Abrir o menú principal

Julio Ulloa Vence

político galego

Julio Ulloa Vence, nado en Taboada o 19 de xullo de 1930, é un político galego.

Julio Ulloa Vence
Nacemento19 de xullo de 1930
 Taboada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense e a carreira de Enxeñeiro Agrónomo na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, rematándoa en 1958; en 1962 obtivo o doutoramento. Ampliou estudos en USA cunha bolsa do AID. Foi socio fundador e presidente durante tres anos do Club Cultural Valle Inclán.

Foi Presidente da Deputación Provincial de Lugo entre 1963 e 1965 e procurador en Cortes en representación da Deputación. Foi Director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, xefe do Servizo de Produción Vexetal na Delegación de Agricultura de Lugo e Xefe do Servizo de Produción Agropecuaria da Consellería de Agricultura en Lugo.

Foi elixido Senador pola provincia de Lugo pola UCD nas eleccións de 1977. En 1979 foi elixido deputado tamén pola UCD. Foi elixido senador en representación da coalición AP-PDP nas eleccións xerais de 1982, repetindo nas de 1986 pola Coalición Popular. En 1988 abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda Enrique Marfany e Eduardo Olano Gurriarán.


Predecesor:
José Ramón Rego Martínez
  
Presidente da deputación de Lugo
 
1963 - 1965
Sucesor:
José de la Torre Moreiras

Véxase taménEditar