a competición, por setembro, o club azulgrana mantívose sempre en postos de liguiña de ascenso á Segunda División B Española. Ao terminar a campaña acabou en terceira posición con 79 puntos, meténdose así nos "play-off" de ascenso. Na primeira fase da liguiña eliminou o Novelda, sendo válido o gol de Neto en terreo valenciano tras o empate a cero da ida no Estadio Francisco de la Hera. A segunda fase da liguiña tamén tivo un final exitoso para os de Juan Marrero, que lograron pasar á terceira e última fase, ante o Mairena, cultivando un empate a dous no partido de volta tras o empate a cero en terreo estremeño. O último chanzo, correspondente á terceira fase de liguiña de ascenso, era o Atlético Mancha Real. O partido de ida tocou na casa, que a pesar do resultado, catro goles a dous, foi un partido enmarañado e difícil. Co empate a cero no partido de volta os azulgrana conseguiron o ascenso á Segunda División B española.

Tras moitas temporadas competindo e debido aos problemas económicos que arrastraba o club foi excluído da competición debido a unha incomparecencia por folga ante o Racing Club de Ferrol. O luns 28 de febreiro del 2022, Manuel Franganillo compareceu ante os medios comentando que o club desaparecía e era levado a liquidación.[1]

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana, pantalón azul e medias azulgranas a raias horizontais.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalóns verdes e medias verdes.

Estadio editar

Artigo principal: Estadio Francisco de la Hera.

Datos do club editar

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. "Franganillo certifica la liquidación del Extremadura". Hoy (en castelán). 2022-02-28. Consultado o 2022-02-28.