Estadio Francisco de la Hera
O estadio Francisco de la Hera é un estadio de fútbol español da cidade de Almendralexo, na provincia de Badaxoz, con capacidade para 12.580 espectadores. O vello estadio inaugurouse o 12 de outubro de 1951 e foi demolido en xuño de 1996. O actual recinto foi inaugurado o 9 de setembro de 1996. Serviu de localía ao extinto CF Extremadura até a súa desaparición en 2010 e actualmente ao Extremadura UD (desde 2007) e ao Atlético San José (desde 2008).
Francisco de la Hera | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Club de Fútbol Extremadura, Extremadura Unión Deportiva e Club Deportivo Extremadura (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Almendralexo | |||
Datas | ||||
Inauguración | 9 de setembro de 1996 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 12.580 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Badaxoz | |||
Concello | Almendralexo ![]() | |||
Localización | Almendralexo, Estremadura, España | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO vello estadio foi inaugurado o 12 de outubro de 1951, xa con Francisco de la Hera como presidente da entidade. Xogouse o partido inaugural contra o Sevilla FC, que finalmente venceu (2–4).
O novo estadio foi inaugurado o 9 de setembro de 1996 e o primeiro partido que se disputou foi a segunda xornada de liga de Primeira División entre o CF Extremadura e o Real Betis, que rematou con vitoria visitante (0–3).