Fernando Pardo Gómez

médico, escritor e político galego

Fernando Pardo Gómez, nado o 24 de setembro de 1922 en Madrid e finado o 13 de febreiro de 2019, foi un médico, escritor e político galego, que foi senador por Alianza Popular.

Fernando Pardo Gómez
Nacemento24 de setembro de 1922
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento13 de febreiro de 2019
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, político e médico
CónxuxeMaría Sánchez Pazos
Fillossete
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De familia de San Cibrao, localidade á que estivo toda a vida vencellado, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela a principios da década dos corenta. Mudouse a Madrid, onde traballou na clínica que tiña o médico Gregorio Marañón. En 1951 trasládase a Lugo, cunha consulta privada de medicina do aparato dixestivo e de endocrinoloxía.

Elixido concelleiro en Lugo e posteriormente deputado provincial, nas Xerais de 1982 integrou a candidatura de Alianza Popular ao Senado con Francisco Cacharro Pardo e Julio Ulloa Vence, e saíu elixido. Mantívose durante catro anos na Cámara Alta e despois abandonou a política activa.

Colaborou frecuentemente en xornais como El Progreso e La Voz de Galicia.

Obra editar

  • La navegación a vela en la Mariña lucense
  • Historia de la Medicina de Lugo y su provincia
  • Historia de San Ciprián

Vida persoal editar

Casado, tivo sete fillos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar