Abrir o menú principal

Club de Fútbol Extremadura

(Redirixido desde "CF Extremadura")

O Club de Fútbol Extremadura foi un club de fútbol español da cidade de Almendralejo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 1924 e desapareceu en 2010, logo de quedar no 19º posto da Rexional Preferente de Estremadura.

Extremadura
NomeClub de Fútbol Extremadura
Fundación1924
Desaparición2010
EstadioFrancisco de la Hera,
Almendralejo, España
Inauguración1996
Capacidade12.580
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

O club xogou dúas campañas en Primeira División, nas tempadas 1996–97 e 1998–99, ano en que descendeu a Segunda División tras perder na promoción de permanencia. Logo de tres tempadas nesta categoría, na tempada 2001–02 descendeu a Segunda División B. Tras cinco tempadas, na 2006–07 descendeu deportivamente e foi sancionado cun descenso administrativo, caendo á Rexional Preferente de Estremadura. Desapareceu tras a tempada 2009–10.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verde fosforito.

EstadioEditar

O Extremadura xogaba no Estadio Francisco de la Hera, con capacidade para 12.580 persoas. O 12 de outubro de 1951, con Francisco de la Hera xa como presidente da entidade, xogouse o partido inaugural contra o Sevilla FC, gañando o equipo visitante por catro goles a dous.

Datos e estatísticas do clubEditar

Datos en Primeira DivisiónEditar

  • Tempadas: 2
  • Partidos xogados: 80
  • Vitorias: 20
  • Empates: 23
  • Derrotas: 37
  • Puntos: 83
  • Goles a favor: 62
  • Goles en contra: 117
  • Mellor posto: 17º (1998-99)
  • Peor posto: 19º (1996-97)
  • Maior vitoria como local:
  • Maior vitoria como visitante:
  • Maior goleada recibida como local:
  • Maior goleada recibida como visitante:
  • Mellor serie sen perder: 5 partidos (xornada 24ª a xornada 28ª 1996-97) e (xornada 28ª a xornada 32ª 1998-99)
  • Peor serie sen gañar: 11 partidos (xornada 9ª a xornada 19ª 1996-97)
  • Mellor serie sen perder en casa: 8 partidos (xornada 21ª a xornada 34ª 1996-97)
  • Maior número de vitorias en liga: 11 na tempada 1996-97

XogadoresEditar

Tempada 2008/09Editar

Posto País Xogador
1 POR   Monago
2 DEF   Caro
3 DEF   Juli
4 DEF   Redondo
5 DEF   Alberto
6 MED   Javi
7 MED   Boto
8 MED   Rubén
9 DEL   Paquino
10 MED   Hamdi
Posto País Xogador
11 MED   Miguelito
12 DEL   Scarlat Catalin
13 POR   Casquero
14 DEF   Jero
22 MED   Ismael
25 POR   Salazar
32 DEF   Jesús
77 DEF   Kiko Porras
99 DEL   Manu

Ligazóns externasEditar