Segunda División RFEF
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
A Segunda División RFEF, chamada oficialmente Campionato Nacional de Liga de Segunda División B (Segunda RFEF),[1] é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol masculino de España.
Segunda División RFEF | |
---|---|
Deporte | Fútbol |
Fundación | 1977 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 90 (5 grupos de 18) |
Copa | Copa do Rei Copa Federación |
Ascenso | Primeira División RFEF |
Descenso | Terceira División RFEF |
Organizador | RFEF |
Sitio web | www.rfef.es |

Foi introducida en 1977 como terceira categoría (entre a Segunda División e a Terceira División) e funcionou deste xeito ata 2021, cando a introdución da nova Primeira División RFEF alterou a xerarquía das categorías do fútbol español. A Segunda B cambiou entón a súa denominación, pasando a chamarse Segunda División RFEF, e converteuse na cuarta categoría.[2][3]
A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. O seu status é semiprofesional e, a pesar de non estar integrada na Liga de Fútbol Profesional, gran parte dos seus clubs contan cunha organización de carácter profesional.
HistoriaEditar
A Segunda División B introduciuse na tempada 1977-78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de vinte equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo era ascendidos directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.
A tempada 1985-86, con motivo da redución da Segunda División A, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo quedaron relegados a Terceira. Así, a tempada 1986-87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda A, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de vinte. Os campións deses catro grupos son os que ascenden a Segunda A, mentres que os catro últimos de cada grupo perden a categoría, xunto co décimo sexto clasificado con menos puntos dos catro grupos.
Este sistema mantívose ata a tempada 1990-91, na que desaparecen os ascensos directos de Segunda B a Segunda A e introdúcese unha promoción na que participan os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repártense en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figure un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas son os que obteñen o ascenso a Segunda.
A tempada 1993/94 introdúcese unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descende a Terceira división xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.
A tempada 2004-05 modifícase novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas substitúese por un play-off na que os 16 equipos aspirantes ao ascenso enfróntanse por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promocionados a Segunda.
A última modificación no sistema de ascenso, dáse para a tempada 2008-09. Créase unha rolda de campións, na que se enfrontan os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, logran o ascenso a Segunda (e enfrontaranse entre si para determinar que equipo é o campión da Segunda B). Os perdedores, xogan dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes, xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, logran o ascenso a Segunda.
Sistema de competiciónEditar
A Segunda División B está integrada por un total de 80 clubs, que se dividen, en catro grupos de 20. Houbo dúas excepcións: na tempada 2012/13 o grupo III formárono vinte e un equipos pola inclusión do Orihuela CF por vía xudicial, mentres que na tempada 2013/14 o grupo I quedou formado por só 19 equipos debido á disolución da UD Salamanca.
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da liga. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro, e conclúe no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os vinte equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.
Ao termo da tempada, os sete equipos que máis puntos acumulan en cada grupo, excluíndo aos equipos filiais, clasifícanse para disputar a seguinte edición da Copa do Rei.
Efectos da clasificaciónEditar
Posto | Clasificación |
1º | Promoción de ascenso a Segunda (Campións) |
2º | Promoción de ascenso a Segunda |
3º | |
4º | |
5º-15º | |
16º | Promoción de permanencia en Segunda B |
17º | Descenso a Terceira División |
18º | |
19º | |
20º |
Ascenso a Segunda DivisiónEditar
Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso (ou play-off) a Segunda División. Este play-off consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os catro campións enfróntanse nunha eliminatoria a dobre partido, o gañador de cada eliminatoria ascende a Segunda e xoga a final, a dobre partido, para ser campión da categoría. O resto de equipos xoga unha eliminatoria a dobre partido da que sairán seis equipos que, sumados aos dous campións que non ascenderon, xogarán eliminatorias a dobre partido ata que só queden dous equipos que son os que ascenden a Segunda División.
Descenso a Terceira DivisiónEditar
Ao termo da tempada os catro últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira división. A estes 16 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os 16º clasificados de cada grupo. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira división.
Equipos filiaisEditar
Os equipos filiais poden participar en Segunda División B se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior da liga española de fútbol (Primeira ou Segunda división). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Segunda e o seu filial gaña os play-off de ascenso a Segunda, este quedará en Segunda B. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Segunda División non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo. Isto non será así se o primeiro equipo milita en Segunda División pero clasifícase para a fase de ascenso a Primeira ou se queda entre os 2 primeiros equipos da Segunda División e ascende de maneira automática.
Esta competición só poderá ser xogada por un segundo filial dun club (ou equipo "C"), se o primeiro equipo participa na Primeira División e, ademais, o primeiro filial (ou equipo "B"), participa na Segunda División.
Equipos participantesEditar
Ao longo da historia da competición, un total de 386 equipos xogaron na Segunda División B.
Tempada 2019/20Editar
Grupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
---|---|---|---|
Equipos galegosEditar
Un total de 24 equipos galegos pasaron pola Segunda B na súa historia.
Posto histórico | Equipo | Tempadas | Partidos xogados |
Puntos |
---|---|---|---|---|
4º | Pontevedra CF | 33 | 1258 | 1603 |
15º | Racing de Ferrol | 25 | 948 | 1252 |
18º | CD Ourense | 24 | 914 | 1168 |
21º | CD Lugo | 23 | 878 | 1146 |
35º | Celta B | 19 | 720 | 935 |
82º | SD Compostela | 14 | 530 | 553 |
91º | Deportivo Fabril | 10 | 380 | 523 |
135º | CD As Pontes | 9 | 342 | 364 |
132º | Coruxo FC | 8 | 302 | 380 |
181º | Arousa SC | 7 | 266 | 221 |
193º | CD Lalín | 6 | 228 | 194 |
228º | Montañeros | 3 | 114 | 138 |
233º | Somozas | 3 | 114 | 131 |
258º | Cambados | 3 | 114 | 103 |
299º | Club Rápido de Bouzas | 1 | 38 | 61 |
300º | Bergantiños | 2 | 76 | 59 |
301º | Arenteiro | 2 | 76 | 58 |
302º | Celta | 1 | 38 | 58 |
305º | Deportivo | 1 | 38 | 56 |
312º | Ciudad de Santiago | 1 | 38 | 50 |
315º | Boiro | 1 | 38 | 45 |
340º | Negreira | 1 | 38 | 34 |
353º | Atlético Arteixo | 1 | 38 | 26 |
355º | Cerceda | 1 | 38 | 25 |
- Actualizado ata a tempada 2017/18
HistorialEditar
Tempadas con ascensos directosEditar
Desde a creación da categoría ata a tempada 1989/90, non existían as promocións de ascenso a Segunda División, polo que os equipos mellor clasificados ascendían directamente.
Os equipos que ascenderon foron:
Tempada | Grupo I | Grupo II | ||
---|---|---|---|---|
1º | 2º | 1º | 2º | |
1977–78 | Racing de Ferrol | Castilla | AD Almería | Algeciras |
1978–79 | Palencia | Oviedo | Levante | Gimnàstic |
1979–80 | Barakaldo | Atlético Madrileño | Linares | AD Ceuta |
1980–81 | Celta | Deportivo | Mallorca | Córdoba |
1981–82 | Barcelona Atlètic | Palencia | Xerez | Cartagena |
1982–83 | Bilbao Athletic | Tenerife | Granada | Algeciras |
1983–84 | Sabadell | Logroñés | Lorca | Calvo Sotelo |
1984–85 | Sestao | Aragón | Rayo Vallecano | Albacete |
1985–86 | Figueres | – | Xerez | – |
1º | 2º | 3º | 4º | |
1986–871 | Tenerife | Lleida | Granada | Real Burgos |
G. I | G. II | G. III | G. IV | |
1987–88 | Eibar | Mollerussa | Salamanca | Alzira |
1988–89 | Bilbao Athletic | Palamós | Atlético Madrileño | Levante |
1989–90 | Avilés | Lleida | Albacete | Orihuela Deportiva |
- 1 Na tempada 86/87 houbo só un grupo de Segunda B, antes da implantación do actual sistema de catro grupos na tempada 87/88.
Tempadas con promociónsEditar
- Desde a tempada 2008-09 están destacados os campións absolutos da categoría segundo o novo sistema de competición.
EstatísticasEditar
Máis tempadasEditar
Actualizado ata a tempada 2017/18.
Posto | Equipo | Tempadas |
---|---|---|
1º | Barakaldo | 33 |
Cultural Leonesa | 33 | |
Pontevedra | 33 | |
4º | Real Sociedad B | 32 |
5º | Melilla | 31 |
Real Jaén | 31 | |
Osasuna B | 31 | |
8º | L'Hospitalet | 30 |
9º | Bilbao Athletic | 28 |
Atlético de Madrid B | 28 | |
Sevilla Atlético | 28 | |
Sporting de Gijón B | 28 | |
13º | Alcoyano | 27 |
14º | Racing de Ferrol | 25 |
Real Unión | 25 | |
Gimnàstic de Tarragona | 25 | |
17º | CD Ourense | 24 |
Zamora | 24 | |
Deportivo Aragón | 24 | |
Real Betis B | 24 |
NotasEditar
- ↑ NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ CIRCULAR N.º 97 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Segunda División B (Segunda RFEF) rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Liga española de fútbol
- Segunda División Española
- Terceira División Española
- Copa do Rei
- Copa Federación