Carballo, Taboada
San Tomé do Carballo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 796 habitantes (364 homes e 432 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 849 habitantes. Alberga a capital municipal.
Carballo | |
---|---|
![]() Casa do Concello | |
![]() | |
Concello | Taboada[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 796 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Atópase no centro xeográfico do concello, nunha planicie dominada por pastos e bosques autóctonos e de piñeiro e de eucalipto en menor medida. Está atravesada polo río Toldao.
HistoriaEditar
Debe o seu nome ao centenario Carballo de Ramos, situado na leira homónima, no extremo sur da vila de Taboada, catalogado como árbore senlleira pola Xunta de Galicia[2].
No lugar de Relás foi construído un pazo pertencente a unha rama da familia dos Taboada, actualmente de titularidade privada e en bo estado de conservación.
Non se constituíu como parroquia até 1898 debido ao desenvolvemento da vila de Taboada, capital municipal dende a constitución do concello no 1840. Até entón o territorio que vai dende o norte até o curso do rego da Anguieira pertencía a San Pedro de Bembibre.
A parroquia acadou un notable desenvolvemento nas primeiras décadas do século XX, debido, entre outros, á súa favorable situación xeográfica e a albergar os xulgados do partido xudicial de Chantada. Nestes anos construíuse a casa de Manuel Rigueira, de estilo modernista (1919), e a igrexa parroquial (1920).
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballo, Taboada.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CarballoEditar
Lugares da parroquia de Carballo no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
Carude | A Medela | A Puricela | Relás | Taboada |