Castelo, Taboada

parroquia civil do concello de Taboada

Santa María de Castelo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 89 habitantes (52 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes.

Castelo
Igrexa de Santa María de Castelo, Taboada (vista frontal).JPG
Igrexa parroquial
Santa María de Castelo, Taboada, Galiza.png
ConcelloTaboada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°41′42″N 7°44′28″O / 42.6949, -7.7412Coordenadas: 42°41′42″N 7°44′28″O / 42.6949, -7.7412
Poboación89 hab. (2014)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

A parroquia ocupa o espazo centro-sur do concello. Limita ao norte con Carballo, ao leste con San Salvador de Ínsua e San Xián de Ínsua, ao sur con Sobrecedo e Vilela e o oeste con Campo. O río Toldao atravésaa polo norte (marcando o seu linde nalgúns puntos) e vai desembocar no encoro de Belesar.

Consta de sete lugares: Frameán, Perrelos, Faquiós, Airexe, Castelo, Ider e Covas.

Predominan os bosques autóctonos de carballo e castiñeiro e os pastos. Na parte oriental a paisaxe é de ribeira.

HistoriaEditar

Da época prerromana consérvase o castro de Castelo, onde cada 7 de setembro se celebra a Queima das Fachas, declarada Festa de interese turístico de Galicia, e que abre as festas parroquiais[2].

Da época romana consérvase un sartego ou furna antropomórfica preto do lugar de Frameán. A súa función semella ser máis como monumento funerario que como sepulcro[3]. Similar a esta atópase unha en Fornas, no concello de Chantada. Tamén no lugar de Covas tense constancia dunha explotación de prata da que dan conta uns regos da leira e a denominación nalgún catastro da concentración parcelaria de Monte da Prata para un lugar próximo. Hai tamén unha fonte presumibelmente de orixe romana[4].

Do período suevo-visigótico dá conta a toponimia: Faquiós e Frameán. No Testamento Odoariano, do ano 747, aparece por primeira vez o nome de Castelo, relacionado co citado castro.

Da época románica dá conta a igrexa parroquial, no lugar de Airexe, da segunda metade do século XII e con algunhas modificacións posteriores.

No lugar de Covas existe constancia de presenza humana durante a Idade Media: unha ponte sobre o Toldao anterior ao século XVI, cunha cruz do XVIII; durante a Idade Moderna, a capela. Estivo habitado por freires que traballaban as terras en réxime de autosuficiencia e cobraban o décimo de terras circundantes.

Tamén o carlismo estivo presente na parroquia, se ben de maneira residual como no resto de Galiza. Deste período da Historia dá conta o Carballo dos Cartos, que segundo a lenda albergaba o tesouro dun carlista exiliado, que foi colocado no lugar de Airexe.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CasteloEditar

Lugares da parroquia de Castelo no concello de Taboada (Lugo)

Airexe | Castelo | Covas | Faquiós | Frameán | Ider | Perrelos

Parroquias de TaboadaEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Queima das Fachas". www.asfachas.org. Consultado o 2016-01-22. 
  3. Seijas Vázquez, Avelino (1979). Historia de Chantada y su comarca. Deputación de Lugo - Servizo de Publicacións. ISBN 84-86824-85-0. 
  4. Televinte Chantada (4/7/15). Jesús Boán descóbrenos algúns segredos da singular finca de Cobas, en Taboada 03 07 2015 (Youtube). 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar