Atlético Mancha Real
O Atlético Mancha Real é un club de fútbol español da localidade de Mancha Real, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1984 e actualmente xoga no grupo 9 da Terceira División Española.
Atlético Mancha Real | |||
---|---|---|---|
Nome | Atlético Mancha Real | ||
Alcume(s) | Manchegos Verdes | ||
Fundación | 1984 | ||
Estadio | Polideportivo La Juventud, Mancha Real, España | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Juan de Dios Hermoso | ||
Adestrador | Rodolfo Bodipo | ||
Liga | 3ª - Grupo 9 | ||
2016–17 | 18º (2ªB - Grupo 4) | ||
Na rede | |||
http://www.atmanchareal.es/ | |||
| |||
Historia
editarAntes de que se fundase a Atlético Mancha Real no ano 1984, en Mancha Real tamén houbo diversos equipos que representaron á localidade a nivel futbolístico, o Imperio Azul foi un deles.
O 4 de agosto de 1984 rubricouse o documento notarial que fundaba oficialmente o Atlético Mancha Real como asociación deportiva. Lorenzo Araque Pareja, en calidade de presidente, Antonio José Beltrán Guzmán, como vicepresidente, Pedro Fuentes Olmo, como secretario, José Jiménez Quesada, como tesoureiro, e Diego Blanca Moreno, como vogal, formaron a primeira xunta directiva do club. Naquel entón tamén quedaron redactados os estatutos que actualmente rexen o club.
O 29 de maio de 2016 a Atlético Mancha Real consegue o primeiro ascenso a Segunda División B da súa historia tras vencer ao Zamora CF cun global de 5-1 a favor na eliminatoria de campións, tras quedar campión do grupo IX de Terceira División esa tempada.
Estadio
editarO equipo xoga os seus partidos no Estadio Polideportivo Municipal de La Juventud, con capacidade para 1.500 espectadores. O terreo de xogo é de céspede artificial.
Datos do club
editarPalmarés
editar- Terceira División de España (2): 2009-10, 2015-16.
- Subcampión da Terceira División (1): 2012-13.