Taboada, Carballo, Taboada

Taboada, tradicionalmente coñecida como San Tomé do Carballo,[Cómpre referencia] é unha vila da parroquia do Carballo no concello lugués de Taboada, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2014 tiña 796 habitantes (432 mulleres e 364 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 849 habitantes.

Taboada
Carballo de Ramos, Taboada.png
Carballo de Ramos
ParroquiaCarballo
ConcelloTaboada
Poboación796 hab. (2014)
editar datos en Wikidata ]

É a capital municipal.

O actual casco urbano prolóngase tamén polo termo parroquial de San Pedro de Bembibre, sendo que a parte alta da vila, aproximadamente desde o cruzamento da Avenida de Lugo coa Rúa dos Condes de Taboada, pertence a esta última parroquia.

HistoriaEditar

No Antigo Réxime e desde a época de Sancho IV, o que hoxe é a vila de Taboada albergaba unha feira periódica, que se mantén na actualidade, nun campo xunto ao cal había unha picota (nome conservado na casa que na actualidade ocupa o seu lugar), polo que cabe esperar que era aquí onde se administraba xustiza para a xurisdición de Taboada, á cal pertencía -aínda que o soar condal estivese en San Pedro de Bembibre, a un par de quilómetros.

A actual vila de Taboada non naceu como tal, senón que é o resultado da fusión dos lugares de Carballo, Santo Tomé, Pacios, o Alto e Riazón.[1] Deste xeito, a capital municipal foi definida nos censos de 1860 e 1873 como "Carballo", nos posteriores como "Santo Tomé" e, a partir de 1950, como Taboada, en referencia á xurisdición que no Antigo Réxime ocupaba a parte centro-occidental do municipio[1].

A vila está atravesada por unha antiga calzada romana, que unía Braga con Lugo, que seguiu sendo utilizada como camiño real até a actualidade -e que toma varios nomes, como Rúa Real ou Rúa de Riazón. Parte deste trazado, arredor do cal apareceron algunhas aldeas que logo serían integradas na vila, solaparíase coa Avenida de Lugo, construída a mediados do século XIX, e que conforma hoxe en día a principal vía de comunicación.

 
Casas de comezos do século XX na Avenida de Lugo.

Ao longo de toda a primeira metade do século XX experimentou un continuado crecemento social e económico, como delata o feito de que en 1898 os límites da parroquia fosen modificados (a súa fronteira norte pasou do río da Anguieira, que atravesa a actual vila, até preto do San Roque, na parroquia de Bembibre[2]).

En 1920, (segundo figura nunha inscrición no altar maior) construíuse a actual igrexa parroquial, sobre unha antiga capela, estando o seu eixo invertido, tendo a entrada principal na fachada oriental. Tamén desta época (1919) é o mellor exemplo de arte modernista na vila, a casa de Manuel Rigueira (onde se instalaría unha academia décadas despois). Entre 1964 e 1969 construíuse a actual Casa Consistorial.

En 1947 foille concedido o título de "Vila".[3]

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CarballoEditar

Lugares da parroquia de Carballo no concello de Taboada (Lugo)

Carude | A Medela | A Puricela | Relás | Taboada

Parroquias de TaboadaEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Fariña Jamardo, Xosé. Os concellos galegos, Tomo IX. 
  2. Rigueira Ramos, Sócrates (2013). Rimas, lendas e raíces. Hércules de Ediciones. 
  3. Arquivo Municipal de Taboada. Expedientes de Honores e Distincións.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar